28.02.2015. Xornada de orientación

Por usar a expresiva terminoloxía taurina o "permiso da autoridade" tiñámolo. De feito alí estaba en pleno o Equipo Directivo do Instituto, a  xefa do departamento de Orientación, Amparo,  e máis algún colaborador profesor que non pasaba desapercibido (Cheché).

O de "se o tempo o permite".... En fin, o día non axudaba nada. A choiva fina non parou en toda a noite ou mesmo arreciou nos momentos previos ao inicio da xornada. Con británicas maneras,  puntuais e comprometidos foron chegando a morea de ex alumnos e ex alumnas que participaban como colaboradores da xornada.  Con puntualidade máis "spanish style" foron chegando alumnos e familias . Finalmente o noso Salón de Actos enchíase .

Era o momento das presentacións: Director e Vicedirector do Aguiar daban paso aos relatores. Salvador Naya presentou as saídas no ámbito universitario. Victoriano Rodríguez fixo unha encendida defensa da opción da Formación Profesional Superior. 

Logo destes relatorios era o turno dos nosos ex alumnos / as  que se distribuiron polas aulas para atender a cantos lles requerían información sobre os seus estudos

 Pouco a pouco alumnado e familias ía cubrindo as expectativas de información e foron marchando. Algo máis tardaron os ex alumnos que disfrutaron da charleta na cafetería, do biscoito de Guido (digo isto porque amablemente trouxo un biscoito,  non porque esta como un...)  e da compaña dos vellos colegas. 

Na propia xornada e logo, nas redes sociais, suxestión de mellora que se agradecen: formato, estudos representados...

Agora resta agradecer.

Aos asistentes, familias e alumnado,  a súa resposta.

Aos participantes a súa colaboración e apoio : Xosé Manuel, Luisa, Adolfo, Amparo, Cheché, Victoriano, Salvador, Melania... e

Aos xeniais ex alumnos e ex alumnas , o mellor capital de que pode presumir un centro de ensino.

 

Quedan aí como eles se presentan no seu perfil de facebookGuiño