Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

CRÓNICA ( en construcción) DAS ACTIVIDADES DE FIN DE TRIMESTRE

 

O pasado mércores 21 de decembro, nas dúas últimas horas, pechamos o 1º trimestre deste curso cunha serie de actividades.

No Salón de Actos, decorado para a ocasión por Xosé Manuel Rey, tivo lugar un ameno Festival de Nadal. Nel fíxose entrega dos premios ao Concurso de Christmas Cards que cada ano organiza o Departamento de Inglés: como gañadora Sonia Vázquez, e como segundo e terceiro premio, respectivamente, Ainara Rey e Emilly Mel dos Santos.

No apartado musical puidemos disfrutar dunha varia representación a cargo do alumnado.

Escoitamos a música tradicional das cantareiras do Azougue e un dúa de gaitas formado por Paula e Andrea.

 

 

As sorpresas viñeron de alumnos de 2º da ESO. 

Luis e Valentina deleitáronnos cunha escolma ben variada,  interpretada a dúo de saxos.

Pedro desenfundou a seu acordeón para interpretar un repertorio que combinaba música tradicional e  villancicos.

O Coro Fa menor que dirixen M. José Pardo e Óscar García trouxeron sobre o escenario o seu programa de villancicos en inglés e galego e mesmo tiveron que facer un bis a petición do respetable.

Alba Dopico con apuesto acompante masculino  levaron o ritmo do festival coas presentacións; Pablo M. &  Pablo F. aos mandos do son para que todo sonase á perfección. Un bo número de profesores e alumnos participando. E como remate libre da festa algo de música para bailar

 

E paralelamente, no Polideportivo,  exhibición de Jugger e campionato de futbol organizado polos alumnos de 1º BAC

Recoñecendo un gran traballo. Xantar de despedida de Glenn

 

 

O mércores 21 de decembro  tivemos a oportunidade de recoñecer e agradecer o traballo dunha persoa polo instituto e polas persoas que convivimos nel.  

 

Dende hai algún mes xa non traballa connosco o conserxe Glenn Purcell e cumpría recoñecer o traballo de todos estes anos. Así que ningún pretexto mellor que o remate do trimestre para xuntarnos arredor dunha mesa, con compañeiros e coa compañía de Glenn e Melania.

 

Recoñecíamos neste acto a un traballador nato que, o mesmo amaña unha persiana desafiuzada cun recurso "estilo mcgyver", que configura unha folla de cálculo para xestión de notas de clase. 

 

Unha  persoa que se entendía co endiañado programa dos timbres do Instituto ou coa programación das diversas caldeiras da calefacción e acto seguido atopábalo en labouras de fontanería ou carpintería

 

Un tipo que che preparaba un bo café nun serán de avaliacións, coa mesma competencia coa que colocaba orlas das graduaciones con milimétrica precisión ( mesmo sen sobresaltarse cando irrumpía no preciso traballo o tono do seu mobil cun "cañero" heavy metal de AC/DC)

 

O Conserxe que xestiona as contas da lotería primitiva do personal de administración ( eso si, o que no conseguíu nunca é que tocase), é o mesmo atlante (con coleta cana ) ao que máis tarde vías cargar con pupitres e cadeiras con destino aos galpóns das "porquerizas" ("zona noble"· que diría Victoriano).

 

Pois ben, a esta especie de "home orquesta", poderíamos poñelo nun marco...GuiñoSorriso

 

e sobre todo facerlle saber o noso agradecemento e cariño.

Boa andaina, Glenn!

 

Rematamos trimestre 21.XII.2016

Último día lectivo do trimestre.

Con "normalidade" (toda a que sexa posible) clases nas catro primeiras horas e, como remate actividades varias

  • 14 Torneo de xadrez de Nadal ( dise pronto pr¡ero van xa 14 edicións) coa coordinación de Óscar García e Edda G. Beltrán ( comezan o torneo xa dende a 3ª hora)


  • Festival de Nadal para o alumnado de 1º ciclo da ESO: música moderna, tradicional, chistes, algo de maxia, alegría por todos lados. Coa dirección e coordinación especialmente de Elvira Castro e Mª José Pardo

  • Actividades deportivas para os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2ª BAC. Coordinadas e organizadas por un grupo de alumnos de 1º coa axuda de Pepe Valverde e Edda G. Beltrán.

  • Exhibición e partido de Jugger a cargo de varios ex alumnos e alumnos en curso.

¡FESTA!

Chegou aos nosos oídos...Ana Eirea Costoya, xuiza á primeira

Imagen:EDUARDO PEREZ

Jueza a la primera, con solo 24 años

Ana Eirea Costoya es un récord de rapidez y precocidad. Además, fue la tercera mejor nota de España en el examen oral

 

PABLO PORTABALES La Voz de Galicia

Dicen que la media de tiempo para superar la prueba es de seis años. La betanceira Ana Eirea Costoya tardó dos. El primero de los tres exámenes de las oposiciones a juez lo aprobó con 23 años y el último, el mes pasado, con los 24 recién cumplidos. Un récord de rapidez, precocidad y acierto (fue la tercera nota de España en el examen oral). «Sí, la verdad es que pocas personas aprueban a la primera. Se lo debo a mi familia por su apoyo y a la jueza Nuria Fachal, que fue la que me preparó y confió en mí», explica. Habla con voz suave. Es sonriente y de gesto amable. Hasta parece que se sonroja cuando expreso mi admiración por lo que acaba de conseguir. Tras la Navidad le esperan nueve meses de formación en Barcelona, en la Escuela Judicial, con un sueldo como funcionaria en prácticas. Después se convertirá en jueza en prácticas antes de conocer su primer destino. «Me gusta penal. Me llaman la atención los temas de terrorismo, narcotráfico o trata de blancas, pero de eso se encarga la Audiencia Nacional y para llegar ahí hace falta mucho», reflexiona esta exalumna del instituto Francisco Aguiar, de Betanzos, que estudió Derecho en la Universidade da Coruña y que siempre tuvo claro que no quería ser abogada. «Soy de vocación tardía. Estudié bachillerato de ciencias porque entonces me atraía la biología», explica.

 

Claves del éxito

 «Para las oposiciones creo que la clave es no cuestionarse los años que son y las plazas que hay. Hay que pensar que una va ser tuya». En este caso había 100 plazas, 65 de juez y 35 de fiscal, y a la primera prueba se presentaron casi 5.000. «Me lo tomé como un trabajo. Dedicaba al estudio ocho horas diarias. El sábado por la tarde, tras estudiar seis horas por la mañana, me lo daba libre y también el domingo», recuerda. Tiene novio, va al gimnasio, le encanta estar con las amigas, pasear, escuchar música y cocinar postres. Como tantas y tantas chicas de su edad, pero Ana ya es jueza. Una joven encantadora que se declara muy quisquillosa en el tema ruidos. «Necesito silencio para estudiar. Mientras preparaba las oposiciones hubo obras en la fachada de mi casa y tuve que alquilar un piso», confiesa la jueza.

Chegou aos nosos oídos...Xelo Cagiao , Sancho na versión ballet de Don Quixote

  Chegou aos nosos oídos...que o ex do Aguiar Xelo Cagiao Teijo segue a triunfar no mundo da escea. Logo da súa participación en películas como "O Ornitólogo" dirixido por Joao Pedro Rodrigues, o día 18 de decembro presentase facendo de Sancho Panza no elenco do Ballet Norte  que  o Domingo 18, presenta no Teatro Colón de  A Coruña o Ballet "Don Quixote" 

Agroma así o  froito do traballo constante de Xelo e do noso compañeiro Tino Chao co seu grupo de teatro no que puidemos ver actuar a Xelo no Aguiar.

Parabéns! E sorte coa andaina !

 

 

 

 

Chegou aos nosos oídos...Marina Seijas

Chegou aos nosos oídos... a experiencia dunha das nosas ex-alumnas, Marina Seijas . Ela traballou en Berlín co apoio dunha beca Galeuropa da Xunta entre os meses de agosto e novembro. 

Neste enlace a crónica na prensa da súa experiencia .

Chegou aos nosos oídos..."El hilo del Invierno" de Raquel Vázaquez

RAQUEL VÁZQUEZ, El hilo del invierno, Hiperión, Madrid, 2016, 78 páxinas.

[PC VAZ hil]

Chegou aos nosos oídos... unha nova publicación de Raquel Vázquez: "El hilo del invierno". Temos que recoñecer que son moitos os que na nosa Biblioteca fan moito pola promoción da poesía. Entre eles, a nosa eximia exalumna Raquel Vázquez, que pouquiño a pouco, coas publicacións dos seus libros (este último poemario ven de gañar o Premio «Nueva Valencia») vai pedindo unha ampliación do espazo adicado a letra V. 

Parabéns, Raquel, e moitas grazas polas túas constantes mostras de xenerosidade co Aguiar.

 

***

NIDO

 

Porque todos los pájaros se vuelven

cristal sobre tus ojos:

te miro y un arpegio

de luz fluye por esa piel de prisma.

Te miro y cabe un mundo en tu canción.

 

***

CENIZA

 

Adónde van los días que se marchan.

Los días malgastados.

Los días que jamás pensaron en quedarse.

 

Los días a los que prendimos fuego

y las cenizas no

nos dieron tiempo, no

nos dieron más que nada.

 

Adónde van los días,

adónde ese embalaje del recuerdo.

 

Adónde va el presente,

su línea imaginaria hermana de los trópicos,

de una frontera, un sueño.

 

Adónde van, qué horizonte persiguen.

 

Y nosotros con ellos.

También vamos nosotros. Igual de malgastados,

errantes, prescindibles.

 

 

Como cualquier hoguera que ya no vuelve a arder.

Chegou aos nosos oídos....Nuria Beiro, alumna de 1º no Aguiar, gaña o concurso de carteis de Nadal do Concello de Betanzos

Un original y alegre selfie de los Reyes Magos con la torre de Betanzos al fondo realizado por Nuria Beiro Oldán, alumna de primero de ESO del Instituto Francisco Aguiar, ha sido la ganadora del Concurso de Carteles de Navidad organizado por el Ayuntamiento.

En total se presentaron 75 trabajos elaborados por 126 escolares.

 

Los accésit fueron para Valentina Millón Ojeda de segundo de Primaria del Vales Villamarín; Mario Iglesias Gestal de sexto de Primaria de la Grande Obra; y Carmen López, Carmen Jorge y Rocío Pérez del Pai Menni.

 

Todos los carteles se expondrán hasta el 15 de enero en el Liceo. El cartel ganador será la portada de la programación de Navidad del Concello

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/11/23/nuria-beiro-aguiar-gana-concurso/1128005.html

 

Chegou aos nosos oídos....Ana Acción. Xoiaría en exposición

Chegou aos nosos oídos... que a nosa ex alumna Ana Acción participa coas súas creacións de xoiaría na exposición que o alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago presentará o 4 de novembro ás 19,30 na Cidade da Cultura da capital de Galicia. (E que nos, no Aguiar,  xa tivemos a sorte de coñecer o ano pasado na II Xornada de Orientación na que Ana participou amablemente)

Ana expón xunto con outros compañeiros de promoción que de seguro están a formar unha prometedora xeneración de creadores: As xoieras e xoieros que presentan a súa obra final, e que participan por segunda vez neste desfile, son : Alicia Martínez CasalsAna Acción VeigaEmma LichtensteinGrillo AldatzLidia Korai Ombak Laut, Marco Antonio Siles, Sara Pazos, Susana VeigaYinner Cardona YondaValen LaValen e Sonia Fernández. 

 

Chegou aos nosos oídos....Raquel Vázquez "El hilo del Invierno"

Chegou aos nosos oídos...que xa está publicado un novo libro da nosa ex alumna e actual colaboradora na biblioteca, Raquel Vázquez.

Nestes días en que, pode que máis paseniñamente do que sería de agardar, empeza a mudar o tempo e a abandonarnos o verán,  ela presenta "El hilo del invierno". Este novo libro de Raquel, editado pola prestixiosa editorial Hiperión, é o resultado do premio acadado no certame de poesía "Nueva Valencia". 

Unha vez máis parabéns para Raquel.... Desexando poder ler a súa nova proposta poética.

Distribuir contido