Recoñecendo un gran traballo. Xantar de despedida de Glenn

 

 

O mércores 21 de decembro  tivemos a oportunidade de recoñecer e agradecer o traballo dunha persoa polo instituto e polas persoas que convivimos nel.  

 

Dende hai algún mes xa non traballa connosco o conserxe Glenn Purcell e cumpría recoñecer o traballo de todos estes anos. Así que ningún pretexto mellor que o remate do trimestre para xuntarnos arredor dunha mesa, con compañeiros e coa compañía de Glenn e Melania.

 

Recoñecíamos neste acto a un traballador nato que, o mesmo amaña unha persiana desafiuzada cun recurso "estilo mcgyver", que configura unha folla de cálculo para xestión de notas de clase. 

 

Unha  persoa que se entendía co endiañado programa dos timbres do Instituto ou coa programación das diversas caldeiras da calefacción e acto seguido atopábalo en labouras de fontanería ou carpintería

 

Un tipo que che preparaba un bo café nun serán de avaliacións, coa mesma competencia coa que colocaba orlas das graduaciones con milimétrica precisión ( mesmo sen sobresaltarse cando irrumpía no preciso traballo o tono do seu mobil cun "cañero" heavy metal de AC/DC)

 

O Conserxe que xestiona as contas da lotería primitiva do personal de administración ( eso si, o que no conseguíu nunca é que tocase), é o mesmo atlante (con coleta cana ) ao que máis tarde vías cargar con pupitres e cadeiras con destino aos galpóns das "porquerizas" ("zona noble"· que diría Victoriano).

 

Pois ben, a esta especie de "home orquesta", poderíamos poñelo nun marco...GuiñoSorriso

 

e sobre todo facerlle saber o noso agradecemento e cariño.

Boa andaina, Glenn!