Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

Premio extraordinario de Bacharelato para Iago Codesido

O venres 24 de marzo tivemos a honra de seren convidados ao acto no que se entregaban os premios extraordinarios de bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas. O motivo, que un dos nosos alumnos do curso padado acadou tan orezado galardón e recoñecemento ao seu esforzo. Trátase de Iago Codesido.

O acto tivo todas as feituras dun acto institucional: coidada posta en escea, cadeiras reservadas  para galardonados, familiares e centros educativos, mesmo un pequeno concerto de flauta e guitarra sobre unha obra de Astor Piazzola.

E, por suposto, discursos. O primerio dun dos alumnos galardonados, outra dunha directora do IES e como remate do Presidente da Xunta de Galicia.

Como síntese, bastante coincidente de todos eles: chamado ao esforzo, á ambición e humildade no coñecemento, a considreación dos valores como indispensable acompañante dos coñecementos. 

Finalmente consideración para os tres factores clave dos éxitos que se estaban a celebrar:

O profesorado e a comunidade educativa

As familias

O talento e o esforzo dos propios estudantes

Foi unha honra formar parte disto. Parabéns, Iago! 

Chegou aos nosos oídos...Día da Muller no Concello de Betanzos

Chegou aos nosos oídos...a través da Asociación Cultural Francisco Aguiar a interesante programación para esta fin de semana do Concello de Betanzos arredor do Día da Muller.

 

O venres 10, Concerto: "Feminino Plural. Un percorrido polas mulleres creadoras de música e letras"

O sábado 11,  Roteiro: Betanzos en feminino; e tamén: Xuntanza de Labores Artesanais

 

Asemade os vindeiros días 21 e 22 de marzo os grupos de 3º da ESO participaran en obradoiros sobre a exposición "Cartas de Amor"

Chegou aos nosos oídos... ex do Aguiar por Europa coas becas Galeuropa

Chegou aos nosos oídos...a través do periódico Betanzos, unha interesante experiencia de varios ex alumnos do Aguiar que o ano pasado estiveron realizando prácticas de traballo en Europa coas becas da Xunta chamadas Galeuropa.

artigo completo con mellor cualidade neste enlace

 

8 de marzo: o día da muller e un teorema científico demostrado

 

Unha vez máis podemos confirmar a través dos nosos concienzudos estudos un teorema científico  xa indiscutible:

 

Dádeme un punto de apoio e un pau (de piruleta) , e o alumnado do IES Francisco Aguiar moverá o mundo

 

(E desta volta é ben necesario, e urxente,  que o fagamos.

O 8 de marzo nolo reclama)

 

 

A tarde do martes 7 de marzo, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que hoxe, 8 de marzo, é un día adicado a subliñar que todos os días terían que ser o día da muller.

01 Fase preglucémica

 

 

A tarde do martes 7 de marzo, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que hoxe, 8 de marzo, é un día adicado a subliñar que todos os días terían que ser o día da muller.

02 Fase posglucémica

Imaxe: Muxote Potolo Bat (enlace)

 

Premios da Fundación Villuendas para tres dos nosos ex alumnos

Posiblemente pouco coñecida para moitos betanceiros, a imprenta Villuendas ( orixinariamente na rúa Valdoncel e posteriormente tras a Alameda) foi un dos piares do galeguismo dende principios do século XX na nosa bisbarra.

O seu fundador, Manuel Villuendas, formaba parte moi importante das Irmandades da Fala de Betanzos.

Editou en numerosas ocasións as obras dos Xogos Frorais. Estivo dende as orixes na publicación da revista impulsada por Vales Villamarín, que aínda hoxe é un orgullo e un luxo para Betanzos,  o Anuario Brigantino.

Na actualidade, un dos seus sucesores, Julio Villuendas continua o labor de "sementar cultura" con axudas aos mellores expedientes académicos de Betanzos e Bergondo nos centros centros de secundaria . Con este motivo reunímonos con él e coas autoridades municipais dos citados Concellos para facer entrega destes galardóns a un grupo de alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar e de Atocha.

Pola parte que nos toca, tivemos a satisfacción de volver saudar e felicitar polo seu traballo a dous bergondesas de Guísamo ( Alba Rodríguez e Eva Couto) e a un Betanceiro Javier Villaverde.

Parabéns ás familias, aos galardonados e á Fundación Villuendas pola súa iniciativa.

Chegou aos nosos oídos...Verónica Vidal Penedo, outro Premio Extraordinario de Fin de Carreira

Chegou aos nosos oídos...e non dabamos creto diante da acumulación, nas últimas semanans,  de boas noticias sobre ex alumnos e ex alumnas do Aguiar. 

Desta volta tratábase de Verónica Vidal Penedo, outra ex do Aguiar que nesta ocasión acada o Premio Extraordinario de Fin de Carreira da Comunidade Autónoma que concede a Xunta de Galicia e que recibíu, elegantísima,  na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 

PARABÉNS VERÓNICA!

O Aguiar marca un triple académico. Os nosos "ex" na Opinión

 

Betanzos marca un triple académico

Tres ex_alumnos del instituto Francisco Aguiar finalizan sus estudios universitarios con premio extraordinario - Este centro acumula distinciones por la trayectoria de su alumnado

antares pérez betanzos 15.02.2017 | 02:29

 

Manuel Fraga y David Vázquez.
   El instituto Francisco Aguiar puede presumir de cantera. Raro es el año en que este centro educativo de Betanzos no se cuelga una medalla al mérito académico por la trayectoria de sus alumnos. Y este año ha marcado un triple. Tres jóvenes que cursaron Bachillerato en sus aulas han logrado el premio extraordinario de fin de carrera. Son Manuel Fraga Seoane, que ha logrado el reconocimiento por su expediente en Arquitectura Naval; David Vázquez Rodríguez, en Ingeniería en Tecnologías Industriales y Raquel Veiga Seijo, en Podología.

 

   El premio parece funcionar como todo un amuleto contra el desaliento. Los galardonados afrontan su futuro laboral con optimismo, sin dejarse llevar por la desazón que destilan las estadísticas de empleo. "Estoy convencido de que con esfuerzo acabas consiguiendo trabajo en lo tuyo. Lo que tengo claro es que no voy a estresarme, ahora estoy centrado en completar mi formación ", sostiene Manuel. Este joven estudia ahora un máster en ingeniería superior y relata que le gustaría dedicarse al sector de las embarcaciones de recreo. Será el primero de su familia en dedicarse al naval y afirma que decantó por esta opción porque siempre se ha sentido atraído por los deportes náuticos y porque cree que es una opción con futuro laboral en Galicia.

 

   Comparte centro de estudios superiores con David Vázquez. Ambos estudian en la Escuela Politécnica Superior de Ferrol, son amigos desde niños y han logrado sobresalir en sus respectivas carreras. David ha obtenido el premio extraordinario en Ingeniería y Tecnologías Industriales. Relata que se decantó por esta rama porque le atrae "el mundo de las energías" y porque ofrece buenas salidas laborales. Ahora trabaja con una beca de mantenimiento en la central térmica de As Pontes y compagina su trabajo con el estudio de un máster en Ingeniería Industrial y un postgrado. Se muestra satisfecho y optimista con sus primeros pasos en el mundo laboral como becario en la central de Endesa. "Me tratan genial y me han encomendado un trabajo muy interesante", celebra. Entre las clases y el trabajo, logra reservar tiempo para familia y amigos. "Para mí los fines de semana son sagrados", cuenta risueño este joven betanceiro que no descarta ampliar su formación en el extranjero.

 

Raquel Veiga tiene también la agenda llena de obligaciones. Premio extraordinario de Podología, esta bergondesa compagina los estudios de un máster en asistencia e investigación sanitaria con una beca de colaboración en la unidad de investigación del Chuac. Al igual que sus compañeros de promoción del IES Francisco Aguiar, afronta con optimismo su ingreso en el mundo laboral y espera poder compaginar la labor clínica con la investigación, aunque lamenta que Podología no esté incluida en la Seguridad Social. Es "algo más que quitar callos", bromea esta joven, que agradece especialmente el apoyo de su familia. "No podría haber conseguido esto sin ellos", destaca.

 

 

   Los tres premios extraordinarios inciden en el papel que ha jugado el Francisco Aguiar en su formación y agradecían el apoyo del profesorado, que ayer no perdió la ocasión de felicitar a sus exalumnos y expresar su "orgullo" por las distinciones.

 

 

 

Chegou aos nosos oidos... Manuel e David Premios extraordinarios de fin de carreira

Chegou aos nosos oídos... que dous alumnos da promoción de 2012 no IES Francisco Aguiar, Manuel Fraga Seoane  e David Vázquez Rodríguez, acaban de ser distinguidos co Premio Extraordinario de fin de Grao nos seus estudos de Enxeñaría. 

Ambos estudaron no chamado Campus Industrial que a Universidade de A Coruña ten en Ferrol. Manuel acaba de graduarse en Arquitectura Naval e David en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

Como sempre, é unha satisfacción ver aos nosos "ex" facendo render o seu traballo con tanta brillantez e cumplindo tan ben cos seus proxectos personais.

 

PARABENS e SORTE PARA O SUCESIVO! 

Chegou aos nosos oídos...VIII edición dos Encontros de Teatro Afeccionado en Betanzos

Chegou aos nosos oídos.... que un ano máis, e van xa pola oitava edición, varios ex alumnos e ex profesores do Aguiar volverán a alegrarnos as tardes dos sábados do mes de febreiro. Trátase da anual cita co teatro afeccionado que organiza a Agrupación Teatral Mariñán.

No elenco e "dando a cara": Juan, Inés, Sara e José Luis. Nancy na parte técnica. Deseñando carteis e facendo traballos tan atinados como o deste ano, Silvia.

 A todos eles,dende o Aguiar,  grazas polo traballo e ilusión!

Velaí o programa do VIII ENCONTRO (2017) que comeza este sábado día 4 de febreiro ás 20.00 h.

 

 

- Sábado 4 ás 20.00 h. Medievándalos (Santiago de Compostela) con Cervanterías.

 

- Sábado 11 ás 20.00 h.: Grupo de Teatro Intercazia (Benavente, Zamora) con La puta enamorada.

 

- Sábado 18 ás 20.00 h. Grupo de Teatro Badius (Baio) con Frankenstein.

 

- Sábado25 ás 20.00 h.  Ajidanha (Idanha a Nova, Portugal) con À deriva.

 

 

Domingo 26 ás 19.00 :  Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) con O de menos é o nome.

 

MOITA MERDA!

Chegou aos nosos oídos....Fabiola na Snow Cross Leitariegos

Chegou aos nosos oídos ....o máis que meritorio terceiro posto da modalidade de veterános  e oitavo na cualificación absoluta acadado pola nosa conserxe Fabiola Pérez Mosquera na Snow Cross Leitariegos disputada o pasado 21 de xaneiro de 2016 ás 17:30 na Estación de esquí Valle de Laciana – Leitariegos. Investíu no esixente percorrido un total de 1 hora 36 mnts. 59 sgds.

A carreira discurríu polas pistas de esquí da estación nun percorrido de 5 kilómetros e 500 metros de desnivel positivo ao que os corredores tiveron que dar 2 voltas para completar os 10 km e case 1.000 metros positivos da proba. Á dificultade do desnivel houbo que engadir a existencia placas de hielo en ciertos tramos (polo que se recomendaba o uso de crampones específicos para correr por neve) e que la carreira, iniciada ao comezar á tardiña, houbo de facerse en condicións de moi baixas temperaturas.

Distribuir contido