Blog da Biblioteca "Alto Risco"

Blog da Biblioteca do IES Francisco AGuiar

CONCURSO DE ESOPÍAS 2022

08/04/2022 15:21
Europe/Andorra

 

 
   A importante participación e a alta calidade dos traballos presentados ao concurso de esopías deste ano, fixeron que a decisión  fose difícil. Despois dun longo proceso de deliberación, o xurado integrado por varios membros do equipo da Biblioteca, decidiu  as tres persoas gañadoras:
  • Na categoría de Bacharelato, Aroa Blanco Suárez (B2C)
  • Na categoría de 3º e 4º de ESO, Matilda Silva Suárez (E3A)
  • Na categoría de 1º e 2º de ESO,  Juana Barreiro Sánchez (E1A)
Nos próximos días publicaremos unha recopilación dos traballos entregados, na que se poderá ver que no Centro hai un número importante de artistas.
 
AGRADECEMENTOS A TODOS OS PARTICIPANTES E MOITOS PARABÉNS PARA AS GAÑADORAS !

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS (E XA VIBRA NAS NOSAS MANS...) XESÚS FRAGA, TRADUTOR

07/10/2020 18:02
Europe/Andorra

O escritor, periodista e tradutor Xesús Fraga ven de publicar a versión ao galego dun fito da narrativa universal do século XX: On the road, de Jack Kerouac. 
Afortunadamente, xa podemos contar con esta «biblia da xeración beat» nos estantes da nosa biblioteca. 
 
Conecín a Dean pouco despois de separármonos a miña muller e mais eu. Viña de superar unha doenza grave da que agora non me peta falar, agás que estaba relacionada con aquela triste e tan fatigosa separación e a miña impresión de que todo estaba morto. 
 
I first met Dean not long after my wife and I split up. I had just gotten over a serious illness that I won’t bother to talk about, except that it had something to do with the miserably weary split-up and my feeling that everything was dead.
 
 

 

Fai varios días Xesús Fraga respondía ás preguntas de La Voz de Galicia sobre a súa versión de On the road e falaba dos seus proxectos, ente os que conta o seu desexo de poder presentar Virtudes (e misterios), libro do que vai a saír próximamente a súa segunda edición.

V Concurso de Esopías. A MAXIA DO NÚMERO π

 

 
FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π 

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convoca o V Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar. 

 

BASES


Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.

  1. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  2. A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
  3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
  4. Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo. Terán unha valoración especial aquelas esopías que se axusten á temática da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía: A muller científica.
  5. Os premios poderán ser declarados desertos.
  6. O prazo de entrega remata o 27 de abril de 2018.
  7. As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
  8. O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
 
A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
 
A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres.
 
Hai en total 24 palabras.
 
As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco.
 
Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.

8 de marzo: o día da muller e un teorema científico demostrado

 

Unha vez máis podemos confirmar a través dos nosos concienzudos estudos un teorema científico  xa indiscutible:

 

Dádeme un punto de apoio e un pau (de piruleta) , e o alumnado do IES Francisco Aguiar moverá o mundo

 

(E desta volta é ben necesario, e urxente,  que o fagamos.

O 8 de marzo nolo reclama)

 

 

A tarde do martes 7 de marzo, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que hoxe, 8 de marzo, é un día adicado a subliñar que todos os días terían que ser o día da muller.

01 Fase preglucémica

 

 

A tarde do martes 7 de marzo, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que hoxe, 8 de marzo, é un día adicado a subliñar que todos os días terían que ser o día da muller.

02 Fase posglucémica

Imaxe: Muxote Potolo Bat (enlace)

 

Mensaxe de Nadal dende a Biblioteca "Sebastián Buedo" e o IES Francisco Aguiar

Chegan dabondo os motivos polos que moita xente atópase moi lonxe da felicidade.

 

Aínda sabendo que a tristeza, a inxusticia e a infelicidade existen (alí, e, tamén aquí),

non podemos deixar de expresar, en nome da comunidade educativa do IES Francisco Aguiar,

os nosos mellores desexos para todos os homes e mulleres de boa vontade...

 

 

E que esa vontade colectiva de compartir esta ledicia non remate coa tregua do Nadal!

Club de lectura presencial. 2º BAC. Crónica de Sara Parga con felicitación engadida

 

Ayer, ante nuestra insistente demanda, repetimos, de manera improvisada, la experiencia de la anterior semana: el club de lectura presencial de segundo de bachillerato.
Esta vez, comenzamos leyendo un Villancico de Manuel Vicent (de carácter realista determinista) en el cual se presenta la cruda verdad que a veces ignoramos en estas fechas tan señaladas del año; continuamos leyendo sencillos, a la par que complejos, aforismos de gran diversidad de autores. Por último finalizamos el encuentro con fragmento de la obra de Haruki Murakami, Tokio Blues. (la próxima lectura del club de lectura de adultos).
Asimismo, despedimos el año lector con la presencia de nuestro profesor Francisco Rodríguez, que hace todo esto posible además de ofrecer los contenidos mediante palabrasmaldichas.blogspot.com, su blog personal.
Está claro que la experiencia resulta un exito entre todos nosotros. Sin duda 2016 no dejará a nadie indiferente. Por eso, los lectores de segundo de bachillerato, en nombre de la comunidad del IES Francisco Aguiar, os deseamos una muy feliz Navidad.

Sara Parga Pérez

17 de xuño. Aniversario na Biblioteca

Desde o 17 de xuño de 2014, a Biblioteca do IES Francisco Aguiar é a BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ

Reproducimos de novo as palabras ditas naquela mañá:

Todos os profesores entramos día tras día no aula coa pretensión de ensinar.
A algúns lles resulta fácil chegar aos alumnos e deixar ben explicados o bienio reformista, o atributo, a reacción catódica, ou o coseno e a tanxente.

Sebastián era un deses afortunados. Pero os seus alumnos, para referirse a el non falan de declinacións e ablativos absolutos. Todos coinciden en sinalar que Sebastián ensinoulles a ser.

Acerta a Comunidade Escolar ao dignificar a Biblioteca co nome de Sebastián Buedo Jiménez.
Unha Biblioteca non é só un depósito de libros máis ou menos irrelevantes. Tamén é un lugar de encontro e un espazo no que se cultiva a superación e o esforzo.


Desde hoxe é tamén un pequeno templo na súa memoria que nos recorda co exemplo vital de Sebastián unha das nosas obrigas: levantarnos cada día co afán de ser mellores para conseguir que o noso mundo sexa mellor.

Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez", ¿seica non é para presumir?

Cando, ao inicio do curso, tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de Adultos,  varias nais das que alí participan expresaron con sinceridade unha opinión: A primeira vez que entraron na biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez"  do Instituto deulles sensación de desamparo, de baleiro. "Faltaba vida, faltaba cor, resultaba fría e desanxelada" era o que, máis o menos, viñan a dicir.

Os profes que alí estabamos tratamos de "parapetarnos" en razóns históricas que xustificaban tal situación -malia que, no fondo, compartiamos boa parte das sensacións. Pero tamén amosamos a esperanza de que a recén acadada axuda do Plan de Mellora das Bibliotecas (PLAMBE) axudase a cambiar as cousas.

Pois ben, comezando o segundo trimestre do curso xa empezan a verse os resultados.  A primeira fase do plan de remodelación do mobiliario é todo un feito: Novos  andeis para dar acubillo a todos os libros do fondo e nova distribución dos mesmos. Creación dun espazo para lectura pracenteira  que xa está a ser utilizado e valorado polos usuarios. E moitos proxectos máis que iremos contando. O certo é que agora xa podemos empezar a presumir de "biblio' chula" .

 

Pero... non é diso do que a comunidade escolar do Aguiar quere presumir.

 

Presumimos de Equipo de Biblioteca (Francisco, Óscar, Elvira, Carme, José Manuel, Mª José, Lucía...) comprometido e activo. Coa imaxinación sempre en marcha e as mans listas para traballar no que sexa.

Presumimos do alumnado numeroso e creativo que se encargou no pintatiza de Nadal  -coa inestimable e incombustible dinamización de José Manuel Rey Bao- de elaborar o estupendo mural de "Rosalía Pop" que ambienta o rincón de lectura.

Presumimos de personal non docente, especialmente Glenn, que colabora ata a extenuación aportando tamén ideas para a organización de espazos que nin se nos pasaran pola cabeza.

Presumimos de profesorado que cada vez saca máis partido á biblioteca, aos seus fondos e ás súas instalacións.

Presumimos de reunir periódicamente a máis de 200 rapaces nos Clubs de Lectura.

Presumimos dun Club de Lectura para nais, pais, profesoras e profesores.

Presumimos, en definitiva, de ir facendo unha biblioteca entre todos e para todos

 

Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez", ¿ seica non é para  presumir?

 

 

Bo Nadal e Feliz Aninovo

 
 
 
Aínda que a nosa mascota dixital multitarea non sexa capaz de facelo, Oitopeíños comprende que en días como estes  cambiedes o libro polo culler e o garfo. 
   En calquera caso, compartimos a súa vontade de desexarvos en nome da Comunidade Educativa do IES Francisco Aguiar, 
 

Continua a súa andaina (tamén literaria) a escola de xadrez

      Como cada tarde dos xoves, onte, 16 de outubro, reuníronse no Instituto os rapaces e rapazas que, dirixidos por Óscar García Ramos, aprenden a mellorar as estratexias do xadrez, unha das iniciativas educativas de maior soleira e das que nos sentimos máis orgullosos no Aguiar.
 
    Pero como neste Insti' as fronteiras entre as disciplinas (ás veces) son bastante borrosas  atopamos no blog da biblioteca (Alto Risco) unha proposta de lectura ao fío distas clases de xadrez serodias e xupiterinas.
 
Había una manera é un magnífico conto de Juan Bonilla, quen, partindo dos efectos secundarios derivados dun torneo simultáneo de xadrez, imparte unha lección sobre ética: porque na vida cotiá deberíamos evitar movementos de xaque mate.  
 
   Le dijo claramente: Mal hecho, chico, había una manera.Lo sé porque yo estaba en la mesa de al lado. Se nos había dejado claro que por pronto que perdiéramos no nos moviéramos de nuestro sitio hasta que se diese por terminada la simultánea, era una exigencia de Bobby Fischer, no soportaba que los jugadores a los que derrotaba se pusieran en pie y fueran siguiéndole para examinar sus movimientos en los demás tableros.   De los cincuenta jugadores a los que se enfrentó, una treintena éramos amateurs con algún trofeo en casa (un casino,una Casa del Pueblo, el campeonato del instituto), quince semiprofesionales y cinco profesionales. En media hora sólo quedaban siete jugadores. Fischer iba de un tablero a otro como si estuviese a punto de perder el avión a alguna parte o supiese que si no acababa en menos de una hora con los cincuenta jugadores, el planeta sería invadido por alienígenas carnívoros. Echaba un vistazo rápido a la situación, movía una pieza, paraba el reloj y al tablero siguiente. A los cincuenta minutos de iniciada la simultánea ya sólo quedaban dos jugadores, uno de los profesionales, que se resistía a dar por perdida una partida que estaba más que perdida y sólo podía alargar sacrificando cada una de sus piezas(supongo que quería ser el último en caer, aunque la derrota fuera tan humillante, él sólo con su rey y Fischer con más dela mitad de sus piezas) y el chaval que estaba a mi derecha. [...]
 

 

Distribuir contido