Blog da Biblioteca "Alto Risco"

Blog da Biblioteca do IES Francisco AGuiar

PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O verán difícilmente podería comezar mellor . Sorprendido

¡E non! Non nos estamos a referir ao aspecto meteorolóxico, por suposto. Chora

Resulta que con data 3 de xullo do presente o proxecto presentado polo Equipo da Biblioteca do IES Francisco Aguiar aparece na relación provisional de centros aos que se lles concede a incorporación ao PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014-2015.

 

 

PICAR NA IMAXE  PARA OLLAR CON MAIOR RESOLUCIÓN

Os que seguistes a páxina web este curso sabedes que esta concesión non cae por casualidade.

É o resultado dun traballo de varios anos, de moitas persoas e, nomeadamente,  do mágnífico impulso que o pasado curso se deu á nosa biblioteca : cambio de localización e modernización do equipamento, saída ás redes sociais (facebook, e blogue "alto risco") , clubes de lectura de alumnos e de adultos, Tempo de Ler con suxestións semanais de lectura, certames e concursos....

 

 

ALTO RISCO descansa.... no verán, ler ou non é cousa de cada quen

Despois de 32 semanas adicadas a propoñer e a suxerir, ALTO RISCO descansa.
 
Agora, a cada lector tócalle elixir ler ou non ler.
Neste tempo de lecer podedes revisar algún dos 64 PDF's que foron publicados neste curso que hoxe remata. 
 
Acompaña a fermosa pintura de Henri Lebasque un fragmento da novela Nadie conoce a Nadie, onde Juan Bonilla fai un convincente eloxio do carácter sanador da literatura, á que calquera pode chegar por moitos camiños. Un deles: a lectura.
 **********

   ¿Para qué diablos sirve la literatura? Me había planteado esa cuestión infinidad de veces, pero nunca había perdido el tiempo intentando una declaración convincente y firme. Lo único que sabía es que cuando murió mi padre recordé unos versos de Thomas Stearn Eliot que si bien no paliaron mi dolor sí al menos me lo llegaban a explicar, cuando alguien a quien amaba se retiró para siempre de mi vida, me socorrieron dos renglones de Juan José Arreola («La mujer que amé se ha convertido en fantasma: ya sólo soy el lugar de sus apariciones»), cuando me cruzo con una de esas princesas por cuyos cuerpos vendería mi alma al demonio, repito una exclamación de Rafael Cansinos Assens («Dios mío, no permitas que haya tanta belleza en este mundo»), cuando la noche pesa sobre mí como el cadáver de una esperanza acribillada, unos versos de Federico García Lorca acuden a mi mente para colorearme el insomnio como el más eficaz de los ansiolíticos («pero la noche es interminable cuando se apoya en los enfermos, y hay barcos que sólo buscan ser mirados para poder hundirse tranquilos»). ¿Es poco? Sin duda. Juegos para aplazar la muerte, juegos que ayudan a no perder el tiempo sino a sustituirlo, suprimirlo, abolirlo. Guiños inocuos que, aunque no me facilitan el camino, lo hacen más llevadero, lo amplían.

   La literatura me sirve en fin para que la vida me concierna menos de lo que yo hubiera sido capaz de soportar.

 

JUAN BONILLA, Nadie conoce a nadie, Ediciones B, Barcelona, 1996, pp. 26-27.

UNHA BIBLIOTECA "NADA_COMÚN" DEBÍA TER NOME PROPIO

     Para os que convivimos cada día no IES Francisco Aguiar non hai ningunha dúbida...a nosa biblioteca non é "nada_común".

      Insistente, cada semana aliméntanos coas súas propostas de lectura a través do blog e o facebook. Convoca entusiastas lectores xuvenís e adultos nos seus clubes . Polo San Valentín namóranos e invítanos a namorarnos sen importarlle exercer de estafeta postal. Xunto aos libros clásicos, móvense nela con normalidade películas, cómics e albumes ilustrados.... Treme polo Samaín. Fai soar campaniñas polo Nadal. Lánzase cada maio, cámara en ristre, ás rúas de Betanzos no safari fotopoético. Énchese de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato aló pola segunda metade de maio... Vella pero nova. Naceu co vello Instituto Laboral, no lonxano 1952, pero día a día amósanos unha saude e vitalidade envidiable.

    Pero a partir das 13.30 hs. do martes 17 de xuño deste 2014 non soamente será unha biblioteca “nada_común”. Contará, tamén, cun nome propio: “Sebastián Buedo Jiménez”.

     Foi Sebas un grande amante dos libros, de todos os libros. Amante da súa profesión e do noso Instituto betanceiro. Queremos, por iso, honrar a súa memoria facendo propio para a nosa Biblioteca o seu nome propio. Unha biblioteca que nos servirá para lembrar a palabra culta, cálida e comprensiva de Sebas sempre disposta a buscar solucións de consenso. Un espazo colectivo, de convivencia e tolerancia. Unha grande fiestra aberta ao mundo, a todos os mundos posibles e im-posibles. Por iso o nome propio lle acae tan oportuno, porque ninguén foi, no Instituto, mellor abandeirado que Sebas dista apertura ao mundo a través das inumerables viaxes e intercambios que organizou: Cracovia, Stuttgart, Londres, Budapest, Sicilia, Atenas, Creta...

A “nada_común” biblioteca do IES Francisco Aguiar ten , dende agora, a honra de levar o nome de “Sebastián Buedo Jiménez”.

Distribuir contido