17 de xuño. Aniversario na Biblioteca

Desde o 17 de xuño de 2014, a Biblioteca do IES Francisco Aguiar é a BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ

Reproducimos de novo as palabras ditas naquela mañá:

Todos os profesores entramos día tras día no aula coa pretensión de ensinar.
A algúns lles resulta fácil chegar aos alumnos e deixar ben explicados o bienio reformista, o atributo, a reacción catódica, ou o coseno e a tanxente.

Sebastián era un deses afortunados. Pero os seus alumnos, para referirse a el non falan de declinacións e ablativos absolutos. Todos coinciden en sinalar que Sebastián ensinoulles a ser.

Acerta a Comunidade Escolar ao dignificar a Biblioteca co nome de Sebastián Buedo Jiménez.
Unha Biblioteca non é só un depósito de libros máis ou menos irrelevantes. Tamén é un lugar de encontro e un espazo no que se cultiva a superación e o esforzo.


Desde hoxe é tamén un pequeno templo na súa memoria que nos recorda co exemplo vital de Sebastián unha das nosas obrigas: levantarnos cada día co afán de ser mellores para conseguir que o noso mundo sexa mellor.