Premios da Fundación Villuendas para tres dos nosos ex alumnos

Posiblemente pouco coñecida para moitos betanceiros, a imprenta Villuendas ( orixinariamente na rúa Valdoncel e posteriormente tras a Alameda) foi un dos piares do galeguismo dende principios do século XX na nosa bisbarra.

O seu fundador, Manuel Villuendas, formaba parte moi importante das Irmandades da Fala de Betanzos.

Editou en numerosas ocasións as obras dos Xogos Frorais. Estivo dende as orixes na publicación da revista impulsada por Vales Villamarín, que aínda hoxe é un orgullo e un luxo para Betanzos,  o Anuario Brigantino.

Na actualidade, un dos seus sucesores, Julio Villuendas continua o labor de "sementar cultura" con axudas aos mellores expedientes académicos de Betanzos e Bergondo nos centros centros de secundaria . Con este motivo reunímonos con él e coas autoridades municipais dos citados Concellos para facer entrega destes galardóns a un grupo de alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar e de Atocha.

Pola parte que nos toca, tivemos a satisfacción de volver saudar e felicitar polo seu traballo a dous bergondesas de Guísamo ( Alba Rodríguez e Eva Couto) e a un Betanceiro Javier Villaverde.

Parabéns ás familias, aos galardonados e á Fundación Villuendas pola súa iniciativa.