Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Famillias da aula verde
Estimadas familias
Agardamos que todos esteades o mellor posible dadas as circunstancias.
Se hai alguén do grupo da aula ao que aínda non chamaran para facer a PCR oportuna, por favor, fadédenolo saber para dar parte da incidencia.
Por outra banda lembrade que ninguén se pode reincorporar ao centro ata que as autoridades sanitarias lle indiquen que o poden facer.
Grazas
Positivo CoVID na aula verde
Estimadas familias
O alumnado da aula verde debe permanecer confinado durante dez días por aparición dun positivo no grupo.
As autoridades sanitarias poñeranse en contacto con vostedes para dar as indicacións oportunas.
Grazas
Pago comedor
Estimadas familias
Xa tedes á vosa disposición os impresos de pago ABALAR
Mensaxe de Nadal de parte da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe San Marcos
XORNADA DO DÍA 22
Estimadas familias.
Informamos de que , este ano , na xornada do día de mañá, 22 de Decembro, manterase o horario habitual de entrada e saída, co que o alumnado sairá, coma sempre, ás 16.30 horas.