Act. extraescolares

ENTROIDO 2016

E chegou o Entroido!!!

Este curso todos nos disfrazamos seguindo a temática do proxecto que temos para este curso , RAÍCES CELTAS.

Os nenos e nenas de Infantil representaban varias comunidades celtas de distintas parroquias.

Os de primeiro ían disfrazados de lumes fatuos. 

Os de segundo eran os castrexos de Baroña e de Santa Tegra, que viñeron visitar aos abegondeses.

 

 

 

Os de terceiro e cuarto representaban os clans

escoceses e irlandeses. Viñan coa cara pintada 

e ata representaron unha batalla!!!

 

 

 

 

 

 

   

Os de quinto vestíronse de druidas, bruxos , meigas.. e demáis persoeiros encargados de sanar e axudar aos habitantes dos castros.

E os de sexto representaron aos deuses e deusas da natureza que tanto coidaban e veneraban os nosos antergos

Non deixedes de visitar a Galería para ver a chea de fotos que temos!!!!

VISITA A PRESEDO

O pasado xoves día 4 fomos a Presedo a

visitar o mesón Museo Xente no Camiño.

Alfredo Erias foi un gran anfitrión e adicounos

toda a mañá. 

Contounos como os galegos fomos sempre

xente de mundo, que fixemos grandes cousas,

e que temos que seguir a facelas para non

defraudar aos nosos antergos.

Grazas Alfredo

 

Día da PAZ 2016

O 29 de Xaneiro celebramos o día da paz. 

Este ano o noso lema era "amiguiños todos" , así que fixemos bonecos de papel representando a poboadores de todos os rincóns do planeta. 

Agora están pegados no noso mural e polos corredores , portas e ventás,  todos xuntos, dándose a man os uns aos outros. Sen importar a cor, o país, a relixión... AMIGUIÑOS TODOS. 

Tamén fixemos unhas árbores decoradas con flores de cores e pombas brancas coas que quixemos transmitir e expresar os nosos desexos de paz para o mundo.

 

 

 

 

NADAL 2015

E chegado o 18 de Decembro toca celebrar o Nadal

Este ano contamos cunha colaboración moi , pero que moi especial, nada máis e nada menos que Rosa Cedrón que acompañou a Educación Infantil cantando unha fermosa panxolina. Grazas de novo

Os demais tamén aportamos o noso graíño de area. Houbo panxoliñas, houbo bailes, houbo teatro mudo e teatro convencional... Foi moi divertido á vez que entrañable.

E como non podía ser doutro xeito tamén contamos coa visita do carteiro real que coa súa infinita paciencia escoitou os desexos dos nosos pequenos e pequenas.

 

 

 

Samaín // Halloween 2015

Cada ano temos máis nivel na decoración de cabazas. Menos mal que non facemos concurso, sería imposible decidir  cal podería ser a gañadora !! No San Marcos gañamos todos, non hai outra..

Este ano, de novo, Samaín e Halloween no colexio. Que medo!!!

Xa sabedes que, como sempre, tedes máis fotos na Galería

 

MAGOSTO . Setembro 2015

Aló polo mes de Setembro , como todos os anos, e por xentileza do Sr. Claudino, que nunca se esquece de nós, fomos ao Souto a coller castañas.

Foi unha mañá moi agradable. Quentaba o soliño e non vos facedes unha idea da cantidade de castañas que alí había, e qué boas eran!!!

Tamén tivemos unha xornada especial para comelas, por suposto, polo que debemos dar as grazas ao noso querido Luis que sempre ten tan boa man no asado  e pola tardiña, xogos especiais, para facer a homenaxe completa a este froito que tanto nos gusta

Powered by Drupal - Design by artinet