Día da Paz

29/01/2021 11:29
Atlantic/Bermuda

Agardamos que vos guste a nosa LATUCADA pola paz. Gustounos moito facela!!!

 

    

 

Festival de Nadal 2020-2021

22/12/2020 17:12
Atlantic/Bermuda

Lista provisional de beneficiaros de marcarillas

Estimadas familias

Na porta do centro están expostas as listas provisionais dos beneficiarios de mascarillas. Poderedes consultalas ata o xoves de 9.00 a 9.30 horas ou chamar ao centro de 9.00 a 14.00 horas e preguntar a Blanca.

Entregaranse aos alumnos e alumnas beneficiarios en canto a consellería o indique.

 

Plan de ensino virtual

Estimadas familias

Achegamos o plan de ensino virtual a seguir segundo as últimas instrucións publicadas, de chegar un posible confinamento, total ou parcial

AXUDAS MÁSCARAS

 

AXUDAS MÁSCARAS

Todos os alumnos que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros Para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32478

No documento adxunto atoparán os anexos.

Powered by Drupal - Design by artinet