CAMBIO DE HORARIO

Estimadas familias

Lembrade que mañá comeza o mes de outubro e cambia o horario.

Se van comer á casa saen

ás 12.30 horas os de infantil e volven ás 14.30

ás 13.15 horas os de primaria e volven ás 15.00

Pola tarde os que non marchan en bus saen escalonadamente. 

16.15 horas infantil

16.20 horas 3º e 4º

16.25 horas 5º e 6º

16.30 horas 1º e 2º

Por favor, pregamos a colaboración de todos vostedes respectando os horarios.

Grazas

INFORMACIÓN SANITARIA

Estimadas familias

Informamos da aparición dun caso COVID no noso centro educativo.

As autoridades sanitarias indicaron o proceso a seguir e xa están tomadas todas as medidas de contención indicadas seguindo as instrucións recibidas.

Informaremos de calquera novidade.

Un saúdo.

PROTOCOLO ACTUACIÓN COVID 19

Achegamos protocolo coas modificacións xeradas pola última actuacialización publicada onte, día 23 no portal de educación.

FAMILIAS DE SEXTO DE PRIMARIA DO CURSO 2019-20. Viaxe fin de curso

Estimadas familias.

Precisamos que un membro de todas aquelas familias que fixestes no seu momento un ingreso para a viaxe de fin de curso previsto para o pasado mes de xuño pasedes polo centro mañá MÉRCORES 23 de 16.00 ÁS 17.00 HORAS.

Se por algunha razón non podedes vir, podedes mandar a alquén coa autorización pertinente (nome, dni, sinatura) ou chamade ao centro pola mañá para buscar unha solución.

Permanece atentos á páxina web por se houbese algún cambio.

Moitas grazas

USO DE MÁSCARA

Estimadas familias

Aínda que o alumnado de Educación Infantil non ten obrigatoriedade de poñer a máscara na clase sí deben levala se fan uso do bus.

Por iso pregamos que lles faciliten máscara a todos os nenos e nenas transportados.

Grazas.

HORARIO DE SETEMBRO.

Ante as moitas chamadas recibidas con relación ao horario do centro durante este mes lembramos que este non sufríu variación con respecto ao curso pasado.

Os que quedan a comer saen a partires das 15.15 horas  (saída escalonada de cinco en cinco minutos por grupos:infantil, 3º e 4º, 5º e 6º, 1º e 2º

Os que van comer á casa saen durante todo este mes ás 14.15 horas

Os luns saen ás 16.15 horas (escalonados) e os que van comer á casa ás 14.15 horas

Powered by Drupal - Design by artinet