Libros de texto

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

No DOG do día 19 de mayo de 2020 publícase a a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B). Facendo clic sobre o subliñado pódese ler a orde completa.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros ou Chave 365. Opcionalmente pode presentarse na Secretaría do Centro no horario de 10 a 13 horas e coa documentación relacionada máis adiante

A quen vai dirixida cada axuda?

FONDO SOLIDARIO: Alumnado de 3º e 4º Nivel de E. Primaria

AXUDAS LIBROS: Al umnado de 1º e 2º Nivel de E. Primaria e de E. Especial

MATERIAL ESCOLAR: Alumnado de todos os niveis de E. Primaria.

Contía das axudas en función da renda per capita familiar:

Menos de 6.000 €: 6 libros de texto (3º e 4º), 210 € (1º e 2º)  e 50 € en material

Entre 6.000 e 10.000 €: 4 libros de texto (3º e 4º), 140 € (1º e 2º)

Alumnado con discapacidade do 65% ou tutelado pola Xunta de Galicia: 6 libros (3º e 4º), 140 € (1º e 2º), 275 € (E.E.) e 50 € en material.

Documentación a presentar:

Copia do libro de familia que acredite os membros da unidade familiar. Excepcionalmente volante de empadroamento.

No caso de separación, copia da sentencia ou convenio regulador

Certificado de discapacidade, no seu caso

Presentación de solicitudes:

Por medios electrónicos (Fondolibros ou chave 365), unha instancia por cada alumno.

No caso de ser presencial na secretaria do centro soamente unha solicitude para todos os fillos matriculados.

Lémbrase que, dadas as circunstancias, deben todos o impresos cubertos e asinados, xunto a documentación necesaria

O prazo de solicitudes remata o día 19 de xuño (incluído).

NOTA: Para acceder ás axudas a partires de 3º Nivel é obrigatorio ter devoltos os libros recibidos en préstamo do fondolibros.

AVISO: Na orde citada arriba hai unha corrección de erros que comunicamos a continuación:  Artigo 3.2. Renda per cápita da unidade familiar onde dí "recadro 432" debe dicir "recadro 435"

 

ANEXOS I e II (faga clic sobre o subliñado)

LISTADO DEFINITIVO DE FONDO LIBROS e outros avisos

Unha vez rematado o curso escolar do alumnado procedemos a comunicar varios avisos de interese para as familias.

1.- Publicamos a listaxe DEFINITIVA de adxudicación de libros de texto para 3º e 4º nivel de Primaria. 

 2.- Teñen á súa disposición  os vales de axuda de libros para 1º e 2º e os vales de axuda de material para toda primaria que pregamos pasen a recoller en horario de 9.00 a 13.00 horas ata o día 12 do mes de xullo .

 3.- Están  á súa disposición os impresos de comedor correspondente ao mes de xuño.

 4.- Lémbrase que o día 11 de xullo remata o prazo de entrega do anexo II de comedor escolar.

5.- Publicado o calendario escolar para o curso 2019/20. Poden consultalo facendo clic no enlace.

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS PARA 3º E 4º DE PRIMARIA

Comunicamos que xa se realizou a adxudicación definitiva do fondolibros para alumnado de 3º e 4º Nivel unha vez rematado o periodo de alegacións. 

No arquivo adxunto figura a relación de alumnado xunto aos libros que se lle adxudica.

Os libros estarán a disposición do alumnado o primeiro día de clase (12 de setembro), xunto as indicacións de uso e devolución e unha folla onde figura a relación de libros prestados (esta folla deberá devolverse ao centro asinada).

 

 

LIBROS DE TEXTO 2017/18

Nos arquivos que se adxuntan poden consultar a relación de libros de texto para o curso 2017/18

Información ás familias:

Powered by Drupal - Design by artinet