Pago comedor

Estimadas familias 

Xa tedes dispoñible os impresos de pago de comedor.

Moitas grazas

COMEDOR ESCOLAR

A actual situación sanitaria e o protocolo que establece as medidas a tomar nos centros educativos afectan tamén ao comedor escolar que se ve na obriga de tomar medidas que garantan a seguridade requirida, especialmente nun comedor coma este ao que asisten máis de trescentos alumnos e alumnas. Estas medidas non son doadas de levar a cabo sobre todo cando a nosa única prioridade sempre foi e será manter o servizo para que poida comer a totalidade do alumnado.

Por todo isto e en función de distancias e grupos burbulla establecidos no protocolo fanse necesarias tres quendas de comedor cos tempos necesarios entre quenda e quenda para desinfeción e ventilación. Estas tres quendas repártense en tramos de 45 minutos que non se poden alongar porque acarrearía retraso na saída que é inamovible en función do servizo de transporte escolar.

En cada quenda o alumnado é atendido pola encargada de comedor , os coidadores e coidadoras e o persoal de cociña. Non podemos esquecer que con este protocolo, o alumnado dos cursos máis altos, que antes colaboraban nas tarefas de servir, xa non o poden facer.  Este persoal que está en comedor ten que ir buscar as bandexas que preparan en cociña, servila, recoller os pratos, axudar aos que o precisen, levarlles auga e pan cando o precisen, servir máis comida se repiten... unha actividade sen descanso que se repite en cada quenda cun tempo limitado. Por esta razón queremos salientar aquí o labor do persoal de cociña e dos coidadores que traballan arreo cada día, sen descanso e coa maior das implicacións para que todo saia ben día tras día.

En canto ao menú diario queremos aclarar as dúbidas que algunha familia prantexa relativas á calidade ou as características nutricionais. Neste sentido debemos insistir en que seguimos a mercar os mesmos produtos de sempre, que sempre se escolleron e seguirán a escollerse con mimo para o noso alumnado. Se ben é certo, temos que ter en conta que é absolutamente imposible que a comida manteña a mesma idoneidade na terceira quenda que na primeira. Todos sabemos que , no momento da súa elaboración, a comida está moito máis saborosa, pero non perde a calidade, que sempre é a mesma. Pero iso é algo que non podemos solucionar doutra maneira pois temos un protocolo que cumprir e un tempo limitado.

Seguramente a través do menú que se publica na web ou polas conversacións cos vosos fillos e fillas saberedes que hai ocasións en que os dous pratos diarios se ven condensados nunha especie de “prato combinado” ou que acompañamos un primeiro máis forte caloricamente falando dun segundo mais lixeiro. Todo isto é coa intención de axilizar o proceso de cambio de servizos e coa fin de aforrar as viaxes que requirirían menús máis complexos pero que retrasarían todo o proceso.

Coa chegada do frío aumenta a cantidade de pratos de culler que vos pode facer pensar que o menú está desequilibrado, pero podemos asegurar con total certeza que non é así. Coma sempre se fixo e seguirá a facerse os menús son elaborados pola encargada de comedor e a cociñeira que conta cos coñecementos relacionados con esta materia e atendendo sempre aos estándares e indicacións establecidos pola consellería .

Sempre intentamos que o noso alumnado goce da mellor atención posible e buscamos a mellor maneira de facelo, tamén neste caso. Estamos asemade sempre dispostos a escoitar as vosas suxestións pero seguro que comprendedes que hai situacións e momentos nos que é imposible atender a todos os vosos requirimentos polos moitos condicionantes que se presentan.

Coma sempre e máis que nunca, agradecemos a vosa comprensión e a vosa colaboración.

APROVEITAMOS PARA LEMBRAR QUE , DESPOIS DE MOITO PELEXAR, CONSEGUIMOS QUE A XUNTA NOS CONCEDERA A POSIBILIDADE DE DOUS COIDADORES A MAIORES MENTRES SE DEA ESTA SITUACIÓN. A DÍA DE HOXE SEGUIMOS A TER SÓ DEZ. PRECISAMOS DÚAS PERSOAS QUE ESTÉN DISPOÑIBLES PARA VIR TRABALLAR CON NÓS.

GRAZAS

Exposición cabazas.

Estimadas familias

Como cada ano imos facer a exposición de cabazas.

No arquivo adxunto achegamos todas as instrucións ao respecto.

Lembrade que este curso as cousas teñen que ser diferentes.

-Traeranse o luns.

- As cabazas deben vir sen baleirar.

- Deben traelas os nenos e nenas, polo que non deben ser demasiado pesadas.

-Tede en conta que non devolveremos nada, polo que non as decoredes con algo que queirades recuperar.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Aviso

Estimadas familias

Hoxe fomos informados dun positivo da nosa comunidade educativa.

Como hai máis de dez días que non acude ao centro non houbo que tomar ningunha medida ao respecto seguindo as instrucións das autoridades sanitarias

NOVA INSTRUCIÓN DE COMEDORES

O Consello da Xunta autorizou 

Nos centros de ensino con comedores que teñan autorizados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería un número de colaboradores ... abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes.

Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais. Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual. Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar. 

Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

HORARIO DE SAÍDA

Como xa levamos tres semanas do mes de outubro e xa un pouco máis rodados imos intentar axilizar os tempos de saída para facer máis curta a espera das familias do alumnado non transportado.
A partires do luns o horario de saída será o seguinte.

16:20   INFANTIL
16.25   3º, 4º, 5º e 6º
16:30   1º e 2º

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet