Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
25 de Novembro
O pasado venres día 25 de Novembro foi o día Internacional da eliminación da violencia
contra a muller (http://www.un.org/es/events/endviolenceday)
20 de Novembro. DÍA INTERNACIONAL DO NENO
Hoxe, día 20 de Novembro, celébrase o día Internacional do Neno.
Hoxe celebramos o SAMAÍN que noutros sitios se chama HALLOWEEN!!!
A semana pasada estivemos de festa outra vez. A que non sabedes o que celebramos?? Como non o ides saber con tanto como traballastes…claro, o SAMAÍN. Un ano máis a nosa biblioteca viuse invadida por lotes e lotes de cabazas que fixeron as delicias de todos no colexio e de todas as familias que viñeron visitar a exposición.
Souto + magosto...ENCHENTA DE CASTAÑAS
Pois chegou o Outono e, como xa é tradición no colexio, alá fomos todos os alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe San Marcos a coller as castañas. Grazas á xenerosidade do señor Claudino, que sempre nos deixa invadir o seu fantástico souto, arrepañamos moreas e moreas de castañas que, como veredes, pequenas non eran.
Inmersión Lingüística en Peares
O pasado día 10 de Outubro os alumnos de 6º curso fomos de excursión.
Foi unha aventura diferente, algo que non tiñamos feito nunca. Fomos a un centro de Inmersión Lingüística en Peares.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2018/19
Actividades lectivas: do 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos os dous inclusive.
Períodos de vacacións: Nadal: do 22 de decembro de 2018 ao 7 de xaneiro de 2019, ambos os dous inclusive.
Entroido: 4, 5 e 6 de marzo de 2019.
Semana Santa: do 13 ao 22 de abril de 2019, ambos os dous inclusive.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5