Pago comedor

Estimadas familias:

Lembramos o proceso de pago mensual do comedor para aquelas familias que deben facelo a partires da auto declaración feita segundo o Anexo II.

 Axúntase os puntos da instrución de comedores que fan referencia a este tema:

 

INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022

 

 6.2.6. Pagamento dos prezos públicos

Nos termos establecidos no artigo 15 do Decreto 132/2013, o pagamento mensual dos prezos públicos pola utilización do comedor escolar producirase de acordo coas seguintes pautas: Satisfarase entre o 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo. O importe que os usuarios deberán aboar resultará de multiplicar os prezos correspondentes polo número efectivo de días de uso do comedor cada mes. Os usuarios deberán comunicarlles obrigatoriamente aos centros de ensino os días que non vaian facer uso do comedor antes das 9.45 horas de cada día se queren que eses días nos sexan tidos en consideración nos pagamentos.

 .....

 O conseguinte ingreso das cantidades que corresponda, realizarase en calquera das entidades de depósito autorizadas pola Consellería de Facenda para actuar na xestión recadatoria de taxas e prezos desta comunidade autónoma. Os suxeitos obrigados conservarán os xustificantes do “pagamento para o interesado” e presentarán nos centros, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de “pagamento para a Administración” debidamente validados polas entidades de depósito, para os efectos de complementar as posteriores comprobacións que deban efectuarse.

.....

 6.2.7. Consecuencias da falta de pagamento dos prezos públicos

Os centros deberán verificar que os usuarios xustifiquen os pagamentos e que estes sexan correctos, toda vez que a falta de aboamento total ou parcial do importe do servizo por parte dos usuarios será causa de perda da praza de comedor por acordo do Consello Escolar do centro. Os incumprimentos no pagamento dos prezos públicos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.

Plan de continxencia

Estimadas familias

Achegamos o plan de continxencia para que o poidades consultar de ser preciso.

Familias alumnado 5º e 6º

Estimadas familias

No documento adxunto achegamos a información relativa a edixgal da que vos falou o asesor na reunión de hoxe.

Un cordial saúdo

Reunións inicio de curso

Estimadas familias.

Pasamos a comunicarvos as datas de reunións de inicio de curso e a organización ao respecto.

 MARTES 5 de Outubro ás 16.40 horas.

 3º e 4º  de E. P.  accederán directamente ás aulas pola porta principal.

 2º de E.P. accederán directamente ás aulas bordeando o centro polo patio e accedendo polo lateral.

 LUNS 27 Setembro as 17.00 horas.

 5º e 6º de Educación Infantil que accederá directamente ás aulas correspondentes

 POR FAVOR, PREGAMOS ACUDA SÓ UN MEMBRO DA FAMILIA POR CADA ALUMNO . TEDE EN CONTA QUE SE NON TEDES MÁIS REMEDIO QUE TRAER AOS VOSOS FILLOS OU FILLAS TERÁN QUE ESTAR CON VÓS , NON PODERÁN ESTAR SÓS NOS ESPAZOS EXTERIORES.

GRAZAS

PROTOCOLO ACTUACIÓN COVID-19 2021-22

Estimadas familias

Achegamos o protocolo Covid-19 actualizado para este curso 2021-2022 e as medidas específicas a tomar no comedor escolar.

Coma sempre estamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida.

Un cordial saúdo

INICIO DO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias.

O vindeiro día nove comezamos de novo o curso, con moita ilusión e forzas renovadas.

O día nove incorporaranse todos os cursos, agás o alumnado de tres anos, que seguirán as instrucións que lles deu a titora.

Os horarios e organización de entrada e saída manterase coma o curso pasado.

Lembrámosvos:

A partires das 9.30 o alumnado transportado. Arredor das 9.40 o alumnado non transportado. Coma sempre respectando as distancias , en fila e con orden.

A saída será ás 15.20 para o alumnado de infantil, ás 15.25 para o alumnado de 3º a 6º e ás 15.30 para o alumnado de 1º e 2º.

Lembrade que os luns temos tamén clase pola tarde, polo que a saída será  ás 16.30.

O alumnado que non quede a comedor, por favor, que nolo faga saber. Deberá ser recollido no centro ás 14.15.

ENTREGA DE MATERIAL.

Luns día 6 : 10.00-10.30 o alumnado de 1º (que entrará pola parte de atrás do centro, cruzando o patio) e o alumnado de 3º que entrará pola porta principal.

                   10.30-11.00 o alumnado de 2º(que entrará pola porta de atrás, igual que os de 1º)

PRIMEIRO DÍA DE CURSO.

O alumnado de 1º, 3º, 5º e 6º dirixirase ao patio cuberto onde os estarán esperando os mestres e mestras para dicirlles a que aula deben dirixirse.

Moitas grazas e bo comezo de curso.

 

Powered by Drupal - Design by artinet