Pago comedor

Estimadas familias:

Lembramos o proceso de pago mensual do comedor para aquelas familias que deben facelo a partires da auto declaración feita segundo o Anexo II.

 Axúntase os puntos da instrución de comedores que fan referencia a este tema:

 

INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022

 

 6.2.6. Pagamento dos prezos públicos

Nos termos establecidos no artigo 15 do Decreto 132/2013, o pagamento mensual dos prezos públicos pola utilización do comedor escolar producirase de acordo coas seguintes pautas: Satisfarase entre o 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo. O importe que os usuarios deberán aboar resultará de multiplicar os prezos correspondentes polo número efectivo de días de uso do comedor cada mes. Os usuarios deberán comunicarlles obrigatoriamente aos centros de ensino os días que non vaian facer uso do comedor antes das 9.45 horas de cada día se queren que eses días nos sexan tidos en consideración nos pagamentos.

 .....

 O conseguinte ingreso das cantidades que corresponda, realizarase en calquera das entidades de depósito autorizadas pola Consellería de Facenda para actuar na xestión recadatoria de taxas e prezos desta comunidade autónoma. Os suxeitos obrigados conservarán os xustificantes do “pagamento para o interesado” e presentarán nos centros, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de “pagamento para a Administración” debidamente validados polas entidades de depósito, para os efectos de complementar as posteriores comprobacións que deban efectuarse.

.....

 6.2.7. Consecuencias da falta de pagamento dos prezos públicos

Os centros deberán verificar que os usuarios xustifiquen os pagamentos e que estes sexan correctos, toda vez que a falta de aboamento total ou parcial do importe do servizo por parte dos usuarios será causa de perda da praza de comedor por acordo do Consello Escolar do centro. Os incumprimentos no pagamento dos prezos públicos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.

Powered by Drupal - Design by artinet