Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS
Estimadas familias
Informamos de que as cualificacións dos vosos fillos e fillas serán publicadas en ABALAR da seguinte maneira.
MÉRCORES 17 ás 14.00 horas : Educación infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.
XOVES 18 ás 14.00 horas : 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
ÚLTIMA SEMANA E VARIAS NOVAS!!
BOS DÍAS A TODAS E A TODOS
Última semana dun extrano curso...
Achegámosvos algunha tarefa para facer esta semana
Lembrade que esta semana o alumnado de 6º ten que devolver os ordenadores.
6º A de 10.00 a 12.00 horas.
6º B de 12.00 a 14.00 horas.
Lembrade comprobar que traedes todo e que ten que vir un dos proxenitores para asinar a devolución.
Tamén vos deixamos un aviso moi importante da ANPA sobre o banco de libros, mirade o documento adxunto.
Unha aperta para todos.
Comunicado importante para as familias de 4º de primaria
Estimadas familias.
O vindeiro luns procederemos a recoller os libros de préstamo das familias de 4º de E.P. en horario de 11.00 a 14.00 horas.
Podedes acceder ao centro pola porta principal e acudir ás aulas nesa franxa horaria.
O titor e a titora dos vosos fillos e fillas estarán alí para recoller os libros e darvos a asinar o documento de devolución.
Por favor, lembrade revisar os libros, que non veñan marcados nin escritos e quitádelles o forro de plástico. Lembrade que en setembro serán adxudicados a outros nenos e nenas.
Moitas grazas.
Sorpresas que se atopan de cando en vez
Pois por se vos parecía pouco a recente estrea das curtas de sexto... aquí tedes as tomas falsas!!!!
Para que non perdades nin o máis mínimo detalle do gran traballo que fixeron!!!
Aproveitamos tamén para deixarvos novas tarefas.
Dende o Proxecto deportivo de centro anímanvos a facer un vídeo de despedida para os vosos compañeiros http://pdcsanmarcos.blogspot.com/2020/06/video-de-despedida.html
NOVA SEMANA . Tarefas e comunicados varios.
OLA A TODOS E A TODAS!!!!
Comeza unha nova semana e nos ficheiros adxuntos tedes algunhas tarefas novas e tamén solucionarios.
DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E NOVAS TAREFAS.
De acordo coas instrucións publicadas na Web da Consellería o pasado día 20 procedemos a organizar a ENTREGA DE MATERIAL DO ALUMNADO.
Lembren que debemos facelo seguindo as normas establecidas, por iso fixamos quendas de recollida e diferentes zonas de acceso ao centro a fin de garantir a seguridade de todos e todas.
PREGAMOS QUE, na medida do posible, ACUDA AO CENTRO UN SÓ MEMBRO DE CADA FAMILIA.
Ademais, se alguén ten mochila viaxeira na casa, por favor, que aproveite para traela.
- A devolución organizarase da seguinte maneira.:
1º A, 3º A e 5º A o xoves de 10 a 12 horas.
1º B, 3º B e 5º B o xoves de 12 a 14 horas.
2º A, 4º A e 6º A o venres de 10 a 12 horas.
2º B, 4º B e 6º B o venres de 12 a 14 horas.
- As familias de 1º e 2º entrarán polo patio rodeando o edifico prinicpal e accederán ás aulas a través da porta traseira.
- As familias de 3º e 4º entrarán pola porta principal.
- As familias de 5º e 6º accederán polo patio, rodeando o edificio principal e cruzando o patio cuberto para acceder ás aulas correspondentes.
Poñeremos indicacións para que non teñades pérdida.
Aproveitamos para dicirvos que tedes á vosa disposición nesta web a adaptación das programacións do terceiro trimestre seguindo as instrucións de inspeción educativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »