"Orballando novas" 4ª edición

A cuarta edición do informativo semanal do tempo "Orballando novas", foi realizado polo alumnado de 5º de primaria.

No seu debut neste informativo, o alumnado de 5º tivo a sorte de dar unha nova moi esperada por todos, "A choiva", da man do temporal "Ana".

Prestade moita atención, traballaron moi duramente para realizar este traballo.

 

Noraboa rapaces e rapazas!

CLUB DOS SUPERSAUDABLES

                                         

  Lembrades que o primeiro día que subimos á biblioteca este curso, Frianciño propúxonos formar o Club dos Supersaudables no cole.  Repartiunos a cada clase un calendario de merendas saudables e para cada alumno e alumna o seu propio pasaporte saudable.

 

  Pasaron dous meses dende aquel día e seguro que o noso mouchiño  está moi contento porque este Club está funcionando xenial!

 

  A Comisión Saudable, formada por profes e os alumnos de sexto, encárgase cada mes de recoller os calendarios de merendas de todas as clases do cole. Calculan as porcentaxes dos alumnos e alumnas que traen todos os días merendas saudables, evitando deste xeito a bollería industrial. Unha vez cotexados os resultados, todas as clases que superan o 75% de merendas saudables ó mes teñen premio seguro.

 No mes de outubro comezou a funcionar a Comisión Saudable, pero aínda estaba a iniciarse nas súas funcións. Valoraron os resultados e o premio que concederon  foi dez minutos máis de recreo para as clases que conseguiron a cuota prevista.

  Neste mes de novembro foron perfeccionando o seu traballo e o premio que otorgaron foi extraordinario.

   No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que o mes de novembro foi un mes supersaudable no cole Frian.

 

 

  

            GRAZAS PROFE ÁNGELA  POLA SESIÓN DE BAILE

E GRAZAS A TODOS E TODAS POR SER TAN  SUPERSAUDABLES!

 

 

Proposta de traballo en familia

Prezadas familias!

Unha ano  máis, desde o Equipo de Convivencia, propoñémosvos un traballo en familia para expoñer durante o Nadal no noso colexio. Este ano eleximos un Roscón de Reis de mago, dacordo co proxecto que estamos a desenvolver dende a nosa Biblioteca “Vivindo san no cole Frian”

Poñede a vosa imaxinación a traballar e converte este roscón nun adorno navideño moi, pero que moi saudable.

 

"Vivindo san no cole Frian"

 

 

      

 Podedes empregar calquera técnica e material para decoralo. Por exemplo:

papeis de cores
pinturas
algodon botones
algodón botóns
semillas
sementes lapis
papeis
témperas papeis de agasallo
teas pasta
teas pastas
xornal revistas
xornais revistas

Esperamos os vosos fantásticos traballos para adornar os corredores do colexio!

 

3º OBRADOIRO DE COCIÑA " BATIDO DE CHOCOLATE"

Os pequechos das clases de 4 anos como todos os venres , levaron a cabo o seu 3º obradoiro de cociña.

Nesta ocasión fixeron unha receita moi deliciosa " Batido de chocolate" e  saíulles riquísimo. Non vos perdades os pasos e os ingredentes da receita porque se o queredes repetir na casa. Que aproveite!!!

Imagen relacionada

Powered by Drupal - Design by artinet