SEXTO E QUINTO CON PEPE SOLLA EN “DALLE VALOR AO PEIXE"

pepe solla   

Con motivo do Proxecto Documental Integrado deste curso“Vivindo San no cole de Frian “, o alumnado de sexto saímos o mércores 4de outubro e quinto o xoves 19 de outubro  ao Mercado do Progreso para participar na actividade Showcookings científicos do CSIC“ Dalle valorao peixe ” con Pepe Solla, resultado da colaboración  do grupo

Vegalsa-Eroski e Familia mailo Concello de Vigo no programa COMErico VIVEsan, e realizada por Graciela, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, coa inestimable axuda do chef Pepe Solla que é propietario dun restaurante galego cunha Estrela Michelín.



  Visitamos postos de peixes. Ensináronnos a recoñecer o peixe frescoe a saber interpretar a información das etiquetas que acompañan ó peixe que está a venda. Tamén descubrimos todos os datos que aportan as etiquetas dos peixes conxelados e dos precociñados.



  Despois cociñamos con Pepe. Elaboramos“ Xurelo con salsa de maionesa e salsa de chumichurri ”.

  Puxémonos as súas ordenes e salgamos, mesturamos, rebozamos, batemos…e sobre todo degustamos a saborosa receita que preparamos.

      

Obxectivo  da actividade cumprido :

 

                  SÍ QUE LLE DEMOS VALOR AO PEIXE!

                  Grazas Pepe e OÍDO COCIÑA!!

 

 

 

 E ata saímos na prensa

As mochilas viaxeiras en ruta!

Este pasado mércores, día 11 de outubro, comezou unha nova andaina das Mochilas Viaxeiras.

 

Súmase así, esta actividade familiar, à proposta dunha vida máis saudable, que este curso nos plantexamos no cole co Proxecto “Vivindo san no cole Frian”.

 

A proposta é desfrutar en familia durante 10 días, dos contidos da Mochila Viaxeira, de maneira saudable para o noso saber e coñecemento, porque non se vive de xeito saudable únicamente cunha alimentación i exercicios adecuados, senón tamén “alimentándonos” culturalmente e facendo exercicio co noso cerebro!

 

Aquí podeses ver as fotos dos primeiros afortunados en comezar esta pequena viaxe...!!!!!

 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS

Precisas vitaminas?

vitaminas

   

    Iniciamos unha nova andaina no traballo da nosa biblioteca. Novo curso 2017/18, novas ideas e novos proxectos para levar a cabo.

   

    Este ano o noso Proxecto Documental Integrado englóbase  baixo o lema“ Vivindo san no cole Frian “.  Imos traballar  hábitos para fomentar na comunidade educativa un estilo de vida máis saudable.

    

   Como é costume na programación da nosa biblioteca, o mes de Outubro está adicado á Formación de Usuarios.  Este curso perseguimos uns obxectivos de vida saudable e de mellora das competencias do noso alumnado. Deste xeito a primeira semana de outubro iniciamos a actividade da biblioteca dunha forma especial.

 

       No cole apareceron uns carteis.

 

     Os  alumnos e alumnas  percorreron os corredores seguindo as frechas para atopar o lugar do cole onde hai moitas vitaminas.  Chegaron  á biblioteca. E unha vez alí, descubriron que efectivamente, a nosa  biblioteca está chea de vitaminas.

 

E por si fora pouco a emoción de atopar un lugar, na biblioteca había unha carta de Frianciño. Este ano está disposto a mellorar os seus hábitos saudables e para iso crea o

Clube dos Supersaudables.  Por suposto que xa nos anotamos todos e todas a ese clube.

 

Grazas Frianciño e xa somos moitos e moitas do Clube dos Supersaudables!


 Os nenos e nenas de educación infantil viviron así esta actividade:

 

 

Dúas boas novas para comezar o curso 17/18

Estamos de noraboa, o colexio foi seleccionado para dúas novas actividades:

 

  • Programa de "Introdución á robótica educativa en primaria" que terá especial relevancia nos niveis de 4º, 5º e 6º. Este proxecto dotará ó centro de kits de robótica para uso educativo.

       

 

       Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23301

  • Actividade "Semana STEM" , consiste en proporcionar ao alumnado actividades que lles permita mellorar as súas competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter lúdico-recreativas, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Esta actividade terá de duración unha semana no entorno de Mondariz-Balneario e será totalmente subvencionada pola Consellería. Destinada a 25 alumnos/as de 6º de primaria.

       

        Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23327

 

Preparados/as, listos/as...!

Nas aulas abalar de 5º e 6º comezamos este curso 17/18 co proxecto “Preparados/as, listos/as,...”  facendo un percorrido polos países de Europa e polas Comunidades Autónomas e provincias de España.


 En sexto fixemos rimas cos nomes dos países  da Unión Europea, cos seus xentilicios  e as súas capitais. O noso traballo“Xogamos con bandeiras” quedou así de divertido:

 

 

En quinto realizamos unha  investigación a partir dos escudos das autonomías;  así descubrimos as Comunidades autónomas e as súas provincias. Así quedou:

 

Powered by Drupal - Design by artinet