Os nosos mellores desexos

 

 

 

A Comunidade Educativa do C.E.I.P. Frian-Teis deséxavos unhas Felices e Saudables Festas!

 

Nova edición de "Orballando novas"

Para rematar o trimestre publicamos a 5ª Edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Nesta ocasión un grupo de alumnos/as de 5º B viaxan como corresponsais a lugares de interese nestas datas; seguíndolle o rastro a Papa Nöel, os Reis Magos e o Apalpador.

Prestade moita atención ao avance do tempo meteorolóxico para este Nadal.

 

Dende "Orballando Novas"...Felices festas a todos e todas!

Árbores de reciclaxe

Este ano o equipo de Biblioteca fixo polos corredores unhas árbores de reciclaxe, esta vez o motivo reciclado foron moreas de libros.

Xa están aquí os nosos "Roscóns de Reis"

 

 

Propuxémosvos fai uns días que, en familia, adornásedes un  "Roscón de Reis", doce caseiro tradicional ao estilo navideño; obxectivo cumprido, botade unha ollade virtualmente e se podedes visitade os corredores, merece a pena.

 

 

Grazas familias!

 

 

 

Contos de nadal

Xa está aquí o Nadal e os nenos/as de infantil aproveitan a ocasión para gozar das recomendacións lectoras para estas festas que nos ofrece a nosa biblioteca.

 

Powered by Drupal - Design by artinet