Robótica con Tini, nai de Anxo

O xoves 16 de novembro visitounos Tini a nai de Anxo de 5º A.

 

 

Tini e Anxo facendo unha demostración

Tini é mestra de Tecnoloxía no IES de Coruxo, e no seu IES están a traballar a robótica. Con moito entusiasmo despois de pedirlle se nos podía iniciar no mundo da robótica, o xoves 16 de novembro do 2017, veu ao noso colexio cuns compañeiros moi especiais, "os robots". Falou ao alumnado de 5º e 6º da importancia dos robots na nosa vida diaria; de distintos traballos donde intervén a robótica; e, contounos e demostrounos como podemos programar o robot desde o ordenador; como o podemos dirixir dende o noso móbil ou tableta cunha app. Rematamos a sesión facendo prácticas desde o móvil e desde o ipad.

Fascinounos a todos/as os alí presentes, mestres/as alumnos e alumnas.

Moita grazas pola túa presenza e polo entusiasmo demostrado!

 

O alumnado agradeceu a Tini, a través do seu e-mail de xeito individual, a súa presenza.

Esperamos os teñas lido, ata outra!

"Orballando novas"

 

Informativo do tempo: "Orballando novas"

Arrincamos un novo proxecto interdisciplinar que realizaremos nos niveis de 5º e 6º, un informativo semanal do tempo que decidimos bautizar co nome: "Orballando novas". Eliximos ese nome neste momento de seca histórica, para deste xeito, invitar á chuvia, a vir e quedarse uns días connosco.

Cada mércores, facendo coincidir co programa de "Prensa Escola" da Voz de Galicia, estudaremos en profundidade o tempo meteorolóxico pronosticado para a fin de semana. Deste xeito pensando no P.D.I. deste curso "Vivindo san no cole Frian" queremos axudar á Comunidade Educativa a que organicen a súa fin de semana saudablemente dependendo do tempo: un paseíño en bici, unha ruta polo monte, un baño na praia ou actividades a cuberto se o tempo non acompaña.

Con este traballo semanal aproveitaremos para colaborar co Proxecto MeteoEscolas que estreamos este curso; deste xeito uniremos distintos programas, plans, proxectos e departamentos que funcionan no noso colexio.

O traballo será de lectura das novas do tempo na prensa diaria, de búsqueda de información en meteogalicia.gal, de preparación de guións dos distintos programas, de traballo de fotografía para os distintos escenarios, de produción e realización do mesmo, etc. Para realizar todo este traballo contaremos co soporte técnico dos nosos ipads con distintas aplicacións e o noso interese. Empregaremos música e imaxes propias ou de dominio público.

Prestade moita atención e ata a vindeira semana!

Este programa podédelo seguir no Espazo Proxecta, na columna dereita desta páxina ou premendo no enlace.

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

Presentamos o proxecto de robótica ao noso alumnado de 6º antes de comezar a Semana STEM. O mestre Edu presentounos dous tipos de robots  para irnos familiarizando co mundo da  robótica e da programación.

Moitas grazas profe Edu, aprendemos moito contigo!

Neste mesmo senso de actividades, o domingo 12 de novembro, o alumnado de 6º viaxou ata Mondariz Balneario para realizar unha semana de inmersión nas Matemáticas, Tecnoloxía, Robótica, Programación...

Desfrutade e aprendede moito!

 

Na seguinte ligazón podedes atopar fotos destas actividades:

https://www.vermislab.com/semana-stem/

 E se premedes na palabra ROBÓTICA podedes comprobar o noso traballo semanal

 

PATINANDO CON BOMBA HACHE

   A nosa compañeira Sara de lingua inglesa (Bomba Hache), recoñecida patinadora, deleitonos cunhas sesións prácticas de patinaxe. Deixamos unha reportaxe fotográfica das mesmas. Un pracer ter pasado este tempo coa túa presenza.

 

 

5º/6º

 

 

 

 3º/4º

 

 

 

XORNADA BáDMINTON

O pasado día 3 de novembro tivemos a visita de dous referentes no bádminton autonómico, Juan Vila e Brais, do clube "Rachaplumas". Contáronnos algo da historia, técnica e anécdotas deste apaisoante deporte tan de actualidade. Na Etea tendes oportunidade de probalo en diferentes horarios. Animádevos!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet