Sesións

Reto 2: Luces do estadio.

Comezamos unha serie de retos encamiñados a realizar unha maqueta dunha pista de probas deportivas

Reto 2:

Neste segundo reto imos programar as luces do estadio. Estas luces encenderanse cando a luz natural disminúe. Necesitaremos un sensor de luz exterior que mida a luminosidade.

Simultaneamente traballaremos coa App Mblock Blocky, serie de retos encadeados.

Reto conseguido como podemos apreciar no seguinte vídeo.

 

Reto: Saídas de probas deportivas

Comezamos unha serie de retos encamiñados a realizar unha maqueta dunha pista de probas deportivas

Reto 1:

Este reto consiste en simular os semáforos das saídas de Fórmula 1, compaxinar luz tipo semáforo (vermello, laranxa e verde) cunha sinal acústica en distintos tonos.

No seguinte vídeo podemos ver o traballo e a consecución do mesmo.

 

Equipos mixtos de traballos robóticas

O alumnado voluntario TIC tivo a oportunidade de traballar conxuntamente con mestres e mestras nunha sesión especial de retos robóticos. Xuntos e xuntas aprendemos a solucionar diferentes atrancos robóticos. Reto superado. Para cando máis?

Montaxe e probas robóticas

O alumnado de 6º nas súas primeiras sesións de robótica, estiveron a montar os novos robots, descubrindo novas curiosidades. Aproveitaron para facer probas de manexo.

Finalización do proxecto de robótica no curso 17/18

O pasado martes 22 de maio pechamos o Proxecto de Robótica cunha charla informativa á que asistiron moitas familias do noso alumnado.

Esta xornada tivo dúas partes ben diferenciadas.

Nunha primeira parte, a mestra Raquel iris (coordinadora do proxecto) explicou as actividades desenvolvidas o longo do curso; a relatora María Nimo, especialista nesta temática, explicounos polo miudo os beneficios da robótica nestas idades.

Nunha segunda parte o alumnado presente de 5º, 6º e educación infantil, demostrounos as súas habilidades e os retos acadados ó longo do curso. Botamos de menos ao alumnado de 4º que estaban de excursión ese mesmo día. O ano que vén contamos convosco.

No seguinte vídeo podesde ver os distintos retos acadados:

 

 

Moitas grazas a toda Comunidade Educativa en especial ao alumnado que preparou a xornada con moito entusiasmo.

Ata o vindeiro curso!

Powered by Drupal - Design by artinet