Preparados/as, listos/as...!

Nas aulas abalar de 5º e 6º comezamos este curso 17/18 co proxecto “Preparados/as, listos/as,...”  facendo un percorrido polos países de Europa e polas Comunidades Autónomas e provincias de España.


 En sexto fixemos rimas cos nomes dos países  da Unión Europea, cos seus xentilicios  e as súas capitais. O noso traballo“Xogamos con bandeiras” quedou así de divertido:

 

 

En quinto realizamos unha  investigación a partir dos escudos das autonomías;  así descubrimos as Comunidades autónomas e as súas provincias. Así quedou:

 

Recunchos de lectura

Hoxe, luns 2 de outubro, no cole empezan a funcionar os "Recunchos de Lectura". Os alumnos e alumnas de Sexto-A inician as quendas de rotación destes recunchos.

Benvidos e benvidas ó noso "Territorio lector"!

 

XXIV Andaina: "Ruta de Pedras Negras"

Con esta andaina, a viséximo cuarta, organizada pola ANPA, comezamos o curso máis saudable.

Esperámoste para a seguinte...Vivindo san no cole Frian!

VIVIMOS SAN NO COLE FRIAN

vida saudable

Un ano máis comezamos unha nova andaina cun proxecto Documental  Integrado no que queremos que toda a Comunidade educativa estea implicada e fomentar unha vida sa e saudable.

Arrincamos cunha enquisa onde analizaremos os hábitos e preferencias na alimentación do noso alumnado e a súa actividade física.

  

 

 Agora é o momento de dar algunhos consellos, lembrar algúns datos e apostamos pola vosa implicación.

 

 Neste tríptico tedes unha pequenas guía de hábitos saudábeis para traballar na casa e mellorar a nosa calidade de vida


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet