Skip to Content

PROPOSTA ACTIVIDADES

 Novembro é o mes da ciencia no cole. Este ano como o Día da Ciencia en Galicia estivo adicado a Baltasar Merino, nós  aproveitamos esta conmemoración e imos a coñecer a obra de este científico galego.

 

    Baltasar Merino Román foi un botánico do século XIX que realizou unha das obras pioneiras sobre a flora galega. O seu traballo de recolección abarca moitos concellos de Galicia e quedou reflexado nas súas publicacións. Ademais, fixo un gran traballo como meteorólogo.

 

    No cole imos a investigar na obra deste científico para facer un traballo sobre botánica, catalogando as árbores do noso cole. E por outra banda imos coñecer os aparellos meteorolóxicos para instalar a nosa propia estación meteorolóxica.

 

             Botánica e meteoroloxía en Frian grazas a Baltasar Merino!

 

 

 

 

INFÓRMATE NAS SEGUINTES LIGAZÓNS

 

 

NOMES COMÚNS E CIENTÍFICOS

 

  Documento do IES MELIDE

 

COÑECE AS FOLLAS E OS TALOS

 

Ciencia paseando

GUÍA DE ÁRBORES AUTÓCTONOS

Documentación facilitada polo Concello

de Culleredo

Guía de árbores


page | by Dr. Radut