Gallego

Parlamento Xove

Ficha técnicaProxecta

Institucións:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
    • Dirección Xeral de Xuventude
      • Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

Ámbito: comunicación /oratoria
Definición: este programa é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Lévase a cabo na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, desde o ano 2010. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
Como exemplo, o tema elixido para a fase clasificatoria en 2023 foi:

Está preparado o actual Estado do Benestar español para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?

Investigar, sintetizar, expoñer, dialogar, falar en público, convencer e, sobre todo, escoitar. Estes son os verbos sobre os que se debe sustentar calquera debate ou parlamento, e estas son as competencias que adquiren e amosan as persoas mozas participantes de cada edición de Parlamento Xove. Así mesmo, o programa fomenta o traballo en equipo e a convivencia, respecto polas ideas dos demais e o emprego de novas tecnoloxías.

O programa, para as categorías escolares, estrutúrase nas seguintes categorías:

  • ESO (alumnado de 3º e 4º de ESO)                                                         
  • Bacharelato (alumnado de1º e 2º de Bacharelato)
  • FP básica ou superior (equipos de 4 persoas mozas + 1 coordinador. Serán admitidos un máximo de 16 equipos)

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a coordinador/a. En total poderán participar 48 equipos, 24 por cada categoría de ESO e BACH e un máximo de 16 de FP de básica ou superior. O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos finalistas, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. Cada debate, en formato académico, estará dirixido e moderado por un xurado que, valorará as intervencións de cada equipo consonte ao regulamento do programa.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 4. Educación de calidade

Temporización: curso completo ou medio curso
Alumnado ao que vai dirixido: Tres categorías: alumnado de 3º e 4º da ESO e alumnado de 1º e 2º de bacharelato. FP básica ou superior. Cada categoría compite por separado e non necesariamente nas mesmas datas. De cada unha das categorías sairá un equipo gañador que obterá un premio específico.
Límite de centros participantes: a organización establece que poderán participar un máximo de 24 equipos por cada categoría de ESO e BACH e ata 16 na categoría de FP básica ou superior.
Cada centro poderá presentar un equipo por categoría, en caso de non cubrirse a totalidade de prazas poderán presentar un segundo equipo.

Límite de docentes participantes por centro: o programa establece unha persoa docente por equipo que se presente, que exercerá como coordinador/a.

Límite de alumnado participante por centro: establécese un límite de 4 alumnas/os por equipo; e 2 equipos, como máximo, por centro escolar e categoría.

Criterios de participación: centros de ensino de Galicia nas modalidades de ESO , BACH e FP básica e superior.

Criterios de selección:(se os houber, para seleccionar os proxectos a inicio de curso)

  1. Por orde de inscrición: cada centro poderá inscribir un máximo de 2 equipos por modalidade. Se supera a previsión da organización soamente se admitirá 1 equipo por modalidade.
  2. Terán prioridade os centros que nunca participaron o que o fixeran nun menor número de ocasións

Persoa responsable:

Nome: Silvia Negreira Vidal

Departamento:Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

Teléfono: 981544821

Correo electrónico: parlamentoxove.xuventude@xunta.gal

Obxectivo xeral:

Potenciar o desenvolvemento de ferramentas que mellore as habilidades oratorias do alumnado e fomentar, a través das actividades que se desenvolven no programa, a conciencia democrática, o respecto polas opinións dos demais, e reforzar os valores do sistema educativo.

Obxectivos específicos:

Desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada.

Fomentar a lectura, a escritura, o traballo colaborativo en equipo ou a convivencia, emprego de novas tecnoloxías con fis informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais

Palabras clave

    • Competencia en comunicación lingüística
    • Competencias sociais e cívicas
    • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Metodoloxía e temporización (metodoloxía recomendada e secuenciación das actividades ou fases do programa por trimestres ou meses)

Desenvólvense ao longo de todo o curso  escolar. Seguiranse os seguintes pasos:
    • Novembro/xaneiro: publicación do tema de debate da fase clasificatoria.
      Desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes e ata o mes de xaneiro, os centros solicitantes deben seleccionar aos seus equipos (máximo 2 por centro en cada categoría) que estarán constituídos por 4 alumnas/os e unha persoa docente coordinadora; procurarase  a paridade de xénero.
    • Xaneiro/febreiro: desenvolveranse as xornadas formativas, en formato presencial ou en liña, para todos os equipos inscritos.
    • Marzo: fase clasificatoria do concurso-debate, que se rexerá polo regulamento do programa.
    • Maio: fase final do concurso-debate, que se rexerá polo regulamento do programa.
Finalizadas as fases do concurso-debate, os centros participantes elaborarán a correspondente memoria.

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación:

  • Web de referencia:

  • Obradoiros:

  • Saídas

  • Concursos

  • Etc

Formación
A organización do programa Parlamento Xove, aos efectos de facilitar a participación dos equipos na fase de competición realizará unha fase previa de formación, normalmente en xaneiro/febreiro, onde os equipos participantes adquirirán competencias sobre:

- Qué e un debate académico/estrutura
- Como se elabora unha tese, que son os argumentos
- Distribución de roles entre as persoas mozas participantes

Regulamento e normas
A fase de formación pode ser presencial ou en liña.

Saídas
Por regra  xeral o programa desenvolverase de xeito presencial, nas fins de semana que determine a organización, correndo os gastos de desprazamento e estadía dos participantes a conta da organización.

Concurso
A participación no concurso é obrigatoria para os centros que soliciten este programa. Oferta un 1º premio por cada modalidade (ESO, Bacharelato e FP) cun orzamento de 4.000 euros para a realización dunha viaxe. Ademais, a organización agallasa aos mellores oradores/as dos equipos participantes así como aos equipos que presenten os mellores artigos de investigación. Por último, tantos as persoas docentes como os/as alumnos/as reciben un diploma acreditativo da súa participación.

Produto final

    • Participación na formación e no concurso.
    • Elaboración voluntaria do artigo de opinión das dúas posturas (a favor e en contra)

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Calidade da argumentación do tema a debate (capacidade de oratoria, estrutura, creatividade, variedade nas referencias, fontes de investigación, emprego de figuras estilísticas, capacidade de síntese e presentación en medios dixitais).

5. Traballo en equipo (coordinación, distribución das funcións, tolerancia, respecto polos demais, fomento da iniciativa, autonomía persoal e capacidade crítica responsable).

6. Comunicación oral e xestual durante o debate.

 

Selección de boas prácticas:

    • CPR Plurilingüe Sagrada Familia, 1º premio ESO 2021 (ligazón)
    • IES Marco do Camballón, 1º premio Bacharelato) 2021 (ligazón)
Gallego

Tema: 

Sección: 

Fotografía en curso

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
    • Filmoteca de Galicia - AGADIC

Ámbito: promoción da cultura / patrimonio/ arte / territorio
Definición:

Fotografía en curso é un programa internacional que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia e no que participan alumnos e alumnas de moitos territorios e de contextos socioculturais diversos compartindo unha metodoloxía e referentes comúns. É un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica que implica diferentes axentes e ámbitos: museos e centros de arte, fotógrafos, docentes, centros educativos, barrios, aldeas e municipios.

Ao longo do curso escolar, en horario lectivo e acompañados polos seus docentes, os alumnos participantes elaboran un proxecto fotográfico que pon en valor e da a coñecer a súa contorna máis próxima.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos e educación especial
Límite de centros participantes: 6 (con posibilidade de incrementar o número de centros en función dos recursos do programa)
Límite de docentes participantes por centro: 4 (unha persoa coordinadora e tres docentes máximo como participantes). Poderase argumentar a necesidade de incorporar máis docentes.
Criterios de selección:

  • Priorizaranse centros públicos
  • Calidade do proxecto presentado: Presentación do centro: características e traxectoria. Motivacións do centro para participar no proxecto. Posibles propostas de organización (curso, número de alumnos, horarios, materias ou áreas nas que se enmarcaría o proxecto, etc.). Motivacións persoais dos docentes directamente implicados e previsión da dedicación do docente responsable do proxecto tanto para o traballo co alumnado como para a coordinación, a xestión dos materiais na web e as demais tarefas como o seguimento do alumnado no caso de illamento. Valorarase a capacidade de articular contidos transversais a partir da fotografía.
  • Posibilidade de organizar saídas fora do centro para a realización dun proxecto fotográfico.

Persoa responsable:

Nome: Mónica García Iglesias.
Departamento: Filmoteca de Galicia
Teléfono: 881 881 269
Correo electrónico: monica.garcia.iglesias@xunta.es


Xustificación

Fotografía en curso é un programa internacional que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia e no que participan alumnos e alumnas de moitos territorios e de contextos socioculturais diversos compartindo unha metodoloxía e referentes comúns.

Obxectivos

  • Desenvolver as potencias pedagóxicas da fotografía nas escolas e institutos dentro do horario lectivo.
  • Transmitir a fotografía como arte, cultura e creación
  • Propiciar o descubrimento do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea
  • Xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas compartidas.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

Metodoloxía

Fotografía en curso parte dun programa de prácticas e visionamentos compartidos por diversos centros educativos e dunha metodoloxía común elaborada ao longo destes anos. A través da formación aos docentes implicados nos proxectos se facilitan distintas ferramentas que permitan un descubrimento da contorna e da fotografía por parte dos alumnos a través de diferentes propostas de creación (espazos baleiros, retrato, luz e cor, etcétera) que poidan converterse en punto de partida para a elaboración dun proxecto fotográfico que culmine nunha exposición ou publicación.

No caso de que o proxecto o requira, valorarase a posibilidade de traballar cun/ha fotógrafo/a no centro educativo (a partir do mes de febreiro- marzo durante 4 horas e entre 6/7 xornadas).

Actividades

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación ao profesorado: presencial e de carácter obrigatorio nos principios metodolóxicos de Cinema en curso.

    A formación, incluida no Plan Anual de Formación do profesorado G2301111, se estrutura en 3 sesións a finais de outubro (4 horas), comezos de febreiro ou finais de xaneiro (4 horas) e mediados de marzo (4 horas). A asistencia dos docentes a todas as sesións de formación é imprescindible para o desenvolvemento do proxecto.

    Na formación desenvólvense contidos prácticos, metodolóxicos e instrumentais, e intercámbianse experiencias entre os docentes participantes.

  • Web de referencia: www.fotografiaencurso.org, onde teñen un papel central o apartado dedicado ao descubrimento de fotógrafos moi diversos (e a interacción coas súas fotografías) e o de exposición das fotografías realizadas polo alumnado.

  • Obradoiros: No caso de que o proxecto o requira, valorarase a posibilidade de traballar cun/ha fotógrafo/a no centro educativo (a partir do mes de marzo durante 4 horas e entre 6/7 xornadas).

  • Saídas: O proxecto promove o redescubrimento da contorna próxima e de realidades máis ou menos afastadas a través da fotografía. Todas poden realizarse coas cámaras de uso habitual dos centros educativos.

  • Un cartafol impreso e outro na rede con todos os materiais pedagóxicos necesarios para desenvolver o proxecto na aula

 

 

Produto final

 

Traballaremos ao longo de todo o curso a partir do visionamento e comentario de fotografías do fondo fotográfico da web www.fotografiaencurso.org para saír a realizar varias prácticas (que desenvolveremos previamente en cada formación cos docentes): Espazos baleiros; Diarios da luz; Retrato. Luz e rostro; Poéticas: meteoroloxías, horas do día. Ceos e nubes, Árbores.

A través da práctica fotográfica realizaranse proxectos documentaáis da contorna (oficios, espazos e memoria, retratos de...) que culminarán nunha exposición ou fotolibro. O profesorado irá compartindo a través da rede os materiais que van xerando os alumnos co equipo de Fotografía en curso coa finalidade de poder acompañar os procesos.

 

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4. Capacidade de compartir no blog de Fotografía en Curso procesos de traballo e experiencias con outros centros e alumnado participante no proxecto e publicar os traballos finais na web de Fotografía en Curso.

5. Capacidade de descubrir a través da fotografía os valores patrimoniais, urbanísticos, sociais, culturais paisaxísticos e históricos da súa contorna.

6. Capacidade de traballar en equipo e integrar a todo o alumnado.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Cinema en curso

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
    • Filmoteca de Galicia - AGADIC

Ámbito: promoción da creación e da cultura / Patrimonio/ Territorio/ Audiovisual
Definición: Cinema en curso é un programa internacional de pedagoxía do cinema en escolas e institutos que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia e no que participan alumnos e alumnas de moitos territorios e de contextos socioculturais diversos compartindo unha metodoloxía e referentes comúns.

O programa conta coa presencia regular dun/dunha cineasta no centro de ensino e en horario lectivo, para acompañar, conxuntamente cos docentes, o descubrimento da contorna e do cinema a partir dunha metodoloxía concreta que vencella moi estreitamente a práctica creativa co visionamento de películas.

Ao longo do curso escolar, a través da formación ao profesorado, co acompañamento do equipo de Cinema en curso e a presencia regular do cineasta na aula, os alumnos participantes realizan de xeito colectivo unha curtametraxe documental que pon en valor e da a coñecer a súa contorna máis próxima.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 4ª, 5º e 6º de primaria, ESO, 1º de bacharelato e ciclos formativos
Límite de centros participantes: 4 (con posibilidade de incrementar o número)
Límite de docentes participantes por centro: 4 (un coordinador e 3 docentes participantes). Poderase argumentar a necesidade de incorporar máis docentes.
Límite de alumnado participante por centro: Máximo grupo clase de 25-30 alumnos ou 20 alumnos en materias optativas ou outras agrupacións.

Criterios de participación:

  1. Priorizaranse centros públicos
  2. Calidade do proxecto presentado: presentación do centro,características e traxectoria. Motivacións do centro para participar no proxecto. Posibles propostas de organización (curso, número de alumnos/as, horarios, materias ou áreas nas que se enmarcaría o proxecto etc.). Motivacións persoais dos docentes directamente implicados e previsión da dedicación do docente responsable do proxecto tanto para o traballo co alumnado como para a coordinación, a xestión dos materiais na web e as demais tarefas como o seguimento do alumnado no caso de illamento. Valorarase a capacidade de articular contidos transversais a partir do cinema.
  3. Posibilidade de organizar saídas fora do centro para a realización do proxecto cinematográfico.
  4. Asistencia do alumnado a unha proxección inicial e final para a estrea da súa película. Asistencia dos docentes a formación do proxecto.

Criterios de exclusión:

  • Non poderán participar no proxecto aqueles centros nos que os seus docentes non poidan acudir de maneira presencial ás formacións específicas nas metodoloxías de Cinema en curso.
  • Non poderán participar no proxecto aqueles centros que organizativamente non poidan facilitar a presencia dun cineasta (entre 20 e 25 xornadas de traballo) nas aulas e a asistencia dos seus alumnos á proxección inicial e final na Filmoteca de Galicia.

Persoa responsable:

Nomes: Mónica García Iglesias
Departamento: Filmoteca de Galicia
Teléfono: 881 881 269
Correo electrónico: monica.garcia.iglesias@xunta.es


Xustificación

Cinema en curso é un programa internacional que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia e no que participan alumnos e alumnas de moitos territorios e de contextos socioculturais diversos compartindo unha metodoloxía e referentes comúns.

Obxectivos

‘Cinema en curso’ é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en escolas e institutos. que nace con dous obxectivos:

  • Propiciar o descubrimento por parte de nenos/as e mozos/as do cinema entendido como arte, creación e cultura.
  • Desenvolver as potencias pedagóxicas do cinema nas escolas e institutos dentro do horario lectivo.

Cinema en curso estrutúrase en tres eixes de traballo:

  • os obradoiros, impartidos conxuntamente por docentes e un/unha cineasta con grupos desde 4º de primaria ata 1º de bacharelato e ciclos formativos.

  • a formación do profesorado.

  • o desenvolvemento de accións a nivel de centro para promover que o cinema se converta nun eixo transversal do proxecto educativo das escolas e os institutos participantes.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

Palabras clave:

cine, creación, arte, cultura, transmisión, patrimonio, memoria, intercambio,decobremento, exploración, territorio, posta en valor.
 

Metodoloxía e temporización

O proxecto arranca cunha proxección inicial con todos os alumnos participantes en Galicia na sala da Filmoteca de Galicia (A Coruña) a finais do mes de outubro pola mañá.

    Ao longo do curso desenvólvese en horario lectivo un obradoiro impartido conxuntamente por un/ unha cineasta e o equipo docente. O/a cineasta participa en torno a 20 xornadas (días) co alumnado. Os docentes participan sempre activamente nestas xornadas e dan continuidade nas súas clases ao traballo realizado.

    Todos os obradoiros dos diferentes centros de ensino comparten un mesmo programa de visionamentos de fragmentos de películas e de películas así como propostas de creación que culmina coa realización dunha curtametraxe realizada polos alumnos de modo coleactivo.

      Os obradoiros desenvólvense de forma integrada dentro da dinámica da aula e posibilitan un traballo profundo en competencias persoais e sociais como o traballo en equipo, a posta en valor da contorna, a atención, a observación, a capacidade de espera, a autonomía, a organización individual e colectiva etcétera. Tamén vehicula contidos transversais con especial atención ás competencias lingüísticas, dixitais e artísticas.

        O cineasta intervén na maioría de xornadas (en torno a 20) entre 3 ou 4 horas seguidas, e traballa sempre conxuntamente cos docentes, que proseguen o traballo noutras horas de maneira regular. Os mesmos docentes que traballan nas sesións con cineasta deben estar implicados nas demais horas de dedicación semanal ao proxecto (habería que prever dúas horas). Este mínimo de horas depende do número de alumnos, do emprazamento do centro (os desprazamentos do cineasta), da organización global do centro, etc. Sempre se valora de modo individual as necesidades e posibilidades do centro de ensino en relación a organización do obradoiro.

        Durante os procesos de documentación, planificación, a rodaxe e a montaxes, hai que prever xornadas máis longas de traballo (en torno a 10 xornadas ao longo do curso) nas que os alumnos traballan por grupos pequenos de maneira rotativa. Nos momentos nos que se divide o grupo sempre ten que haber un docente co cineasta.

        Os obradoiros poden desenvolverse no marco de materias diversas, en espazos de traballo por proxectos, e no caso dos centros de primaria, de maneira transversal.

        Todo este seguemento e traballo no centro por parte dos docentes se aborda de maneira completa nas formacións para o profesorado. Ao mesmo tempo o equipo de Cinema en curso acompaña dúbidas e facilita todos os materiais de manira regular.

        Estrea final: No mes de xuño celébrase unha xornada de proxección e estrea das curtametraxes realizadas polos alumnos de todos os centros de Galicia na sala de cine da Filmoteca ou noutra sala representativa. Participan todos os alumnos.

           

          Actividades e Recursos

          Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

          • Formación: presencial e de carácter obrigatorio nos principios metodolóxicos de Cinema en curso.

            A formación, incluida no Plan Anual de Formación do profesorado, se estrutura en 4 sesións a finais de outubro (8 horas), comezos de febreiro ou finais de xaneiro (8 horas) e mediados de marzo (4 horas). A asistencia dos docentes a todas as sesións de formación é imprescindible para o desenvolvemento do proxecto. G2301115 - Cinema en curso. Pedagoxía co e dende o cinema. Plan Proxecta

          • Na formación desenvólvense contidos prácticos, metodolóxicos e instrumentais, e intercámbianse experiencias entre os docentes participantes.

          • Web de referencia: www.cineencurso.org

          • Obradoiros: de carácter anual coa presencia regular no centro dun cineasta (en torno a 20 xornadas) que acompaña cos docentes todo o preceso de creación documental.

          • Saídas: desde o centro para poder explorar a contorna e para rodar a película documental. Ademáis debe preverse unha saida inicial para a Proxección inicial de Cinema en curso e unha saída final para a estrea da curtametraxe realizada nunha sala de cinema.

          • Un cartafol impreso e outro na rede con todos os materiais pedagóxicos necesarios para desenvolver o proxecto na aula

          • Unha páxina web cun espazo para o centro participante onde compartir todos os procesos de creación

          • A Filmoteca facilita os equipos de rodaxe necesarios para a elaboración do filme final. É necesario que o centro dispoña dun disco duro exclusivo para o proxecto onde arquivar todos os materiais que se van xerando. Tamén é recomendable dispoñer dun ordenador onde se poida instalar o programa informático co que se realizará a montaxe da película e algunha cámara sinxela con modo vídeo.

          • Ao finalizar o curso o equipo de Cinema en curso elabora unha publicación que recolle todas as películas realizadas (en Galicia e en outros territorios), publica na web do proxecto as películas para o seu visionamento e presenta a curtametraxe en diferentes Festivais especializados.

             

          Produto final (se o hai)

          • Os alumnos participantes elaborarán ao longo do curso:

            • Planos do mundo ao longo de todo o proceso. Serán planos colectivos realizados en pequenos grupos e tamén planos que farán de modo individual.

            • Unha curtametraxe documental realizada entre todo o grupo de modo colectivo, rotando permanentemente na rodaxe entre todos os cargos e consensuando entre todo o grupo o resto de decisións no proceso creativo.

            • Recollerán todos os procesos de creación nun espazo de cinema na aula, nun espazo virtual que compartirán na rede, no Diario dos obradoiros da páxina web do proxecto e de maneira indiviudal en cartafois de creación específicos para o proxecto.

           

          Criterios de avaliación da memoria final

           

          Criterios xerais do Plan Proxecta

          1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

          2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

          3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

          Criterios específicos

          4. Capacidade de compartir no Diario dos obradoiros (blog de Cine en curso) procesos de traballo e experiencias con outros centros e alumnado participante no proxecto.

          5. Capacidade de descubrir a través do cinema os valores patrimoniais, urbanísticos, sociais, culturais paisaxísticos e históricos da súa contorna.

          6.Capacidade de traballar en equipo e integrar a todo o alumnado.

           

          Selección de boas prácticas:

          Nesta ligazon á web de Cinema en curso pódense visionar os filmes realizados en Galicia nestes anos no marco do proxecto. En cada filme recóllese os alumnos que a realizaron, o proceso de creación ao longo do curso escolar, os referentes cinematográficos que lles inspiraron, os alumnos presentando a película na estrea final e a repercusión da película en festivais e medios.

          Gallego

          Tema: 

          Sección: 

          MeteoEscolas

          Ficha técnica

          Proxecta

          Institución:

          • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
            • Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.
              • Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, MeteoGalicia

          Ámbito: / meteoroloxía e climatoloxía /ciencia e tecnoloxía/ medio ambiente/ promoción da cultura / alfabetización audiovisual.
          Definición: o programa consiste en desenvolver un proxecto interdisciplinar relacionado coa meteoroloxía e o clima en Galicia, a partir da observación meteorolóxica na escola.

          Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo (equipo no que participarán o profesorado, o alumnado, as familias, as institucións do contorno etc.) no que terán que realizarse distintas actividades, directamente relacionadas coa meteoroloxía e o clima, involucrando ás distintas áreas do coñecemento (áreas do coñecemento: tanto de ciencias da natureza, física, química, matemáticas, bioloxía, ciencias sociais como os de linguas, plástica, música, educación física etc.).

          Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

          • ODS 13. Acción polo clima
          • ODS 4. Educación de calidade

          Temporización: curso completo
          Alumnado ao que vai dirixido: ESO, Bacharelato, FP, Primaria, Educación especial, Educación Infantil (sempre que estea acompañado dalgunha outra etapa educativa).
          Límite de centros participantes: 40 (aínda que podería chegar ata un máximo de 42 no caso dunha valoración similar de varios proxectos (solicitudes) presentadas.

          Límite de docentes participantes por centro: non se establece límite de profesorado participante. Con todo, o número de actividades debe ser proporcional ao número de profesores implicados. Ademais, todas as áreas educativas cuxos profesores forman parte do equipo do programa MeteoEscolas no centro deben achegar no proxecto final, polo menos, unha actividade por área.

          Límite de alumnado participante por centro:  non se establecen límites para o número de alumnos participantes

          Criterios de selección:

          1. Plan de traballo, especificando as actividades que se van realizar durante o curso, seguindo unha metodoloxía no marco da educación en proxectos: 0-5 puntos.
          2. Desenvolvemento das actividades nas distintas áreas educativas (interdisciplinariedade do proxecto): 0-3 puntos.
          3. Participación do maior número de alumnos, así como distintas etapas educativas, sempre que sexa posible: 0-2 puntos

          Responsables do programa:

          Nome: Natalia Solovieva Soloviev, María de los Ángeles Lago Núñez e Ana Lage González
          Departamento: Xestión de Proxectos / Observación e Climatoloxía / Predición Meteorolóxica
          Teléfono: 881 028 334 /  981 957 463 / 881 028 331
          Correo electrónico: administracion.meteogalicia@xunta.gal


          Xustificación

          O programa comezou no ano 2007 co obxectivo de promover unha cultura medioambiental baseada en coñecementos de meteoroloxía e climatoloxía nos centros educativos.

          Obxectivo

          Mellorar o coñecemento do alumnado en temas de meteoroloxía e clima e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, e da realización de diversas actividades nas distintas áreas educativas.

          Obxectivos específicos:

          Coa supervisión do profesorado, o alumnado, na medida do posible, tomará os datos de precipitación, temperaturas máxima e mínima na súa MeteoEscola. Estas tarefas son moi recomendables para a educación primaria e o primeiro ciclo da educación secundaria. Unha vez introducidos na web de MeteoGalicia, os datos permiten obter unha serie de estatísticas como a temperatura máxima media de cada mes, a precipitación acumulada, ademais doutros estudos. Isto tamén permitirá comparar estes datos con outras MeteoEscolas do arredor ou coas estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia. Ademais do traballo cos datos, realizaranse diferentes actividades, nas que participarán as diferentes áreas educativas, configurando un proxecto interdisciplinar.

          Desenvolvemento das competencias clave

          • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
          • Competencia dixital
          • Competencia en comunicación lingüística

          Palabras clave:

          Meteoroloxía e climatoloxía, ciencia e tecnoloxía, medio ambiente

          Metodoloxía e temporización:

          O proxecto MeteoEscolas ten como requisito necesario a realización de distintas actividades directamente relacionadas coa Meteoroloxía, involucrando ás distintas áreas do coñecemento. Deste xeito chegarase á adquisición das competencias básicas por parte dun equipo interdisciplinario que pode incluir tanto ao profesorado de ciencias da natureza, física, matemáticas, ciencias sociais como os de linguas, plástica, música, educación física entre outros, todo no marco dunha aprendizaxe baseada en proxectos.

          A difusión das actividades realizadas ao abeiro do programa permitirá trasladar as inquedanzas e os coñecementos do clima local ao contorno do centro escolar.

          A secuenciación das fases do programa por trimestres ou meses será acordada polo propio equipo do programa de MeteoEscolas do centro educativo.

          Actividades e recursos (formación, obradoiros, saídas, concursos, xornadas, visitas…)

          • Formación:

          Formación inicial do profesorado: haberá unha xornada de formación voluntaria para o profesorado ao comezo do curso (esta formación non se certifica como formación do profesorado).

          Lugar: MeteoGalicia

          Duración: 2-2,5 h

          Asesoramento continuo para o profesorado mediante correo electrónico e telefónico.

          • Propostas de actividades:

          Ao longo do curso desde MeteoGalicia propoñeranse aos centros participantes distintas actividades a realizar, que en ningún caso serán obrigatorias. Os traballos realizados polos centros educativos poderán ser difundidos polos medios propios de MeteoGalicia se os centros educativos así o desexan.

          • Saídas:

          Os centros participantes no programa MeteoEscolas terán prioridade para visitar MeteoGalicia e acudir a unha sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos e ó lanzamento dunha radiosondaxe.

          Observación: MeteoGalicia non se fai cargo do traslado do centro ás súas instalación.

          Importante: As comunicacións aos centros educativos enviaranse aos correos electrónicos corporativos dos mesmos (@ edu.xunta.gal).

          Produto final

          Será un resumo composto polas actividades* realizadas polo centro durante o curso no ámbito do programa MeteoEscolas. Estas actividades serán recollidas nunha memoria final concisa pero onde deben aparecer as evidencias do traballo realizado (ligazóns, fotografías, vídeos, etc.)

          * Exemplos actividades: estudos meteorolóxicos, gráficas, estatísticas, material audiovisual diverso, exposicións, realización de murais, instrumentos meteorolóxicos caseiros, predicións do tempo, refraneiros populares, vocabulario e expresións do tempo en distintos idiomas, o tempo na literatura e música, estudo da meteoroloxía en obras de arte, recoñecemento do tipo de nubes, concursos de fotografías, etc.

          Criterios de avaliación das memorias finais

          Criterios xerais do Plan Proxecta

          1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

          2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

          3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

          Criterio específico

          1. Actividades educativas realizadas ao longo do proxecto.

          Valorarase a calidade e orixinalidade das distintas actividades que realice o centro directamente relacionadas coa meteoroloxía. No momento da avaliación da memoria terase en conta a cantidade de profesores participantes, de xeito que o número de profesores involucrados deberá ser proporcional ao número de actividades que aparezan na memoria final. Así mesmo, debe haber polo menos unha actividade por cada área educativa cuxos profesores forman parte do equipo do programa MeteoEscolas no centro.

          A toma de datos meteorolóxicos considerarase como unha actividade máis a realizar se o centro desexa levala a cabo, aínda que moi recomendable. A avaliación desta actividade farase a través dos datos inseridos na web de MeteoGalicia tendo sempre en conta unha correcta colocación e mantemento da estación meteorolóxica do centro. Así mesmo, débese introducir na web da rede de MeteoEscolas a observación dos meteoros (treboada, néboa, etc.). Esta actividade soamente será avaliada se posteriormente se usan os datos recollidos para facer outras tarefas como estatísticas, climogramas ou outras actividades que englobe o proxecto.

          Ademais, apreciarase a comparativa dos datos recollidos no centro con datos de estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia ou doutros centros, con zonas climáticas distintas.

          2. Relación entre o número de actividades realizadas e o número de profesores adscritos ó programa.

          No momento da avaliación da memoria terase en conta a cantidade de profesores participantes, de xeito que o número de profesores involucrados deberá ser proporcional ao número de actividades que aparezan na memoria final. Así mesmo, debe haber polo menos unha actividade por cada área educativa cuxos profesores forman parte do equipo do programa MeteoEscolas no centro.

           

          Gallego

          Tema: 

          Sección: 

          Paisaxe e Sustentabilidade

          Ficha técnica

          Proxecta

          Institución:

          • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
            • Instituto de Estudos do Territorio

          Ámbito: medio ambiente
          Definición: o programa ten como obxectivo desenvolver coñecementos e recursos para comprender e interpretar as paisaxes próximas e cotiás a través dos seus elementos constitutivos, da súa diversidade e do seu valor cultural e simbólico, para desenvolver unha actitude responsable no marco da sustentabilidade e para desenvolver propostas que melloren a súa calidade.

          Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

          • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
          • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

          Temporización: curso completo
          Alumnado ao que vai dirixido: Infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP
          Límite de centros participantes: 30
          Criterios de selección:

          1. Idoneidade e calidade do proxecto. Seleccionaranse aqueles que mellor reflictan os contidos presentes nos Catálogos das Paisaxes de Galicia, das Directrices de Paisaxe de Galicia e que empreguen ferramentas cartográficas no desenvolvemento das actividades proxectadas.
          2. Grao no que se reflicten no proxecto as paisaxes próximas ao centro educativo e a súa contorna inmediata.
          3. Grao de innovación do proxecto polo emprego dos contidos das Guías da Colección Paisaxe Galega como recurso didáctico nas actividades proxectadas.
          4. Grao de implicación da comunidade educativa para afondar no coñecemento da contorna do centro, así como da paisaxe e do territorio próximo.
          5. Plan de difusión dos resultados dos traballos entre a comunidade educativa.
          6. Ter participado con anterioridade con memoria final validada

          Responsable do programa:

          Nome: Marcos Fernández Francos
          Departamento: Instituto de Estudos do Territorio
          Teléfono: 981 541 026
          Correo electrónico: marcos.fernandez.francos@xunta.gal


          Xustificación

          O programa Paisaxe e Sustentabilidade enmárcase no Convenio Europeo da Paisaxe; concretamente o artigo 6c sinala medidas específicas de formación e educación: “Cursos escolares e universitarios que, nas disciplinas correspondentes, aborden os valores relacionados coas paisaxes e as cuestións relativas á súa protección, xestión e ordenación”

          Así mesmo, a Lei 7/2008 de paisaxe de Galicia no artigo 14º.c Formación, sensibilización, educación e concertación, recolle que “A Xunta de Galicia fomentará a incorporación da materia da paisaxe nos distintos ciclos educativos, e promoverá a formación de especialistas en materia de intervención da paisaxe”.

          Por último, a Estratexia Galega da Paisaxe sinala diversas actividades encamiñadas á sensibilización, formación e divulgación da paisaxe.

          Así pois, Paisaxe e Sustentabilidade é unha iniciativa educativa que parte da idea de que vivimos inmersos nun territorio e nunha paisaxe que configura o escenario da nosa vida cotiá. As nosas accións, aínda que sexan mínimas poden mellorar ou empeorar o espazo onde habitamos. A paisaxe, que está constituída de moitos compoñentes (a percepción, a dimensión histórico-cultural, a físico-ecolóxica), é pois unha materia de estudo e reflexión.

          Obxectivos

          • Desenvolver a comprensión da paisaxe onde vive o alumnado a través do recoñecemento dos seus elementos constitutivos, diversidade natural, cultural, o valor simbólico e a importancia da preservación do territorio e da paisaxe.
          • Fomentar o estudo e a análise interdisciplinaria da paisaxe, relacionando os coñecementos curriculares das diferentes materias para que poña en marcha propostas innovadoras que desenvolvan a capacidade interpretativa sobre os espazos próximos e cotiáns.
          • Implementar pequenos proxectos de estudo, interpretación e intervención na contorna próxima que, liderados polo alumnado, incorporen a paisaxe como obxecto de aprendizaxe e constitúan unha mellora para a súa posta en valor.
          • Empregar ferramentas gráficas que permitan representar o espazo: cartografía, fotografía, audiovisual.
          • Potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinada co profesorado e integrando a participación da comunidade escolar e local no desenvolvemento do proxecto (pais, veciños etc.) e difundir na rede os mellores proxectos.

          Desenvolvemento das competencias clave

          • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
          • Competencia de aprender a aprender
          • Competencia dixital
          • Comunicación lingüística
          • Conciencia e expresións culturais

          Actividades

          Proposta de actividades:

          • Recoméndase desenvolver traballos cuxo obxectivo sexa acadar o coñecemento das paisaxes próximas e que se encamiñen a elaborar catálogos, exposicións e materiais divulgativos centrados nos elementos paisaxísticos (por exemplo miradoiros, sendas panorámicas, paisaxes urbanas, paisaxes singulares, áreas de especial interese paisaxístico etc.) presentes no ámbito próximo ao centro educativo.
          • Tamén se poderán desenvolver traballos e actividades onde se deseñen propostas de estudo e intervención nos espazos próximos (por exemplo, espazos públicos urbanos ou rurais) para, que de xeito participativo, se estuden os elementos que configuran as paisaxes cotiás.

          Recursos

          • Webs de referencia:
            • Convenio Europeo da Paisaxe: ligazón
            • Catálogo das Paisaxes de Galicia: ligazón
            • Directrices de Paisaxe de Galicia: ligazón
            • Guías da Colección Paisaxe Galega: ligazón
            • Web de información cartográfica da Xunta de Galicia: ligazón
            • Plan de Ordenación do litoral. Nesta páxina se poden atopar as fichas e as fotografías aéreas de todo o litoral de Galicia: http://www.xunta.es/litoral

          Produto final

          Como conclusión do proxecto elaborarase unha memoria final (en formato pdf ou blog) onde se describan e recopilen as accións e os traballos realizados durante o curso, acompañada de fotografías ou materiais audiovisuais onde se visualicen as actividades desenvolvidas. Na memoria final describiranse as actividades que desenvolveron para a súa difusión entre a comunidade educativa.

          Criterios de avaliación da memoria final

          Criterios xerais do Plan Proxecta

          1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

          2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

          3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

          Criterios específicos

          4. Grao de motivación e sensibilización do alumnado polo coñecemento e respecto pola paisaxe e pola sustentabilidade da súa contorna.

          5. Grao de desenvolvemento dos contidos relacionados coa paisaxe e a súa relación coas actividades realizadas.

          6. Difusión do traballo realizado polo alumnado no centro, comunidade educativa, fogares e localidade, para transmitir a capacidade de valorar e promover cambios para mellorar a paisaxe e a sustentabilidade da contorna.

           

          Gallego

          Tema: 

          Colectivo: 

          Sección: 

          Galicons-net

          Ficha técnica

          Proxecta

          Institución:

          • Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
            • Instituto Galego do Consumo e da Competencia

          Ámbito: consumo responsable / igualdade
          Definición:

          Galicons é un programa en materia de consumo responsable coa finalidade de promover a educación para un consumo responsable nos centros de ensino e motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado.

          Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre algunha das seguintes temáticas de consumo responsable:

          • Consumo e xénero
          • Linguaxe publicitaria
          • Comercio electrónico
          • Servizos financeiros
          • Etiquetaxe dos bens e produtos

          Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que elaborar un produto final, que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.

          Vinculación cos ODS da Axenda 2030

          • ODS 12. Produción e consumo responsable

          Temporización: curso completo

          Modalidades:

          a) Consumo e xénero

          b) Linguaxe publicitaria

          c) Comercio electrónico

          d) Servizos financeiros

          e) Etiquetaxe dos bens e produtos

          As modalidades son excluíntes.

          Alumnado ao que vai dirixido: educación infantil, educación primaria, ESO, FP, bacharelato, educación especial e educación de persoas adultas divididos nas seguintes categorías:

          • Categoría A: Alumnado de segundo ciclo de educación infantil y de educación primaria

          • Categoría B: Alumnado de educación secundaria obligatoria

          • Categoría C: Alumnado de bachillerato, de ciclos formativos de grado medio de formación profesional y de educación de personas adultas

          • Categoría D: Alumnado de educación especial

          Límite de centros participante: sen límite.

          Límite de alumnado participante por centro: sen límite

          Criterios de participación: pentencer aos cursos expostos.

          Criterios de selección: Calidade do proxecto presentado.

          Responsable do programa:

          Nome: Sol Mª Vázquez Abeal

          Departamento: Xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia

          Teléfono: 881 999093 / 881 999076

          Correo electrónico: igc.escuela@xunta.gal

           


          Obxectivos

          • Favorecer o tratamento da educación para o consumo responsable nos currículos das diferentes etapas e niveis de ensino regrado.
          • Difundir e promover os valores presentes nun consumo responsable e os dereitos como persoas consumidoras ou potenciais persoas consumidoras nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
          • Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elixir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos e coñecer os seus dereitos e deberes
          • Desenvolver o pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.

          Desenvolvemento das competencias clave

          • Competencia en aprender a aprender
          • Competencias sociais e cívicas

          Metodoloxía e temporización:

          Traballar o curso completo neste proxecto con actividades, formación, etc… relacionados coa temática escollida.

          Desenvolvemento do proxecto:

          O proxecto que deben desenvolver os centros debe ter as seguintes características básicas:

          • Ser un proxecto interdisciplinar.

          • Implicar o alumnado, o profesorado e o conxunto da comunidade educativa.

          • Implicar unha análise das diferentes fases e das actividades do traballo realizado e elaboración de conclusións que o alumnado participante comunicará e expoñerá a outros grupos non participantes no proxecto utilizando diferentes técnicas, ferramentas e recursos.

          • Propostas de actividades para as distintas modalidades:

          a) Consumo e xénero (xoguetes, xénero e publicidade; impacto das relacións de xénero no consumo; consumo e xénero: onte, hoxe e mañá …)

          b) Linguaxe publicitaria (publicidade na miña contorna; publicidade dirixida á adolescencia; perspectiva histórica da publicidade,...)

          c) Comercio electrónico (hábitos de consumo de comercio electrónico; seguridade no comercio electrónico; perspectiva histórica do comercio, …)

          d) Servizos financeiros (tipoloxía dos servizos financeiros: captación e inversión; identificación de servizos inseguros: créditos rápidos e cláusulas abusivas; perspectiva histórica dos servizos financeiros)

          e) Etiquetaxe dos bens e produtos (etiquetaxe dos bens e produtos de consumo en xeral; etiquetaxe dos produtos alimentarios; perspectiva histórica da etiquetaxe dos bens e produtos de consumo,…)

          Actividades e recursos

          Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

          • Formación: Guía inicial para Galicons.

          • Formación en PLATEGA:

          Carácter: Voluntario.

          Cursos ofertados:

          • G2301107 - Consumo e xénero. A publicicade na aula.

          Descrición: curso dirixido á análise crítica da publicidade e ao seu uso como recurso pedagóxico para o traballo en materia de consumo nas aulas e a adquisición de coñecementos para desenvolver na aula o traballo en materia de consumo desde unha perspectiva de xénero.

          Duración: 30 horas lectivas

          Temporización: 2º trimestre

          Prazas: 50

          • G2101064 - O comercio a distancia. Plan Proxecta

          Descrición: Curso dirixido á adquisición dos coñecementos precisos para facer compras seguras en internet e para dar a coñecer os dereitos que como persoas consumidoras lles asisten nestas modalidades on line de compras.

          Duración: 30 horas lectivas

          Temporización: 2º trimestre

          Prazas: 50

          • G2101030 - Consumo e finanzas dentro da aula. Plan Proxecta

          Curso dirixido á adquisición dos coñecementos básicos e as ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.

          Duración: 30 horas lectivas

          Temporización: 3º trimestre

          Prazas: 50

          • Obradoiros:

          Descrición: persoal técnico especializado en formación sobre consumo responsable impartirá un ou varios obradoiros especificamente deseñados en relación coa temática do proxecto.

          Carácter: voluntario

          Duración aproximada: 45 -60 minutos

          Modalidade: presencial

          Temporización: na data elixida polo centro entre os meses de outubro a abril

          Lugar: no lugar elixido polo centro educativo e/ou nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela.

          Matrícula: os centros inscritos no programa poderán solicitar a participación nos obradoiros directamente no correo electrónico igc.escuela@xunta.gal ou a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo www.consumo.xunta.gal. Para máis información chamar ao 881999091 e 881999075.

          Custo: no caso de que a actividade se realice no lugar designado polo centro educativo, a Escola Galega do Consumo asumirá os custos de realización do obradoiro. No caso de que a actividade se realice nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela, o centro educativo terá que asumir os custos de desprazamento e, no seu caso, manutención do alumnado.

          • Concursos

          Asociado a este programa convócase anualmente un concurso para todos os centros educativos participen ou non no programa Galicons

          Concederanse 4 premios en metálico de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.

           

          Produto final

           

          Elaboración dun produto final en formato libre que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.

          Criterios de avaliación da memoria final

          Criterios xerais do Plan Proxecta

          1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

          2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

          3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

          Criterios específicos do programa

          4. A adecuación do proxecto ás temáticas propostas en materia de consumo.

          5. A coherencia do traballo realizado cos obxectivos do proxecto e a claridade expositiva da memoria final

          6. A calidade, creatividade e orixinalidade dos materiais producidos.

           

           

          Selección de boas prácticas

          Gallego

          Tema: 

          Sección: 

          Consumópolis

          ProxectaFicha técnica

          Institución:

          • Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
            • Instituto Galego do Consumo e da Competencia

          Ámbito: consumo responsable / igualdade
          Definición:

          Consumópolis é un concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida, promovido polo Ministerio de Consumo e organizado na Comunidade Autónoma polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia. O concurso consta dunha fase autonómica e dunha fase estatal na que participarán os equipos gañadores da nosa comunidade autónoma.

          A participación no concurso materializarase a través das actividades que o alumnado deberá desenvolver na cidade virtual de Consumópolis (http://www.consumopolis.es) nunha primeira parte e nunha segunda parte a elaboración dun traballo colaborativo en equipo (exemplo: cómic, cartel publicitario, etc...) que se concretará na publicación autonómica do concurso.

          Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

          • ODS 12. Produción e consumo responsable

          Temporización: medio curso.
          Alumnado ao que vai dirixido: 5º ou 6º de educación primaria, ESO e FP básica. Participarán en grupos de cinco componentes. Un mesmo docente poderá coordinar varios equipos, pero os concursantes só poderán inscribirse nun equipo

          Establécense tres categorías de participación:

          • Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
          • Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
          • Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria ou de formación profesional básica.

          Límite de centros participante: sen límite.
          Criterios de selección:

          • Calidade do proxecto presentado.

          Responsable do programa:

          Nome: Sol Mª Vázquez Abeal

          Departamento: Xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia

          Teléfono: 881 999093 / 881 999076

          Correo electrónico: igc.escuela@xunta.gal


          Xustificación

          Este programa permita reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre diferentes aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar estatal e autonómico.

          Obxectivo xeral:

          Reflexionar de xeito consciente, crítico e solidario, sobre diferentes aspectos do consumo responsable mediante a participación nun xogo pedagóxico virtual e nun concurso escolar estatal e autonómico.

          Obxectivo específico:

          • Favorecer o tratamento da educación para o consumo responsable nos currículos das diferentes etapas e niveis de ensino regrado.
          • Promover a educación para un consumo responsable nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
          • Desenvolver no alumnado un pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.

          Desenvolvemento das competencias clave

          • Competencia en aprender a aprender
          • Competencias sociais e cívicas

          Metodoloxía e temporización:

          A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web https://consumopolis.consumo.gob.es/, seguindo as instrucións xerais que alí se establecen.

          A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

          Actividades e recursos

          Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

          • Formación: Guía inicial de Consumópolis.

          • Formación en PLATEGA:

          Carácter: Voluntario.

          Cursos ofertados:

          • G2301107 - Consumo e xénero. A publicicade na aula.

          Descrición: curso dirixido á análise crítica da publicidade e ao seu uso como recurso pedagóxico para o traballo en materia de consumo nas aulas e a adquisición de coñecementos para desenvolver na aula o traballo en materia de consumo desde unha perspectiva de xénero.

          Duración: 30 horas lectivas

          Temporización: 2º trimestre

          Prazas: 50

          • G2101064 - O comercio a distancia. Plan Proxecta

          Descrición: Curso dirixido á adquisición dos coñecementos precisos para facer compras seguras en internet e para dar a coñecer os dereitos que como persoas consumidoras lles asisten nestas modalidades on line de compras.

          Duración: 30 horas lectivas

          Temporización: 2º trimestre

          Prazas: 50

          • G2101030 - Consumo e finanzas dentro da aula. Plan Proxecta

          Curso dirixido á adquisición dos coñecementos básicos e as ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.

          Duración: 30 horas lectivas

          Temporización: 3º trimestre

          Prazas: 50

           

           

          • Obradoiros:

          Descrición: persoal técnico especializado en formación sobre consumo responsable impartirá un ou varios obradoiros especificamente deseñados en relación coa temática do proxecto.

          Carácter: voluntario

          Duración aproximada: 45 -60 minutos

          Modalidade: presencial

          Temporización: na data elixida polo centro entre os meses de outubro a abril.

          Lugar: no lugar elixido polo centro educativo e/ou nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela.

          Matrícula: os centros inscritos no programa poderán solicitar a participación nos obradoiros directamente no correo electrónico igc.escuela@xunta.gal ou a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo www.consumo.xunta.gal. Para máis información chamar ao 881999091 e 881999075.

          Custo: no caso de que a actividade se realice no lugar designado polo centro educativo, a Escola Galega do Consumo asumirá os custos de realización do obradoiro. No caso de que a actividade se realice nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela, o centro educativo terá que asumir os custos de desprazamento e, no seu caso, manutención do alumnado.

           

          • Concursos

          Convocatoria autonómica: 3 premios en metálico de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en 1º, 2º e 3º lugar por cada unha das categorías.

          Convocatoria nacional: Os 1º clasificados autonómicos representarán á CA de Galicia na convocatoria nacional. Os premios consistirán nun computador portátil ou tableta para cada un dos 5 concursantes e a persoa coordinadora do equipo gañador. Ademais, recibirán un diploma acreditativo. Os centros aos que pertenzan os equipos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e un diploma acreditativo.

          Entregarase un diploma a todos os participantes que finalicen a 1ª fase completando o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis.

           

          Produto final

          Realización dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

          Criterios de avaliación da memorias final

          Criterios xerais do Plan Proxecta

          1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

          2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

          3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

          Criterios específicos do programa

          4. A adecuación do proxecto ás temáticas propostas en materia de consumo.

          5. A coherencia do traballo realizado cos obxectivos do proxecto e a claridade expositiva da memoria final.

          6. A calidade, creatividade e orixinalidade dos materiais producidos.

          Selección de boas prácticas

          Web: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/proxectos/consumopolis

            Gallego

            Tema: 

            Sección: 

            Activistas polo mundo que queremos

            Ficha técnica

            Institución: Proxecta

            • Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

              • Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
                • Subdirección Xeral de Cooperación Exterior
              • ONGD: Solidariedade Internacional de Galicia, Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) e ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz)

            Ámbito: solidariedade/cidadanía global/ voluntariado
             

            Definición:

            Activistas polo mundo que queremos é un proxecto de Educación para a Cidadanía Global (ECG), que se desenvolve ao longo de todo o curso de xeito semipresencial (4 sesións presenciais no centro e 3 sesións de traballo mediante a aula virtual, sempre co apoio do equipo técnico das ONGD). O fin último do proxecto é concienciar sobre algunhas das principais desigualdades globais, incidindo na importancia de que todos e todas, como cidadáns e cidadás críticos/as que somos, actuemos para mudar estas situacións inxustas.

            Traballaranse os tres tipos de contidos (os coñecementos, as actitudes/ valores e as habilidades/ destrezas) para lograr así un aproveitamento óptimo do proxecto, alén de traballar no desenvolvemento dos resultados de aprendizaxe e das competencias clave.

            O alumnado participante poderá traballar na defensa dos Dereitos Humanos partindo da investigación arredor de catro liñas temáticas: a defensa do medio ambiente, o feminismo, a defensa das persoas do colectivo LGTBIQ+ e o activismo antirracista. Unha vez seleccionado e investigado un destes temas mediante as actividades da aula virtual, os mozos e mozas utilizarán a radio como ferramenta educomunicativa para presentarnos as súas propostas para facer do mundo un lugar mellor (os medios técnicos estarán facilitados polas entidades que conforman o proxecto, que tamén serán as encargadas de gravar e editar os guións que redacte o alumnado).

            Finalmente, o proxecto culmina coa “Visita Sur”, na cal os centros participantes reciben a visita de persoas activistas procedentes de contextos vulnerábeis, para dialogar coa mocidade sobre a importancia da participación social para mudar aquelas cuestións que nos oprimen. No seguinte enlace pódese apreciar, a modo de exemplo, a Visita Sur recibida no curso 2021/2022: Visita El Salvador.

            Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

            • ODS 10. Redución das desigualdades
            • ODS 4. Educación de calidade
            • ODS 5. Igualdade de xénero
            • ODS 13. Acción polo clima

            Temporización: curso completo

            Alumnado destinatario: alumnado de 1º, 2º,3º e 4º ESO e alumnado dos ciclos de formación profesional básica, grado medio e superior (recomendable para a familia profesional de Servizos Socioculturais e a Comunidade)

            Límite de centros participantes: 6

            Límite de docentes participantes por centro: 10

            Límite de alumnado participante por centro: 4 aulas/ 100 alumnos/as

            Criterios de selección:

            1.- Valorarase a súa vinculación co PEC no caso de institutos e có Proxecto Formativo no caso de CIFP e no caso de que non se integre nos mesmos, a súa integración nas materias do profesorado participante.

            2.- Terase en conta a representatividade do territorio galego.

            3.- O profesorado ten que impartir aulas nos grupos que participen.

            4.- Desenvolvemento do plan de traballo autónomo.

            5.- Especificación da responsabilidade de cada docente participante.

            Responsable do programa:

            Nome: Eloi Fernández Ramos

            Departamento: Solidariedade Internacional de Galicia

            Teléfono: 981 24 35 03 / 650 54 14 26

            Correo electrónico: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org


            Obxectivo xeral:

            Esta proposta pretende achegar ao profesorado e ao alumnado a realidade dos países empobrecidos e as dinámicas globais que perpetúan as situacións de desigualdade social tanto nos países do Sur Global como na nosa contorna máis próxima, e incidir en como todos e todas podemos facer algo para mudar estas situacións e construír o Mundo que Queremos.

            Obxectivos específicos:

            Para o alumnado

            • Facilitar coñecementos e habilidades sobre a participación e o activismo.
            • Crear un proxecto educomounicativo arredor dos contidos do proxecto.
            • Adquirir competencias para facer fronte aos problemas sociais e ambientais
            • Analizar os problemas sociais e ambientais locais e a súa incidencia no entorno global, para propoñer alternativas dende o local.
            • Desenvolver actividades para comunicar os problemas sociais e ambientais identificados na súa contorna próxima.

            Para o profesorado

            • Facilitar coñecementos e habilidades sobre os  contidos do proxecto
            • Explorar o nivel de coñecemento dos estudantes sobre as problemáticas sociais e ambientais do seu contorno.
            • Coñecer e empregar ferramentas e recursos pedagóxicos como a radio

            Desenvolvemento das competencias clave

            • Competencia en comunicación lingüística
            • Competencia dixital
            • Competencia en aprender a aprender
            • Competencias sociais e cívicas
            • Competencia en conciencia e expresións culturais

            Palabras clave:

            Activismo, participación, comunicación transformadora, igualdade, solidariedade, xustiza social.

            Metodoloxía e temporización

            Actividades e recursos

            Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

            • Formación:

            Estratexias innovadoras para traballar os activismos xuvenís.

            Será unha formación recoñecida polo CAFI; obrigatoria a asistencia dunha representación do profesorado de cada centro. Nesta xornada farase un recorrido polo proxecto, pola plataforma Moodle a utilizar, e un diagnóstico inicial da situación de partida de cada centro con respecto ao proxecto.

            Data: 19 de outubro de 2024.

            Lugar: Santiago de Compostela na EGAP

            Horario: 11:00 – 14:00 e de 15:00 a 18:00

            • Webs de referencia:

            · Web: Activistas polo Mundo que Queremos

            · Facebook: Facebook Activistas polo Mundo que Queremos

            · Instagram: InstagramActivistas polo Mundo que Queremos

            · Canle de YouTube: You Tube

            · Canle de Ivoox: Ivoox

            • Obradoiros:

            COÑECENDO E CONCIENCIÁNDONOS

            1. Que significa ser activista? Primeiro obradoiro presencial na aula (100 minutos) para dar a coñecer o proxecto, a aula virtual e achegarnos ao contido a traballar: que significa a palabra activismo e as características das persoas activistas. Tipos de activismos. Semanas do 11 ao 22 de novembro de 2024.
            2. Achegámonos aos activismos: Medioambiental, Xénero, LGTBIQ+, Antirracista. Sesión a través da aula virtual. Parada segunda do proxecto. Decembro de 2024.
            3. Comunicación transformadora. Analizaremos os medios de comunicación dende unha perspectiva crítica e de cidadanía global. Terceira parada do proxecto, presencial (100 minutos). Semanas do 8 ao 17 de xaneiro de 2025.

            PASANDO A ACCIÓN

            1. Comeza a acción: Realizamos os nosos guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado. Meses de xaneiro-febreiro 2025.
            2. Comeza a acción: Obradoiro radio. Creamos os nosos programas de radio activista. Parada quinta do proxecto. Presencial na aula (100 minutos). Mes de febrero-marzo 2025.
            3. Achegámonos a outros contextos socias. Distintas voces para unha mesma realidade. Coñecemos a labor de activistas que traballan en diversas esferas noutras partes do mundo. Parada seis do proxecto, a través da aula virtual. Marzo 2025.
            4. Encontros con activistas do Sur. Parada sete do proxecto, presencial na aula (100 minutos). Abril 2025.
            5. Socialización dos podcast e avaliación. Parada oito do proxecto (50 minutos). Maio-Xuño de 2025.

            Produto final

            O produto final será o programa de radio que locute o propio alumnado, quen tamén se encargará da redacción dos guións. Da edición dos programas encargarase a equipa técnica do proxecto.

            Criterios de avaliación da memoria final

            Criterios xerais do Plan Proxecta

            1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

            2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

            3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

            Criterios específicos

            4. Grao de participación (a lo menos no 70% das actividades) do alumnado na proposta educativa.

            5. Grao de protagonismo asumido polo alumnado na creación dun proxecto educomunicativo.

            6. Nivel de asunción de responsabilidades (coordinación de actividades realizadas tanto no centro como nas da aula virtual, participación activa nas mesmas, etc.) do profesorado no desenvolvemento do proxecto.

             

            Selección de boas prácticas:

            Gallego

            Tema: 

            Sección: 

            Donas de si

            Ficha técnica

            Institución:

            • Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral de Igualdade
              • Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

            Ámbito: igualdade/ educación emocional

            Definición:

            O programa Donas de si consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega e como punto de partida para traballar na aula a igualdade e os estereotipos de xénero.

            Vinculación cos ODS da Axenda 2030 :

            • ODS 5 Igualdade de xénero
            • ODS 4 Educación de calidade
            • ODS 10 Redución das desigualdades

            Temporización: curso completo
            Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato.
            Límite de centros participantes: 75

            Criterios de selección:

            Priorizarase a selección dos distintos colectivos:

            1. Centros públicos
            2. Non ter participado en anos anteriores.
            3. Centros que desenvolvan algunha outra acción con temática de igualdade (empoderamento, visibilidade de mulleres, rachar cos estereotipos, novas masculinidades, conciliación e corresponsabilidade...)
            4. Grao de innovación proposto no proxecto.

            Responsables do programa:

            Nome: Sonia Balado Segade
            Departamento: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
            Teléfono: 981 54 73 97                   
            Correo electrónico: sonia.balado.segade@xunta.gal


            Xustificación

            Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.

            Obxectivo xeral

            - Fomentar o empoderamento das mulleres e a deconstrución dos estereotipos de xénero como peza fundamental do desenvolvemento da sociedade galega.

            Obxectivos específicos:

            - Visibilizar e pór en valor a participación e a produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

            - Recoñecer o papel político, social, artístico, científico e cultural das mulleres e superar a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

            Palabras clave:

            • Competencias sociais e cívicas

            Outras: coeducación: Educación para a igualdade entre os dous sexos. Empoderamento: coñecemento, divulgación e análise de mulleres ocultadas e esquecidas na historia. Muller e ciencia: Orientación vital e preofesional libre de estereotipos

            Metodoloxía e temporización

            Búscase a aplicación dunha metodoloxía activa, un proceso de aprendizaxe interactivo baseado na comunicación do/a estudante co profesorado, co material didáctico, co medio e co resto de alumnado.

            Os concursos de carteis terán lugar no primeiro e segundo trimestre, as outras actividades poderán ser ao longo de todo o curso

            Actividades  e recursos

            O traballo dos centros neste programa pódese dirixir a cosntruír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia mediante:

            • o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia
            • o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade
            • o coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado

            Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

            - Formación en liña para o profesorado. A formación ten carácter voluntario. O profesorado participante no programa Donas de Si terá preferencia no proceso de selección dos cursos ofrecidos pola Secretaría Xeral de Igualdade na Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA).

            - Contacontos pola igualdade: Obradoiro para infantil e primaria que ofrece a Secretaría Xeral da Igualdade para que visibilice a mulleres galegas esquecidas e pouco coñecidas como referentes femininas.

            - Exposicións de préstamo para os centros de ensino:

            • “Elas escribiron a historia. Primeiras xornalistas”

            • “Mulleres científicas galardoadas co Premio Mª Josefa Woneneburger Planells”

            - Concursos: concurso de carteis do 8 de marzo e concurso de vídeos, lemas e carteis do 25 de novembro

            Para o desenvolvemento dos proxectos, os centros educativos contarán cos seguintes recursos:

            • Material didáctico: poderase utilizar o material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade e dispoñible no portal web da Secretaría Xeral da Igualdade: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/recursos-didacticos

              • Unidades didácticas:
              • Guías coeducativas:

                • "Guía coeduactiva para os centros escolares de Galicia". Pretende dar pautas para educar en igualdade ao alumnado de todas as etapas educativas, achegando exemplos, conceptos e actividades.
                • "Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade".Pretende amosarlle á infancia e á rapazada unha visión máis actual e igualitaria da sociedade a través da literatura, que lles permita mirar o mundo cunha mirada crítica dende o punto de vista do xénero e ver as desisgualdades e as discriminacións entre mulleres e homes.
                • “Aprende coas Mulleres Galegas” da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar ó alumnado de Primaria unha serie de actividades e de biografías para coñecer e afondar na vida das mulleres galegas, moitas delas descoñecidas, e que son refentes nos seu eidos.
                • "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.
                • “Os bolechas pola Igualdade”. Material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade para promocionar a igualdade entre as nenas e nenos no ámbito educativo e familiar. Este material está composto polo libro dos Bolechas pola Igualdade, unidade didáctica para traballar nas aulas e cadernos de actividades para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar.
                • “Xoguetes para a Igualdade - Os Bolechas”. Campaña dos Bolechas: "Xoguetes para a Igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”. A finalidade desta campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar contra os estereotipos de xénero.
            • Unidades didácticas sobre a historia do Feminismo para ESO e Bacharelato.
            • Dicionario sobre coeducación: ligazón
            • .https://www.educatolerancia.com/wp-content/uploads/2016/12/DiccionarioONLINE_DE_COEDUCACION-_pdf.pdf

             

            Produto final

            Os centros deberán presentar xunto coa memoria final un producto final de formato libre que permita constatar o desenvolvemento do proxecto, onde amosen todos os materias elaborados, talleres e actividades realizadas co alumnado durante o curso en relación ao programa: unha presentación, unha páxina web, un blog...

            Criterios de avaliación da memorias final

            Criterios xerais do Plan Proxecta+

            1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

            2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

            3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

            Criterios específicos

            4. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos ao dispor dos centros pola Secretaría Xeral da Igualdade.

            5. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.

            6. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.

            Gallego

            Tema: 

            Sección: 

            Programas 2024/25

            Proxecta


            Ficha resumo programas curso 2024-25

             

            Consellería de Sanidade

            1. Nutriescolas


            Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

            2. Proxectos de vida activa e deportiva - PVAD (modalidades DAFIS - Máis e Mellor Actividade Física - Móvete+ - XOGADE - Milla diaria - Camiña / en bici a escola)

            5. Activistas polo mundo que queremos

            6. Sementando coeducación dende o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida


            Consellería de Facenda e Administración Pública

            3. Aprendo programando

            4. Rapazas emprendedoras nas TIC


            Presidencia da Xunta de Galicia

            7. Vexo, veo Xacobeo


            Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

            8. Consumópolis

            9. Galicons-net

            12. Moitavista na Escola


            Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

            18. ProxectoTERRA


            Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

            13. Paisaxe e Sustentabilidade

            14. Mestres Gandeiros

            15. MeteoEscolas

            16. Rede de Eco Hortas Escolares  (PROGRAMA BIANUAL PARA OS CURSOS 2023/24-2024/25)

            17. Protexe o teu medio

            19. Recíclate con Sogama

            20. Proxecto Ríos

            21. Protexe os animais

            22. Naturézate

            23. Escola Verde 


            Consellería de Sanidade

            24. Clases sen fume

            25. Salvavidas

            26. Xente con Don

            27. Apuntámonos a non beber


            Consellería de Política Social e Igualdade

            10. Donas de si

            11. Por 365 días de respecto e igualdade

            28. Parlamento Xove

            31. Correspondentes xuvenís

            32. Quérote+


            Consellería do Medio Rural

            34. O monte vivo


            Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

            29. Rede de Centros Escolares Solidarios

            30. Voluntariado miúdo: Móvete!

            33. Pasaporte solidario 

            35. Nós tamén creamos!

            36. Fitofaladoiro

            37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística

            38. Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

            39. Proxecto didáctico Antonio Fraguas

            40. Cóntame un conto

            41. Cinema en curso (solicitudes pechadas para o curso 2024/25. Continúan os centros participantes no curso 2023/24)

            42. Fotografía en curso

            43. Educación patrimonial (modalidades: Mirando polo Camiño - Patrimonio Etnográfico da Ribeira Sacra -Terras Sacras (mosteiro e olería) - Museos e Patrimonio - Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning)


            Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

            44. Educación en dereitos da infancia e cidadanía global


            Ministerio do Interior

            45.  Mobilidade sostible e segura

            Gallego

            Tema: 

            Colectivo: 

            Sección: