Título node Learning object

Donas de si
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade
    • Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Ámbito: igualdade de xénero / educación emocional

Definición:

O programa Donas de si consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega e como punto de partida para traballar na aula a igualdade e os estereotipos de xénero.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030 :

  • ODS 5 Igualdade de xénero
  • ODS 4 Educación de calidade
  • ODS 10 Redución das desigualdades

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato, ciclos, adultos e ensinanzas de réxime especial.
Límite de centros participantes: 75

Criterios de selección:

Priorizarase a selección dos distintos colectivos:

  1. Centros públicos.
  2. Centros que imparten a materia de libre configuración "Igualdade de Xénero" en 1º ou 2º da ESO e “Coeducación para o século XXI” en bacharelato.
  3. Centros que desenvolvan algunha outra acción con temática de igualdade.
  4. Grao de innovación proposto no proxecto.
  5. Non ter participado en anos anteriores.

Responsables do programa:

Nome: Aurora Patiño Doval / Sonia Balado Segade
Departamento: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Teléfono: 981 95 76 89 / 981 54 73 97
Correo electrónico: aurora.patino.doval@xunta.gal / sonia.balado.segade@xunta.gal


Xustificación

Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.

Obxectivo xeral

- Fomentar o empoderamento das mulleres e a deconstrución dos estereotipos de xénero como peza fundamental do desenvolvemento da sociedade galega.

Obxectivos específicos:

- Visibilizar e pór en valor a participación e a produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

- Recoñecer o papel político, social, artístico, científico e cultural das mulleres e superar a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

Palabras clave:

  • Competencias sociais e cívicas

Outras: coeducación: Educación para a igualdade entre os dous sexos. Empoderamento: coñecemento, divulgación e análise de mulleres ocultadas e esquecidas na historia. Muller e ciencia: Orientación vital e preofesional libre de estereotipos

Metodoloxía e temporización

Búscase a aplicación dunha metodoloxía activa, un proceso de aprendizaxe interactivo baseado na comunicación do/a estudante co profesorado, co material didáctico, co medio e co resto de alumnado.

Os concursos de carteis terán lugar no primeiro e segundo trimestre, as outras actividades poderán ser ao longo de todo o curso

Actividades  e recursos

O traballo dos centros neste programa pódese dirixir a cosntruír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia mediante:

  • o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia
  • o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade
  • o coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

- Formación en liña para o profesorado. A formación ten carácter voluntario. O profesorado participante no programa Donas de Si terá preferencia no proceso de selección dos cursos ofrecidos pola Secretaría Xeral de Igualdade na Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA): G2301110

- Contacontos pola igualdade: Obradoiro para infantil e primaria que ofrece a Secretaría Xeral da Igualdade para que visibilice a mulleres galegas esquecidas e pouco coñecidas como referntes femininas.

- Exposicións de préstamo para os centros de ensino:

• “Elas escribiron a historia. Primeiras xornalistas”

• “Mulleres científicas galardoadas co Premio Mª Josefa Woneneburger Planells”

- Concursos: concurso de carteis do 8 de marzo e concurso de vídeos, lemas e carteis do 25 de novembro

Para o desenvolvemento dos proxectos, os centros educativos contarán cos seguintes recursos:

  • Material didáctico: poderase utilizar o material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade e dispoñible no portal web da Secretaría Xeral da Igualdade: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/recursos-didacticos

    • Unidades didácticas:
    • Guías coeducativas:

      • "Guía coeduactiva para os centros escolares de Galicia". Pretende dar pautas para educar en igualdade ao alumnado de todas as etapas educativas, achegando exemplos, conceptos e actividades.
      • "Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade".Pretende amosarlle á infancia e á rapazada unha visión máis actual e igualitaria da sociedade a través da literatura, que lles permita mirar o mundo cunha mirada crítica dende o punto de vista do xénero e ver as desisgualdades e as discriminacións entre mulleres e homes.
      • “Aprende coas Mulleres Galegas” da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar ó alumnado de Primaria unha serie de actividades e de biografías para coñecer e afondar na vida das mulleres galegas, moitas delas descoñecidas, e que son refentes nos seu eidos.
      • "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.
      • “Os bolechas pola Igualdade”. Material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade para promocionar a igualdade entre as nenas e nenos no ámbito educativo e familiar. Este material está composto polo libro dos Bolechas pola Igualdade, unidade didáctica para traballar nas aulas e cadernos de actividades para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar.
      • “Xoguetes para a Igualdade - Os Bolechas”. Campaña dos Bolechas: "Xoguetes para a Igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”. A finalidade desta campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar contra os estereotipos de xénero.
  • Unidades didácticas sobre a historia do Feminismo para ESO e Bacharelato.
  • Dicionario sobre coeducación: ligazón
  • .https://www.educatolerancia.com/wp-content/uploads/2016/12/DiccionarioONLINE_DE_COEDUCACION-_pdf.pdf

 

Produto final

Os centros deberán presentar xunto coa memoria final un producto final de formato libre que permita constatar o desenvolvemento do proxecto, onde amosen todos os materias elaborados, talleres e actividades realizadas co alumnado durante o curso en relación ao programa: unha presentación, unha páxina web, un blog...

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta+

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos ao dispor dos centros pola Secretaría Xeral da Igualdade.

5. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.

6. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Selección de boas prácticas 2021/22:

Menús Learning object node R

Sección