Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Donas de si

Donas de si [1]

Enviado por planproxecta a Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

[2]

Institución:

  • Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral de Igualdade
    • Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Ámbito: igualdade/ educación emocional

Definición:

O programa Donas de si consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega e como punto de partida para traballar na aula a igualdade e os estereotipos de xénero.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030 :

  • ODS 5 Igualdade de xénero
  • ODS 4 Educación de calidade
  • ODS 10 Redución das desigualdades

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato.
Límite de centros participantes: 75

Criterios de selección:

Priorizarase a selección dos distintos colectivos:

  1. Centros públicos
  2. Non ter participado en anos anteriores.
  3. Centros que desenvolvan algunha outra acción con temática de igualdade (empoderamento, visibilidade de mulleres, rachar cos estereotipos, novas masculinidades, conciliación e corresponsabilidade...)
  4. Grao de innovación proposto no proxecto.

Responsables do programa:

Nome: Sonia Balado Segade
Departamento: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Teléfono: 981 54 73 97                   
Correo electrónico: sonia.balado.segade@xunta.gal [3]


Xustificación

Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.

Obxectivo xeral

- Fomentar o empoderamento das mulleres e a deconstrución dos estereotipos de xénero como peza fundamental do desenvolvemento da sociedade galega.

Obxectivos específicos:

- Visibilizar e pór en valor a participación e a produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

- Recoñecer o papel político, social, artístico, científico e cultural das mulleres e superar a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

Palabras clave:

  • Competencias sociais e cívicas

Outras: coeducación: Educación para a igualdade entre os dous sexos. Empoderamento: coñecemento, divulgación e análise de mulleres ocultadas e esquecidas na historia. Muller e ciencia: Orientación vital e preofesional libre de estereotipos

Metodoloxía e temporización

Búscase a aplicación dunha metodoloxía activa, un proceso de aprendizaxe interactivo baseado na comunicación do/a estudante co profesorado, co material didáctico, co medio e co resto de alumnado.

Os concursos de carteis terán lugar no primeiro e segundo trimestre, as outras actividades poderán ser ao longo de todo o curso

Actividades  e recursos

O traballo dos centros neste programa pódese dirixir a cosntruír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia mediante:

  • o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia
  • o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade
  • o coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

- Formación en liña para o profesorado. A formación ten carácter voluntario. O profesorado participante no programa Donas de Si terá preferencia no proceso de selección dos cursos ofrecidos pola Secretaría Xeral de Igualdade na Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA).

- Contacontos pola igualdade: Obradoiro para infantil e primaria que ofrece a Secretaría Xeral da Igualdade para que visibilice a mulleres galegas esquecidas e pouco coñecidas como referentes femininas.

- Exposicións de préstamo para os centros de ensino:

• “Elas escribiron a historia. Primeiras xornalistas”

• “Mulleres científicas galardoadas co Premio Mª Josefa Woneneburger Planells”

- Concursos: concurso de carteis do 8 de marzo e concurso de vídeos, lemas e carteis do 25 de novembro

Para o desenvolvemento dos proxectos, os centros educativos contarán cos seguintes recursos:

  • Material didáctico: poderase utilizar o material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade e dispoñible no portal web da Secretaría Xeral da Igualdade: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/recursos-didacticos [4]

    • Unidades didácticas:
      • "María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo [5]".
      • "Concepción Arenal. A visitadora de cárceres [6]".
      • "A escaleira desigual. A condesa rebelde [7]". Sobre Emilia Pardo Bazán.
    • Guías coeducativas:

      • "Guía coeduactiva para os centros escolares de Galicia". Pretende dar pautas para educar en igualdade ao alumnado de todas as etapas educativas, achegando exemplos, conceptos e actividades.
      • "Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade".Pretende amosarlle á infancia e á rapazada unha visión máis actual e igualitaria da sociedade a través da literatura, que lles permita mirar o mundo cunha mirada crítica dende o punto de vista do xénero e ver as desisgualdades e as discriminacións entre mulleres e homes.
      • “Aprende coas Mulleres Galegas” [8] da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar ó alumnado de Primaria unha serie de actividades e de biografías para coñecer e afondar na vida das mulleres galegas, moitas delas descoñecidas, e que son refentes nos seu eidos.
      • "Coñecendo as nosas deportistas" [9] da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.
      • “Os bolechas pola Igualdade” [10]. Material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade para promocionar a igualdade entre as nenas e nenos no ámbito educativo e familiar. Este material está composto polo libro dos Bolechas pola Igualdade, unidade didáctica para traballar nas aulas e cadernos de actividades para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar.
      • “Xoguetes para a Igualdade - Os Bolechas” [11]. Campaña dos Bolechas: "Xoguetes para a Igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”. A finalidade desta campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar contra os estereotipos de xénero.
  • Unidades didácticas sobre a historia do Feminismo para ESO e Bacharelato.
  • Dicionario sobre coeducación: ligazón [12]
  • .https://www.educatolerancia.com/wp-content/uploads/2016/12/DiccionarioONLINE_DE_COEDUCACION-_pdf.pd [13]f [13]

 

Produto final

Os centros deberán presentar xunto coa memoria final un producto final de formato libre que permita constatar o desenvolvemento do proxecto, onde amosen todos os materias elaborados, talleres e actividades realizadas co alumnado durante o curso en relación ao programa: unha presentación, unha páxina web, un blog...

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta+

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos ao dispor dos centros pola Secretaría Xeral da Igualdade.

5. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.

6. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Gallego

File: 

PDF icon Unidade didáctica sobre María Wonembruger [14]

Website: 

Acceso á web [15]

Tema: 

Plan Proxecta [16]

Sección: 

Innovación [17]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9615

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9615
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
[3] mailto:sonia.balado.segade@xunta.gal
[4] http://igualdade.xunta.gal/gl/content/recursos-didacticos
[5] http://igualdade.xunta.es/es/content/unidad-didactica-maria-wonenburger-unha-cientifica-adiantada-ao-seu-tempo
[6] http://igualdade.xunta.gal/es/campanas/unidad-didactica-unha-voz-rompedora-concepcion-arenal-visitadora-de-carceres
[7] http://igualdade.xunta.gal/es/campanas/escaleira-desigual-condesa-rebelde
[8] http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aprende-coas-mulleres-galegas
[9] http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/conecendo-nosas-deportistas
[10] http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/os-bolechas-pola-igualdade
[11] http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/xoguetes-para-igualdade-os-bolechas
[12] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2017/09/26/37cfa2a39672ded599bfbf6d826aafe8.pdf
[13] https://www.educatolerancia.com/wp-content/uploads/2016/12/DiccionarioONLINE_DE_COEDUCACION-_pdf.pdf
[14] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2015/08/11/b86759993a5e1830fa91b44d363e2c69.pdf
[15] http://igualdade.xunta.es/gl/programas/plan-proxecta
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/705
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/403