Título node Learning object

Xente con Don
Xov, 28/04/2016 - 12:01

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade

    • Dirección Xeral de Saúde Pública

    • Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles

Ámbito: saúde sexual / educación emocional / igualdade / hábitos saudables

Definición:

A finalidade do programa Xente con Don é a de proporcionar ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional (grao básico e medio) coñecementos básicos sobre as principais Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) incluíndo as medidas de prevención respecto delas

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO (3º e 4º), bacharelato, e ciclos de formación profesional de grao básico e medio.
Límite de centros participantes: sen límite

Límite de docentes participantes por centro: Mínimo de docentes participantes dous. Un dos docentes será especialista da área de bioloxía.

Criterios de selección:

Adecuación do proxecto presentado á metodoloxía e fins do Programa Xente con Don.

Criterios de exclusión:

  • Se o equipo docente participante non conta polo menos cun profesor/a da área de bioloxía.
  • Alumnado que xa realizou o programa Xente con Don en anos anteriores.

Responsables do programa

Nome: Rogelio Lema Mougán e Sonia Touceda Taboada.

Departamento: Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles

Teléfono: 881 542914

Correo electrónico: plan.vih.its@sergas.es


Xustificación

O programa xurdiu pola necesidade de mellorar a información e coñecemento da mocidade respecto das Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) e das medidas de prevención para evitalas ou diagnosticalas precozmente.

No Plan galego anti VIH/sida e outras ITS, detectouse un incremento das infeccións de transmisión sexual. Por esta razón deseñáronse varias liñas de actuación para mellorar esta situación. Unha destas liñas e ampliar a información e o coñecemento das poboacións máis novas con intervencións no ámbito educativo como unha formación básica de carácter transversal.

Obxectivos

  • Elevar o coñecemento da mocidade respecto das ITS, dos seus mecanismos de prevención, recoñecemento de situacións de risco e síntomas ou signos frecuentes destas infeccións.
  • Beneficiar ao grupo ao aumentar o coñecemento individual sobre as ITS para pola transferencia de información entre pares; de tal modo que a información se vexa amplificada no grupo da poboación obxectivo.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívica

Actividades

Os centros educativos promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que realizar varias etapas (estas etapas organizaranse ao longo do curso como determine o equipo docente do centro segundo a súa programación e dispoñibilidade) :

Desenvolvemento do programa unha vez admitida a solicitude no Plan Proxecta:

  • 1º Avaliación individual de coñecementos sobre ITS que ten o alumnado.

O Plan galego anti VIH/sida e outras ITS do de Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles facilitará un modelo de formulario de preguntas test sobre ITS que pode utilizarse para facer esta avaliación. Este mesmo formulario volverá a usarse para medir os coñecementos adquiridos polo alumnado cando finalice o programa.

Calcularase, por parte do equipo docente, a media de puntos obtidos polos estudantes distribuída por aula e centro.

  • 2ª Recompilación de información sobre ITS.

Formaranse grupos de alumnado, e repartiranse tarefas de busca de información sobre ITS asignando a cada grupo dúas ou tres ITS.

O Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles facilitará un temario breve cos coñecementos que sería desexable que adquirisen os estudantes durante a realización do programa.

  • 3ª Preparación da exposición

Os grupos de alumnado realizarán unha presentación (tipo Power Point, Impress...) sobre ás ITS que traballaron ou un vídeo de corta duración para poder ser exposta aos seus compañeiros e compañeiras.

  • 4º Exposición dos traballos realizados aos seus compañeiros e compañeiras.

Valoración(p.e. 1-10 puntos) dos traballos expostos:

* Individualmente polo propio alumnado, do traballo de cada un dos grupos.

* Polo docente que dirixiu os grupos.

Establecerase unha puntuación media entre a valoración do alumnado e a do docente.

  • 5ª Avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado volvendo a pasar o test individualmente, de coñecementos de ITS que se pasou ao inicio da actividade.

Calcularase, por parte do equipo docente, a media de puntos obtidos polo alumnado distribuída por aula e centro.

  • 6º Elaboración da memoria

Redacción, por parte do equipo docente dunha breve memoria sobre as actividades realizadas. Incluirá os datos acadados na puntuación da avaliación distribuída por aula e centro. Xuntarase a esta memoria os dous traballos (powerpoint, impress, pdf, video etc) máis puntuados polo alumnado e profesorado.

  • 7ª Envío da memoria

A memoria final do programa cos traballos seleccionados enviaranse ao Plan galego anti VIH/sida e outras ITS plan.vih.its@sergas.es

Recursos

O Plan anti VIH/sida e outras ITS enviará aos centros participantes:

  • Enquisa para analizar os coñecementos previos e posteriores á realización do Programa Xente con Don.

  • Documento coa información sobre ITS que o alumnado debería coñecer tras o desenvolvemento do programa Xente con Don

Webs de referencia:

Outros: canle Sex Invaders en Facebook, Instagram e Blog

    Produto final

    Produto final de formato libre (vídeo, presentación, videoxogo, curtametraxe,...) que reflicta as actividades realizadas ao abeiro do programa.

    Criterios específicos para a avaliación da memoria final

    Criterios xerais do Plan Proxecta

    1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

    Criterios específicos

    4. Datos de pre-avaliación e avaliación final de coñecementos sobre ITS adquiridos de maneira grupal: Calcularase a nota media das pre-avaliacións e avaliacións finais da/s aula/as e do centro valorada de 1-10 puntos.

    Utilizarase como ferramenta de medida as preguntas test propostas polo Plan galego anti VIH/sida e outras ITS.

    5. Elaboración dun vídeo ou presentación. Enviaranse, como máximo, as dúas mellor valoradas polo alumnado e docentes do centro.

    Valoraranse por parte do programa Xente con Don a calidade do traballo realizado polos alumnos e alumnas dos centros participantes.

    6. Número do alumnado participante distribuído por sexo e por aulas. Número de profesorado que participou no equipo do centro educativo, distribuído por sexo e áreas de coñecemento.

    Menús Learning object node R