Gallego

Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2014/2015

Gallego

Este programa se desenvolve no marco do Plan eduemprende como unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos e de bacharelato dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.

A actividade emprendedora como chave para o teu futuro.


Que se pretende acadar?

  • Actualizar os conceptos de empresario, emprendedor e actividade emprendedora.
  • Achegar a realidade emprendedora ao centro educativo coa presenza activa do persoal técnico do IGAPE e dunha persoa emprendedora que de a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal.
  • Por en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula.
  • Dar a coñecer entidades que orienten, axuden e sirvan de soporte para a canalización da iniciativa dos emprendedores.

A quen vai destinado?

  • Alumnado de segundo curso de ciclos formativos de grao medio e superior e de bacharelato que estean a cursar “Economía”e “Economía da empresa” de centros sostidos con fondos públicos de Galicia que desenvolven proxectos de empresa nalgunha materia dos seus currículos.
  • Os centros seleccionados pertencen ás catro provincias.

Colectivo: 

Sección: 

Cultura e Educación pon en marcha a quinta edición do programa ‘Navega con rumbo’ para guíar aos mozos e mozas no uso seguro e responsable da internet

O conselleiro Xesús Vázquez Abad asinou un convenio de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática para o desenvolvemento dun proxecto que instrúa aos escolares fronte aos riscos do ciberespazo

Levaranse a cabo accións formativas e divulgativas en 240 centros Abalar de toda Galicia

Desde a súa posta en marcha hai catro anos, xa foron 650 os centros escolares dixitalizados os que se beneficiaron desta iniciativa

Gallego
O conselleiro Xesús Vázquez Abad asinou un convenio de colaboración co Colexio P
O conselleiro Xesús Vázquez Abad asinou un convenio de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) vai poñer en marcha, por quinto ano consecutivo, o programa ‘Navega con Rumbo’, enmarcado dentro do proxecto Abalar, e que ten por obxecto concienciar aos escolares galegos no uso responsable da Internet.

Trátase, en definitiva, de guiar aos mozos e mozas cara unha navegación segura e útil co fin de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou doutros riscos derivados dun mal uso das redes sociais. Ademais, tamén se fai partícipe das recomendacións aos profesores e aos pais e nais na medida en que se poidan converter en transmisores de boas prácticas de cara aos rapaces e rapazas.

Segundo establece o protocolo asinado hoxe entre o conselleiro Xesús Vázquez Abad e o presidente do colexio de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez, o CPEIG levará a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración entre toda a comunidade educativa en 240 centros Abalar seleccionados (20 máis que na pasada edición), entre os cales terán prioridade aqueles que participan no proxecto de educación dixital E-Dixgal, posto en marcha este mesmo curso.

O programa estará apoiado polas Guías de Boas Prácticas elaboradas polo CPEIG, dirixidas tanto ao alumnado coma ás familias e ao profesorado, que se poderán descargar en formato electrónico na web do programa www.navegaconrumbo.es, web na que tamén estará a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa.

Balance do programa

Está é a quinta edición de “Navega con Rumbo” tras a súa posta en marcha hai catro anos cun balance de 650 accións realizadas noutros tantos centros educativos desde o curso 2010-2011.

O ‘Navega con Rumbo’ ven a complementar o proxecto Abalar posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación co fin de aproveitar as potencialidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación aplicadas ao eido educativo. Trátase, por tanto, de que a comunidade educativa rendibilice as infraestruturas, os contidos e as ferramentas dixitais dispoñibles a prol dunha mellora continua da calidade do noso sistema educativo.

Sección: 

Propostas de "Educación en valores" de "Aldeas Infantiles SOS España"

“Aldeas Infantiles SOS España”, na súa sección EDUCA ofrece propostas útiles e orixinais para traballar a educación en valores, como resposta á necesidade de fomentar este tipo de educación desde a infancia para que as próximas xeracións teñan unha base sólida desde a que responder con xenerosidade e eficacia aos retos que a súa época lles ofreza.
Así, esta organización internacional, ofrece á comunidade educativa dúas propostas:

  • Programas educativos de educación en valores, onde pódense descargar materiais adaptados por tramos de idade e con múltiples opcións para que cada docente poda elixir os materiais máis útiles, con interesantes vínculos e pezas de vídeo para proxectar desde o encerado dixital.
  • Menudo dilema! Espazo para nenos e nenas, adolescentes, familias e educadores que lles permite reflexionar, debater, tomar decisións e madurar xuntos. Proponse unha situación ficticia pero moi próxima os que viven cada día, que serva par xogar, elixir e lograr que cada un se mostre tal e como é, aprendendo como ser mellor persoa.
Gallego
Aldeas infantiles SOS España

O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 42 novos contidos educativos en formato dixital

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.155 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.

Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:

  • Das licenzas de formación durante os cursos 2012/13 ou 2013/14 de: Mª Isabel Álvarez Matas, Juan Ramón Vázquez Pis, Ramón Noche Fraga, Miguel Carricova Armesto, José Manuel Blanco Guimarey, José Antonio Garabatos, Jorge Pedrosa, José Fernández Maneiro, Juan Bautista Ramos Saíñas, Antonio Balboa Salgado, Miguel Ángel Valín Martín, Giada Maria Barcellona, María Cristina González Piñeiro, Raquel López Rodríguez, Silvia Iglesias González, Manuel Rosales Graña, Ana Mª Rial Aparicio.
  • De recursos de docentes que empregaron o procedemento de cesión de dereitos para compartir os seus materiais: Senén Olano Alvarez, José Manuel Míguez Rodríguez e Susana Rútolo Brantuas.
  • Das actividades formativas en centros do: PFPP de Melide, GT Pacalama e CEIP da Ramallosa

 

Os recursos publicados son os seguintes:

A arquitectura barroca compostelá (BACH) (1º Bacharelato)

A arquitectura barroca compostelá (ESO) (1º ESO)

A atmosfera: o clima (1º ESO)

A competencia comunicativa en 1º e 2º de ESO (1º ESO)

A hidrosfera. As augas do planeta (1º ESO)

A poboación de Galicia (5º EP)

A vaca que puxo un ovo (1º EP)

Aller-retour: histoire d'un voyage - De retour à la maison (2º ESO)

Aller-retour: histoire d'un voyage - Préparatifs (2º ESO)

Aller-retour: histoire d'un voyage - Sur Place (1º parte) (2º ESO)

Aller-retour: histoire d'un voyage - Sur Place (2º parte) (2º ESO)

As formas (6º Infantil)

At school (1º ESO)

Be going to, imperative sentences. Sports (2º ESO)

Cinema (1º ESO)

Comparatives. Climate change (2º ESO)

Coñezo Galicia (1º ESO)

Countable and uncountable nouns (2º ESO)

Educación Plástica e Visual - 4º ESO (4º ESO)

Hábitos saudables (5º EP)

In the city (1º ESO)

Is there anyone under your bed? (5º EP)

Juegos de lengua castellana y literatura (2º ESO)

Los Papas (1º ESO)

Medrando (1º ESO)

Myths (1º ESO)

O planeta Terra (1º ESO)

O relevo terrestre (1º ESO)

Past Continuous and Relief (2º ESO)

Present Continuous. At home (2º ESO)

Present Perfect (2º ESO)

Simple future, first conditional. Numbers and dates (2º ESO)

Simple Past. Emotions & Life events (2º ESO)

Simple Present and Everyday Objects (2º ESO)

The new teacher (5º EP)

Titorial LibreOffice: Calc (3º ESO)

Titorial LibreOffice: Impress (3º ESO)

Titorial LibreOffice: Writer (3º ESO)

Under the sea (1º ESO)

Wakanda (5º EP)

Xeacronos (1º ESO)

Xogos de Ciencias da Natureza (2º ESO)

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.

Acceder ao procedemento

Acceso ao Repositorio Abalar

Gallego
Repositorio ABALAR

Sección: 

Amplíase o prazo de solicitude para participar no Plan Proxecta conforme o establecido nas bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos durante o curso escolar 2014/15

Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se amplía o prazo de solicitude para participar no Plan Proxecta conforme o establecido na Resolución do 20 de maio de 2014 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2014/15.

  • Amplíase ata o 15 de outubro de 2014, inclusive, o prazo de solicitude

Tema: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación impulsa a dixitalización das aulas do rural escollendo o CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio para a implantación en Galicia do proxecto ‘Samsung Smart School’

A iniciativa suporá que 2 aulas do centro conten cunha tableta para cada alumno e para o profesor, así como cun dispositivo para a proxección das pantallas das mesmas

O CEIP é un dos 52 escollidos en todo o Estado español para esta iniciativa

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación impulsa a dixitalización das aulas do rural
A Consellería de Cultura e Educación impulsa a dixitalización das aulas do rural escollendo o CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio para a implantación en Galicia do proxecto ‘Samsung Smart School’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse esta semana co director do departamento de Public Affairs & Corporate Citizenship de Samsung, Francisco Hortigüela, para pechar os detalles da implantación en Galicia da iniciativa ‘Samsung Smart School’, en concreto no CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio (Ourense). Ao propoñer este colexio para a implantación do programa o departamento educativo da Xunta de Galicia reitera o seu compromiso co rural, favorecendo a chegada aos seus centros educativos das novas tecnoloxías e do ensino plurilingüe. Proba delo é que este mesmo CEIP pertence á Rede de Centros Plurilingües desde o curso 20103-2011 – o primeiro de posta en marcha da iniciativa-, tendo así á súa disposición un auxiliar de conversa nativo.

No encontro participaron, ademais, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; María Sánchez Vargas, do departamento de Public Affairs & Corporate Citizenship de Samsung; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; e Javier Valiente, consultor de Samsung Electronics. A xuntanza serviu tamén para abordar posibles novas vías de colaboración entre a compañía e a Consellería no eido educativo.

Dotación tecnolóxica

O CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio será un dos 52 centros educativos de todo o Estado español que participen neste proxecto de aplicación didáctica das tecnoloxías, ao abeiro do convenio asinado pola compañía e o Ministerio de Cultura, Educación y Deporte. O obxectivo do proxecto é impulsar a aprendizaxe do alumnado a través das novas tecnoloxías, centrándose na ruptura da fenda dixital, nos casos de centros que se vexan afectados por circunstancias desfavorables como o feito de estar situado no rural, ter unha alta taxa de abandono educativo temperán ou contar cun entorno económico cunha alta ratio de desemprego. Así mesmo, promóvese a implantación desta iniciativa en centros que teñan alumnas e alumnos de educación especial. A iniciativa desenvolveras nos cursos de 5º e 6º de Primaria durante o curso 2014/2015 e ten previsto chegar a máis de 1.000 alumnas e alumnos e a uns 200 docentes.

A implantación do ‘Samsung Smart School’ no CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio suporá a instalación no centro de 2 aulas con cadansúa tableta por profesor. Ademais cada estudante terá a súa propia tableta, que terá instalado software de Xestión de Aula (Samsung School)+ MDM de xestión remota, e incorporará o espazoAbalar e as aplicacións educativas das que dispoña o Ministerio. A dotación completarase con 2 carritos de carga e seguridade e con 2 dispositivos para a proxección wireless desde as tabletas.

Formación do profesorado e avaliación

O proxecto leva consigo ademais un programa de formación do profesorado que combina as modalidades en liña e presencial. Así, durante o primeiro trimestre deste curso o profesorado implicado realizará un curso a través do que deseñarán un proxecto para empregar a tecnoloxía Samsung co alumnado. A partires dese momento, Samsung ofrecerá no propio centro 7 sesións presenciais de formación técnica e sobre a aplicación pedagóxica ds ferramentas.

Ao longo do programa mediranse tanto a aceptación e o uso da tecnoloxía como a incorporación de dinámicas colaborativas e o uso de contidos para a elaboración dunha avaliación final da que se extraerán pautas coas que se elaborará o ‘Libro Blanco de la Smart Educationen España’, destinada a ser unha guía para os centros que desexen incorporar este tipo de tecnoloxía nas súas aulas.

Ensinanza: 

Sección: 

Os programas do Plan Proxecta de innovación educativa, coordinado por Cultura e Educación, implantáronse xa no 35% dos centros educativos de Galicia no seu segundo ano de desenvolvemento

Máis de 86.000 estudantes participaron nos distintos programas educativos nos que se implicaron 7 consellerías e a Presidencia da Xunta de Galicia.

Os proxectos presentados fortalecen o uso das novas tecnoloxías entre os alumnos á vez que potencian a innovación educativa entre o profesorado

Gallego
Os programas do Plan Proxecta de innovación educativa, coordinado por cultura e
Os programas do Plan Proxecta de innovación educativa, coordinado por cultura e educación, implantaronse xa no 35% dos centros educativos de galicia no seu segundo ano de desenvolvemento

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordinou no curso 2013/2014 o Plan Proxecta, no que participaron 86.128 alumnos e alumnas de 433 centros galegos, cun total de 5.134 profesoras e profesores implicados nun total de 871 proxectos. Isto supón que o 35% dos centros de ensino galego participaron no seu segundo ano de desenvolvemento do Plan, involucrando ao 22,6% dos estudantes galegos e ao 15,56% do profesorado. Respecto ao curso anterior o Plan Proxecta incrementou un 31,3% do alumnado participante, e case un 28% do profesorado implicado, dos que foron emitidos 2.931 certificados de innovación dun total de 3.699 profesores que cooperaron nestas actividades, o que representa case o 80% do profesorado partícipe. Ademais o número de programas desenvolvidos pasou de 18 a 25 e no vindeiro curso serán 28. A solicitude de participación no devandito Plan está aberta ata o 30 de Setembro deste ano.

Obxectivos xerais do Plan Proxecta

O Proxecta procura ofrecer á comunidade galega programas de diferentes ámbitos que fomenten a innovación educativa, constituír un marco xeral de colaboración para presentar todos os programas implicados dun xeito estruturado, ademais de fixar uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns dirixidos á creación de proxectos de innovación que desenvolvan as competencias e os valores. O Plan tamén establece unhas pautas comúns en relación co recoñecemento das tarefas do profesorado nestes proxectos, ademais de establecer uns modelos unificados en relación ao seu traballo nestes proxectos e crear unha rede de traballo cooperativo e interdisciplinario que consiga transformar e mellorar a práctica educativa, transferindo eficazmente as iniciativas innovadoras. Así no 2013/2014 incrementouse a participación da Rede Social do Profesorado, ‘Redeiras’, pasando de 250 a 1554 membros no grupo.

Ademais do fortalecemento das competencias do alumnado, un dos fins principais do plan, é valorar o labor do profesorado no desenvolvemento de iniciativas de innovación educativa. Deste xeito, ademais de recoñecer a súa participación no proxecto como actividade de innovación educativa tras unha avaliación do traballo realizado, estanse a difundir os mellores proxectos a través de EDUGA, Revista Galega do Ensino, na que se  publican os mellores proxectos como modelos de boas prácticas.

De esta forma paralela, a Consellería de Cultura e Educación convocou este curso os primeiros premios ás boas prácticas de innovación educativa, dos que resultaron premiados 231 docentes, moitos deles procedentes do desenvolvemento dos proxectos deste Plan.

Proxectos destacados nos centros de ensino galegos

Entre os traballos máis salientables dos centros do curso pasado destacan a tarefa ‘Todos a tempo’ de MeteoEscolas do CPI Conde de Fenosa de Ares. Un proxecto integral dende Infantil ata cuarto da Eso, incluídos o alumnado do PCPI, no que participaron arredor de 300 alumnas e alumnos. As actividades foron dende a previsión do tempo en distintas linguas (castelán, galego, inglés e francés), ata a preparación e gravación cun Chroma das previsións do tempo, ademais do desenvolvemento dunha app para smartphones e tablets android, dispoñible en Google Play cos datos da estación meteorolóxica do centro.

O IES Francisco Daviña Rey de Monforte e o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, participaron xuntos no proxecto ‘O monte vivo’, centrado na problemática dos incendios nos montes galegos mediante actividades de aula  que conciencien ao alumnado sobre esta lacra.Todos os materiais didácticos creados polos nenos están recollidos no blog: http://montesenlume.blogspot.com.es/, no que se poden atopar resumos sobre causas de incendios, formularios para traballar as coordenadas, ou cálculo de ángulos, ademais dunha simulación dun lume forestal mediante un xogo. Ademais, as alumnas e alumnos elaboraron unha sondaxe nos dous distritos implicados, baseada nunha enquisa realizada a máis de 600 persoas con 18 preguntas sobre distintos aspectos dos lumes forestais, ao tempo que realizaron entrevistas en vídeo aos alcaldes de O Rosal e Monforte, xogos feitos con Scratch e elaboraron apps para o móbil con AppInventor publicados en Google Play. Como remate do traballo fixéronse un intercambio de visitas entre ambos centros para valorar in situ a problemática dos lumes en cada zona.Esta achegas tiveron a súa difusión nas redes sociais, entre elas cabe subliñar o novo portal da Consellería de Cultura e Educación: Agueiro.

O IES Manuel Chamoso Lamas de O Carballiño, formou parte de ‘ Fotografía en Curso’, no que os escolares aprenderon a facer fotografía do patrimonio material e inmaterial que está a piques de desaparecer cos derradeiros habitantes dos pobos que van quedando abandonados na súa comarca. As creacións poden verse na web http://fotografiaencurs.org/ca .

O CEIP Canosa-Rus de Coristanco involucrouse en ‘Nós tamén creamos!’, no que se achegou ao alumnado de primeiro de Educación Primaria ao uso da linguaxe audiovisual mediante a creación dunha curtametraxe mediante a técnica de Stop Motion, dobrándoa a lingua de signos. Pódese visitar en http://crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-canosa-rus-non-quero-ser-un-polbo

Finalmente o IES Moncho Valcarce de As Pontes de García Rodríguez participou nos programas ‘Donas de si’ e ‘Galicons.net’. Para o primeiro fixeron un traballo de investigación sobre escritoras que utilizaron pseudónimos masculinos ao longo da súa carreira, ademais de afondar na súa biografía, ben para poder publicar obras nun mundo reservado aos homes ou para pasar desapercibidas. No segundo, trataron a historia da publicidade, empezando no século XIX ata os nosos días, prestando especial atención á influencia que tiveron as novas tecnoloxías sobre a evolución dos carteis e os anuncios publicitarios.

Tema: 

Sección: 

Relación definitiva de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto experimental Educación Dixital

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital E-DIXGAL durante o curso 2014/15.

Colectivo: 

Sección: 

Proxecto Ríos

Proxecta

Ficha técnica

Institución:

  • Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Augas de Galicia.

Ámbito: medio ambiente
Definición:

Divulgación dos valores e conservación dos ecosistemas fluviais.

Proxecto Ríos nace en Galicia no ano 2005 coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 6. Auga limpa e saneamento

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables

  • ODS 12. Produción e consumo responsable

  • ODC 13. Acción polo clima

  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos
Límite de centros participantes: 25
Criterios de participación: O centros participantes terán que asinar a folla de compromiso para o uso dos materiais do Proxecto Ríos.

Responsable do programa:

Nome: Ramsés Pérez Rodríguez (Pedagogo)
Departamento: Coordinador de Educación Ambiental ADEGA
Teléfono: 616 23 80 50
Correo electrónico: ramses@adega.gal

Nomes: Paco Bañobre González (Biólogo)
Departamento: Coordinador de Grupos do Proxecto Ríos
Teléfono: 627 62 81 94
Correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal

Obxectivo xeral

-Achegar a comunidade educativa aos ecosistemas fluviais

Obxectivos específicos:

-Fomentar a participación cidadá

-Divulgar o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais

-Difundir as problemáticas dos ecosistemas fluviais e fomento de solucións

-Promover a custodia fluvial

-Difundir a ciencia cidadá

Palabras clave

Medio ambiente,patrimonio cultural, ciencia cidadá, participación.

Metodoloxía e temporización

1.- Inscrición no Proxecto Ríos. Asignación dun treito de río (cada grupo participante terá que escoller un treito de río de como mínimo 500m).

2.- Envío do material

3.- Saída ao río

A finalidade do Proxecto Ríos é achegar a cidadanía aos ecosistemas fluviais.

No referido aos centro de ensinanza preténdese que o alumnado desenvolva, de xeito interdisciplinario, competencias en investigación medioambiental e patrimonial mediante a observación directa, a participación e a investigación do río próximo ao centro escolar.

Materias relacionadas: TODAS

Se ben, o Proxecto Ríos, resulta acaído para traballar o currículo do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra, e promover a investigación na escola, dende ADEGA pretendemos desenvolver outras actividades ao redor do ecosistema fluvial como é Ríos de lingua e cultura, no que se pretende fomentar o estudo e a investigación de todo aquel patrimonio etnográfico e cultural asociado aos nosos ríos.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencias sociais e cívicas

  • Competencia en comunicación lingüística

  • Comunicación lingüística

  • Conciencia e expresións culturais

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

  • Competencia dixital

  • Competencia de aprender a aprender

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación:

A formación das persoas que participan no Proxecto Ríos é unha prioridade ao entender que as persoas que van a saír ao río deben estar capacitadas para desenvolver a súa tarefa.

Realízanse dous cursos de formación ao ano, un na campaña de primavera do Proxecto Ríos e outro na de outono. Estes teñen como finalidade fornecer aos participantes dos coñecementos básicos na identificación de macroinvertebrados, especies indispensábeis nas inspeccións de río. Nestes cursos tamén se tratan outras temáticas relacionados cos ecosistemas fluviais.

  • Saídas formativas:

As saídas formativas son sesións de traballo teórico e práctico que se desenvolven a pé de río con aqueles grupos que se inscribiron no Proxecto Ríos. As saídas formativas adóitanse facer cun ou varios grupos dunha mesma bacía, sempre cun máximo de 25 persoas.

Nelas, a finalidade, é realizar unha inspección guiada por unha educadora ambiental do Proxecto Ríos seguindo o manual e resolvendo aquelas dúbidas que poidan ter sobre a metodoloxía de inspección e o seu desenvolvemento.

  • Limpezas de río:

Como acción directa sobre o río, aqueles centros que o desexen poden participar na Limpeza simultánea de ríos que se celebra na última semana do mes de setembro. Aínda que a Limpeza simultánea de ríos se realiza na fin de semana, durante a semana previa os centros de ensino poden xa realizar esta acción. A finalidade desta actividade, non é tanto, recoller a maior cantidade de lixo posible do río, como explicar como realizar unha Limpeza de río, sen que esta teña un impacto no medio fluvial, prestando especial atención a data na que se debe de facer, que residuos retirar, permisos, etc. motivo polo que se editou un Protocolo para a Limpeza ecolóxica de ríos.

  • Materiais:

Aqueles grupos que participen no Proxecto Ríos entregaráselles o seguinte material específico para o desenvolvemento das actividades de inspección de río.

O material gratuíto para os grupos consta de:

1. Fichas de identificación de flora e fauna (13 fichas)

2. Manual de Inspección Básica de Río.

3. Reactivos químicos para a análise da calidade da auga (pH, Nitratos, Oxíseno)

Se ben, o ideal é que cada grupo participante se faga co material preciso para realizar as inspeccións de río, ADEGA ofrece a posibilidade de solicitar, en préstamo, unha mochila co material completo para a realización das inspeccións: disco de Secchi, termómetro, pinzas, lupas, bandexas, trueiro, botas, cinta métrica e placas de Petri.

 

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

  1. Participación dos centros de ensino nas actividades formativas programadas dende a coordinación do proxecto.

  1. Realización das actividades obrigatorias (dúas inspeccións anuais), rigorosidade na toma dos datos e o seu envío á coordinación do proxecto.

  2. Dar un dos índices de calidade asignados aos ecosistemas fluviais:

Moi bo, Bo, Moderado, Deficiente, Moi Deficiente.

  1. Promover cando menos unha Acción/Proposta de mellora para solucionar os problemas atopados no ecosistema fluvial e/ou Accións de restauración do patrimonio natural e cultural do río.

  1. Elaborar algún “produto” (video, tríptico, cartel, etc.) que divulgue os valores do río e promova accións de mellora.

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Correspondentes xuvenís 3.0

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  • Dirección Xeral de Xuventude
  • Servizo de Información Xuvenil

Ámbito: solidariedade / voluntariado / empoderamento da xuventude / alfabetización audiovisual e informacional.
Definición: Correspondentes xuvenís é un programa que pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:

  1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast...
  2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro
  3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
  4. Participar nas sesións de formacións e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a DXXPV.
  5. Elaborar un podcast propio de correspondentes xuvenís. Durante o curso, os centros deberán traballar o contido do que se nutra o podcast. Posteriormente, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado revisarao e subirao.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 4. Educación de calidade

Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato, ciclos de formación profesional de grao básico, medio ou superior, ensinanzas de réxime especial
Límite de centros participantes: sen límite

Criterios de selección:
    • Calidade do proxecto presentado

Responsables do programa:

Nome: Jaime Díaz Fiuza
Departamento: Servizo de Información Xuvenil
Teléfono: 881 997 606
Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.gal

Nome: Antía Loureiro Carbia
Departamento: Servizo de Información Xuvenil
Teléfono: 881 997 602
Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.gal


Xustificación

Correspondentes Xuvenís naceu coa motivación de estreitar a distancia existente entre a Administración e a xuventude. Trátase de que as iniciativas e actividades que se promoven dende a administración cheguen mellor ao seu público potencial, así como recoller de volta as ideas e valoracións que a mocidade teña da administración. Este obxectivo recóllese na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

Obxectivo

Facilitarlle á mocidade o acceso aos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, descentralizando así a información aos centros educativos mediante a colaboración do alumnado na difusión dos programas mencionados. Ademais, no programa inclúese formación dirixida ao alumnado participante para mellorar a súa destreza con tecnoloxías da información, coa creación de contidos e coas dinámicas do programa.

Desenvolvemento das competencias clave

    • Competencia en comunicación lingüística
    • Competencia dixitais
    • Competencias sociais e cívicas
    • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
    • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

  •    Propostas de actividades:
    • Creación de canles de información (dixitais e/ou físicas).
    • Programar tarefas de análise de información e difusión de contidos de interese.
    • Programar actividades de manexo de ferramentas dixitais relacionadas coa información.
  •   Encontro de convivencia e formacións:

A DXXPV manterá co alumnado e profesorado participantes unha sesión de formación e acompañamento en cada trimestre. As datas destas sesións serán acordadas cos centros a principio de curso e celebraranse en cada instituto. O obxectivo é que o alumando e profesorado participantes teñan un seguimento por parte da DXXPV e recollan propostas e consellos de como traballar e difundir a información, así como trasladen á DXXPV as suxestións e ideas que teñan a ben.

Para formar o alumnado nas destrezas que se aplican neste programa, a DXXPV organizará encontros provinciais no segundo trimestre. Servirán para recibiren formación nas materias que se poñen en xogo no programa, así como para facer valoración do traballo feito nos meses pasados e na proxección que se faga do que reste de curso.

Todos os anos a DXXPV organiza un encontro de correspondentes xuvenís a final de curso. Adoita consistir nunha fin de semana de convivencia nun albergue xuvenil dependente da Xunta, con formacións en materia de ferramentas dixitais e difusión de información e con actividades lúdicas.

Recursos

Na nosa web (xuventude.xunta.es), no apartado de Correspondentes Xuvenís, imos colgando todos os materiais que nos envían os correspondentes. Nas redes sociais da DXXPV (@xuventudegalicia) difúndense todas as convocatorias e programas deste departamento. Nas redes sociais xestionadas por correspondentes xuvenís ou universitarios publícase información de interese para o resto de correspondentes. Nas canles de comunicación dos departamentos de cultura e/ou xuventude dos concellos e deputacións galegos publícase información susceptible de ser traballada e difundida polos correspondentes.

Produto final:

Para finalizar o proxecto terase que presentar un produto final en formato libre (exposición, vídeo, presentación, curtametraxe, cartel, campaña, nova canle de información etc.).

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta+

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos do programa

4. Elaboración de produtos orixinais e innovadores que consigan difundir mellor a información xuvenil.

5. Comunicación co Servizo de Información Xuvenil para recoller información e enviar propostas de cambio e mellora.

6. Participación activa no Encontro anual de Correspondentes Xuvenís.

 

Selección de boas prácticas:

    • IES Saturnino Montojo (ligazón)
    • IES do Barral (ligazón)

Gallego

Tema: 

Sección: