Gallego

Convócase a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2015/16.

Colectivo: 

Sección: 

Actualización do repositorio de contidos do portal espazoAbalar con 80 novos recursos educativos dixitais

O repositorio do portal espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 80 novos contidos educativos en formato dixital, realizados polo profesorado empregando distintas ferramentas de autor e tecnoloxías.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.438 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

Máis información

 

Gallego
Cartel do Espazo Abalar

Sección: 

Modelo de probas para a avaliación final de 6º curso de primaria

Coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrécese un modelo de probas para a avaliación de sexto curso de educación primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolto coa colaboración das Comunidades Autónomas e o MECD.

 

 

 

 

 

Gallego
Logo do Instituto Nacional de Avaliación Educativa

Modelo de probas para a avaliación do terceiro curso de educación primaria

Coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrécese un modelo de probas para a avaliación de terceiro curso de Educación Primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolto coa colaboración das Comunidades Autónomas e o MECD.

 

 

 

 

 

Gallego
Logo do INEE

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 4 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a resolución definitiva dos centros seleccionados para desenvolver os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

Colectivo: 

O conselleiro de Cultura e Educación sinala o Plan Proxecta como unha porta aberta á transformación e innovación do sistema educativo galego

Román Rodríguez participou hoxe na apertura do encontro que reúne a máis de 300 docentes que traballan no desenvolvemento dos diferentes programas adheridos a esta iniciativa

Gallego
Román Rodríguez participou hoxe na apertura do encontro
Román Rodríguez participou hoxe na apertura do encontro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na apertura da Xornada Plan Proxecta 2015, un encontro no que se reúnen máis de 300 docentes implicados no desenvolvemento dos 28 programas adheridos a esta iniciativa. Cómpre lembrar que este plan abrangue baixo o mesmo marco metodolóxico os programas educativos que desenvolven oito departamentos da Xunta de Galicia.

Durante a súa intervención o conselleiro sinalou o Plan Proxecta como unha porta aberta á transformación, innovación e, en definitiva, á mellora do sistema educativo galego. Neste sentido lembrou que esta iniciativa contribúe a dar cohesión e visibilidade ao esforzo persoal e colectivo dos docentes na súa práctica educativa diaria, xa que os traballos que ao seu abeiro se realizan son difundidos nos espazos dixitais da Consellería, “poñéndoos ao servizo de toda a comunidade educativa”.

Deste xeito, Román Rodríguez quixo agradecer a implicación do profesorado participante nos programas incluídos no Proxecta, así como a das persoas responsables do desenvolvemento dos mesmos en cada un dos 8 departamentos da Xunta que toman parte do Plan. Así mesmo, salientou o traballo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) na organización da xornada que ao longo do día de hoxe se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), e que funciona como un espazo de debate e intercambio de experiencias.

Na Xornada Plan Proxecta 2015 daranse a coñecer os distintos programas que compoñen a iniciativa a través de postos con asesoramento a disposición das profesoras e profesores. Ademais, entre outras actividades, docentes implicados no desenvolvemento dalgún dos 28 programas do plan impartirán 15 relatorios sobre as experiencias de cadanseu centro educativo no día a día.

Ademais do conselleiro participaron no acto de apertura o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e máis asesores de innovación educativa da Consellería e do CAFI e os responsables do desenvolvemento dos programas en cada un dos departamentos da Xunta de Galicia.

Preto de 72.000 escolares

Neste curso 2014/2015 participan no Plan Proxecta preto de 72.000 alumnas e alumnos e 4.359 profesores e profesoras de 420 centros educativos de todos os niveis educativos, que desenvolven algún dos 28 programas desenvolvidos por 8 departamentos do Goberno galego, en concreto a Presidencia da Xunta de Galicia (a través da SX para o Deporte); a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (a través da DX de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e da SX de Igualdade); a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; a Consellería de Economía e Industria (a través do Instituto Galego de Consumo); a Consellería de Sanidade (a través do Sergas); a Consellería de Traballo e Benestar; a Consellería de Medio Rural e do Mar, e, por último, a propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través da SX de Política Lingüística e do CGAI).

O obxectivo do plan é favorecer a integración no currículo escolar dos diferentes asuntos transversais que trata – solidariedade, saúde, consumo, igualdade…- baixo unha metodoloxía de traballo común, na que se favorece a colaboración do alumnado, o labor interdisciplinario dos docentes e a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa.

Colectivo: 

Sección: 

MOOC convocado polo INTEF: “Enseñar y evaluar la competencia digital”

O  Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) anuncia a convocatoria dun novo curso masivo aberto en rede (MOOC) sobre como “Enseñar y evaluar la competencia digital”  destinado a docentes de niveis non universitarios. Este curso ofrece unha oportunidade de reflexión colectiva e formación sobre como integrar a ensinanza da competencia dixital na aula.


As actividades comezarán o 27 de abril e organízanse en 5 unidades de duración semanal.


 



 

Gallego
Cartel do MOOC convocado polo INTEF: “Enseñar y evaluar la competencia digital”

Colectivo: 

Sección: 

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2014/2015.

Colectivo: 

Sección: 

Xornada “Experiencias Innovadoras no Campo da Educación” da Fundación Paideia

A Fundación Paideia organiza esta actividade o 23 de Abril de 2015 de 17:00 a 20:00 No sede da Fundación na Coruña.
Contará coa intervención de Anabel Domínguez Contreras, directora-xerente da Fundación Yehudi Menuhin e Fernando García Páez, responsable das TIC no CEIP San Walabonso de Niebla, Huelva.
A asistencia é gratuíta previa inscrición no enlace: /portal/node/add/learningobject


Máis información no enlace web aportado abaixo.

 

 

Gallego
Cartel da “Experiencias Innovadoras no Campo da Educación” da Fundación Paideia

Colectivo: 

Sección: 

Programa "Languages at the heart of Learning"

O centro de linguas modernas de Graz convoca no marco do programa 2016-19 o programa “Languages at the heart of Learning”. Partindo da base de que a lingua é o fundamento de todo aprendizaxe: todo o profesorado, sexa cal sexa a súa área, desempeña unha labor no desenvolvemento lingüístico e intercultural dos seus alumnos.

Pode obter máis información en:

http://call.ecml.at/Call201619/Home/tabid/3791/language/en-GB/Default.aspx

 

 

Gallego
Cartel do programa "Languages at the heart of Learning"

Colectivo: 

Sección: