Gallego

Servizo gratuíto de préstamo en liña de gravacións teatrais para aulas de ESO e Bacharelato

O Centro de Documentación Teatral (CDT) do INAEM pon en marcha, coa denominación de TEATROTECA ESO/BACH, un servizo gratuíto de préstamo en liña de gravacións teatrais, para o seu uso na aula polos docentes dos departamentos de Lingua e Literatura dos centros educativos regrados nos niveis de ESO e Bacharelato.

A selección de títulos, que se irá ampliando, realizouse atendendo á súa relevancia e correspondencia cos textos dramáticos que se integran con facilidade no currículo da materia de Lingua e Literatura. La Celestina; Entremeses de Miguel de Cervantes; El Alcalde de Zalamea; Sainetes de Ramón de la Cruz; Don Juan Tenorio; Luces de bohemia; La casa de Bernarda Alba; Historia de una escalera; La taberna fantástica; Las bicicletas son para el verano; ¡Ay, Carmela! y El chico de la última fila son a primeira selección das gravacións, realizadas en directo e sobre as táboas, que elixiu o CDT e ás que poderá acceder o responsable do Departamento tras rexistrarse como usuario da TEATROTECA (ESO-BACH) e recibir as claves de acceso.

Sempre no ámbito da aula, poderanse elixir en préstamo dúas gravacións, durante o prazo de sete días, que poderán visualizarse de forma simultánea ata en cinco dispositivos.

O CDT, contando co Equipo de gravación do Centro de Tecnoloxía do Espectáculo e co seu propio, veu conformando desde fai case catro décadas un arquivo único de gravacións de espectáculos teatrais en diferentes soportes. A creación dunha sección específica dentro da TEATROTECA, destinada directamente como instrumento de apoio audiovisual ao docente, enmárcase no compromiso do CDT de facilitar o acceso aos valiosos fondos da dramaturxia española.

Para máis información: http://teatro.es

http://teatroteca.teatro.es/opac/#login

 

Gallego
Servizo gratuíto de préstamo en liña de gravacións teatrais para aulas de ESO e Bacharelato

Tema: 

Liña de traballo de PFPP para desenvolver proxectos eTwinning

Publicouse a convocatoria de plans de formación permanente do profesorado en centros para o curso 2016-2017: http://goo.gl/Vh6FqC

Nas liñas de traballo contempladas, o apartado h) Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento é o que especificamente dá cobertura á formación necesaria para desenvovlver proxectos eTwinning.
Os proxectos eTwinning poden considerarse un instrumento óptimo para integrarse en calquera das outras liñas de traballo. Aportan flexibilidade na súa xestión, traballo colaborativo entre profesorado e alumnado de diferentes países—o que lles imprime unha dimensión europea—, uso intensivo e contextualizado en tarefas integradas das TIC e tratamento integrado das linguas, entre outros.
É por iso que invitamos ao profesorado a que desenvolva proxectos eTwinning dentro das liñas de traballo dos PFPP.

 

 

Para máis información sobre eTwinning:

Gallego
Logo de eTwinning Galicia

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Iníciate en eTwinning

Convidámosvos a crear un grupo de traballo ou seminario para os docentes interesados/as en iniciarse en eTwinning, no ano escolar 2016-2017.

Trátase dun Programa Europeo incluído en Erasmus+, que permite crear proxectos de forma  fácil, rápida, sen trámites, prazos nin orzamento.

http://goo.gl/4FH3ep

No 2016-2017, convidámosvos a crear un grupo de traballo para realizar o voso primeiro proxecto eTwinning:

  • 3 membros (mínimo)
  • 4 horas de docencia.
  • 12 horas de traballo reunidos.
  • Certificado de formación de 20 horas.
  • Acompañamento da Embaixada eTwinning Galicia

 

Gallego
Logo da Embaixada eTwinning Galicia

Colectivo: 

Sección: 

Programa Acércate

O Ministerio de Economía e Competitividade lanza a XI edición do Programa ACÉRCATE dentro do Plan de Formación CNIC-Joven. Trátase dun programa de ámbito estatal que ofrece a oportunidade de iniciar o alumnado na investigación biomédica co fin de que aprenda novas técnicas aplicables na investigación biomédica, realizar experimentos dirixidos, coñecer a utilización dalgúns sofisticados equipamentos científicos, etc. baixo a supervisión de investigadores do CNIC. Realízase en colaboración co Instituto de Salud Carlos III e a Fundación Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III.

Alumnado destinatario: 2º de bacharelato, modalidade de Ciencias da Natureza e da Saúde
Contido: aprendizaxe de técnicas de laboratorio, coñecemento de equipos científicos, etc.
Lugar: Laboratorios do CNIC
Duración: 2 semanas do mes de xullo (desde o 11 ao 22 de xullo)
Prazo de presentación: 6 de xuño de 2016.
Bolsa: cobre as viaxes, a estadía e o réxime de pensión completa
Nº de bolsas: 8

 

Para obter máis información pódense consultar as bases da convocatoria ou contactar co CNIC:

Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III (CNIC)

Melchor Fernández Almagro 3 - 28029 Madrid
Tel.: +34 91 453 12 00 (Ext. 4235)
Correo electrónico: snegrete@cnic.es
Web: www.cnic.es
Bases: https://www.cnic.es/sites/default/files/programa_acercate_bases_2016.pdf

Gallego
Logo

Sección: 

Regueifas na Ciencia, sobre o fuso horario en España

Trátase dunha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), na que mediante debate a modo de regueifa exponse e danse a coñecer posturas, fundamentos e argumentos das distintas posicións ao redor do tema.

 

 

Tema: "Débese cambiar o fuso horario en España?"
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Comunicación da USC
Data: venres 10 de xuño de 1026
Hora: 20.00
Entrada: gratuíta, ata completar aforo; poderase seguir por streaming en directo ou, con posterioridade, a través dá páxina de Regueifas.

Para máis información pódese consultar a web oficial do proxecto: www.regueifas.org ou escribir ao enderezo de correo electrónico info@regueifas.org. Para ver o vídeo da regueifa anterior pódese visitar a seguinte ligazón: http://www.regueifas.org/vdeos-1/

Gallego
Logo

File: 

Sección: 

Relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto E-DIXGAL

Gallego

Xúntase a relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL conforme ao baremo que figura no punto sétimo da Resolución do 13 de abril de 2016 (DOG do 21 de abril).

  • Establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os centros interesados podan efectuar as posibles reclamacións e renuncias.

Colectivo: 

Sección: 

Xornada: "Conferencia final KA2 ENTELS: as competencias do profesorado para unha educación de calidade e éxito"

O vindeiro sábado 28 de maio celebrarase na Cidade da Cultura a Xornada formativa "Conferencia final KA2 ENTELS: as competencias do profesorado para unha educación de calidade e éxito".

Esta actividade, contextualizada no marco do programa europeo Erasmus + KA2, forma parte do Plan Anual de Formación do Profesorado, recoñecida con 8 horas de formación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os/as participantes.

Está aberta principalmente a docentes de secundaria, pero tamén pode ser de utilidade para o profesorado de primaria, formadores de docentes, investigadores/as en educación e TIC, estudantes de maxisterio e pedagoxía, técnicos e administradores en políticas educativas, e en xeral, persoas interesadas ​​no emprego das TIC no ámbito escolar.

Os temas a tratar focalízanse na avaliación, contornos da aprendizaxe, o emprendemento e as ferramentas TIC ou as súas implicacións educativas.

O profesorado interesado pode inscribirse a través de  fprofe, na actividade co código G1502003. Poderá tamén facelo a través de programas.europeos@edu.xunta.es.

 

Gallego
Logo Erasmus+

Colectivo: 

Sección: 

Programa Aulas da Natureza 2016

A finalidade  deste programa é favorecer a aprendizaxe e a convivencia do alumnado contribuíndo á inclusión e normalización no seu contorno educativo non formal e en contacto directo coa natureza.

Vai dirixido a alumnado de centros españois en territorio nacional sostidos con fondos públicos que cursen 5º ou 6º de Educación Primaria ou 1º de ESO de idades comprendidas entre os 11 e os 13 anos e alumnado que presente necesidades educativas especiais con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos.

O prazo de presentación remata o 17 de maio de 2016.

 

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Sección: 

Competición STARgal: proxecto do IES A Cachada

O martes 10 de maio propoñemos a todos os centros de secundaria de Galicia competir xuntos no STARgal: un proxecto elaborado no IES A Cachada, Boiro.

A competición será virtual e consistirá en 2 probas:

Entrando no blog accederedes, en cada pestana, a máis información sobre como funcionará cada competición e os premios correspondentes.

Gallego
Logo da Competición STARgal

Sección: 

O director xeral de Educación subliña o papel dos docentes como orixe e impulso da innovación educativa

Manuel Corredoira representou hoxe á Consellería na inauguración dos IV Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria

Así mesmo participou na apertura da xornada 'Educación e alumnado xordo en Galicia' e, xunto do secretaria xeral da Igualdade, na sesión de clausura do curso 2015-16 do Proxecto para o estímulo do talento matemático ‘Estalmat-Galicia’

Gallego
O director xeral de Educación subliña o papel dos docentes como orixe e impulso da innovación educativa

O director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira, representou hoxe á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na apertura dos IV Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria organizados polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), no marco do plan anual de formación do profesorado da Consellería; un acto no que subliñou a importancia do profesorado en calquera iniciativa innovadora. “No actual  modelo de escola o papel docente é fundamental por iso consideramos de máxima importancia o desenvolvemento de Encontros entre profesionais do ensino como os que hoxe nos reúne, pois estamos convencidos de que son as vosas achegas as que impulsan o avance e a mellora do sistema educativo”. Así mesmo, animou aos presentes a participar na convocatoria de Plans de formación permanente do profesorado impulsados pola Consellería, incidindo en que os propios centros educativos son os mellores escenarios para a formación, “xa que ninguén mellor que o docente pode posibilitar que os contidos de aprendizaxe se adapten ás necesidades da contorna e favorezan unha maior implicación e participación da comunidade educativa”.

A xornada, que se celebra no Auditorio de Abanca de Santiago de Compostela, teñen como obxectivo intercambiar experiencias, incentivar as boas prácticas e motivar aos docentes destas etapas do ensino. Coa participación de arredor de 500 mestras e mestres, nestes encontros proxéctanse diferentes temáticas que posteriormente serán postas en marcha nos centros educativos, convertendo de novo os encontros nunha actividade xeradora de inquietudes na formación do profesorado que repercutirá na mellora da calidade educativa e dos resultados do alumnado.

Os IV Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria organízanse en dúas quendas de mañá e de tarde. Pola mañá impártense dúas conferencias, a primeira a cargo do docente e pedagogo Juan José Vergara. Especialista en Aprendizaxe basado en Proxectos, centrarase na importancia da motivación nos procesos de ensino e aprendizaxe. No caso do segundo relatorio, a psicóloga e investigadora Mar Sánchez abordará a estimulación mental na aula.

A quenda da tarde comezará cunha experiencia de centro - que foi Mención de Honra no Premio Acción Magistral (2013)- da man da directora do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui (Pontevedra) que, baixo o título ‘Tecendo Redes  competenciais coas familias’ tratará a importancia das relacións familia e escola e como abordar as mesmas. De seguido será a quenda dunha experiencia de centro de Traballo por Proxectos, a cargo de Alicia Nimo Liboreiro, mestra de primaria no CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña-Santa Comba (A Coruña). Clausurará os encontros Quico Cadaval, actor, director e adaptador teatral.

Educación e alumnado xordo en Galicia

O director xeral participou esta mañá, ademais, na apertura da xornada 'Educación e alumnado xordo en Galicia', na que participan arredor de 200 persoas, entre docentes e intérpretes de lingua de signos, e que están organizadas en colaboración pola Consellería e pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

O obxectivo deste encontro é afondar na situación actual do alumnado xordo e con discapacidade auditiva, compartir experiencias e boas prácticas que se están a levar a cabo en diversos centros educativos, a nivel autonómico e estatal, e coñecer a figura do especialista en lingua de signos e do intérprete de lingua de signos. Así mesmo, abordarase a educación plurilingüe en lingua de signos.

Estalmat-Galicia

Xunto coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, Manuel Corredoira asistiu tamén esta mañá á Sesión de Clausura do curso 2015-16 e despedida da promoción de 2014 do Proxecto para o estímulo do talento matemático ‘Estalmat-Galicia’, un acto no que tamén participou o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño.

Susana López Abella manifestou a súa satisfacción pola ampla porcentaxe de rapazas que participaron no proxecto. López Abella lembrou o difícil papel das mulleres matemáticas ao longo da historia, a través de personaxes como Hipatia de Alexandría, Sophie Germain ou a Marquesa de Chatelet, que tiveron que enfrontarse a un mundo dominado polos homes, chegando incluso a ter que disfrazarse para poder asistir á universidade.

A titular da Igualdade explicou que aínda que as mulleres seguen ser estar suficientemente presentes na investigación matemática nos últimos anos houbo grandes avances, como o feito de que en 2014, por primeira vez na historia, unha muller recibise a Medalla Fields, considerada o nobel das matemáticas. Un fito que “rompeu con décadas de tabús”, como tamén fixo Mª Josefa Wonenburger, pioneira das matemáticas galegas, que da nome ao premio co que a Xunta resalta as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e a tecnoloxía.

O obxectivo de Estalmat é detectar e estimular o talento precoz en matemáticas, que adoita corresponderse con capacidades científicas  en  xeral . A colaboración con este proxecto enmárcase na estratexia que desenvolve a Xunta de Galicia para promover as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas), favorecendo a adquisición das competencias clave nestas materias. Neste sentido cómpre lembrar que, ao abeiro da nova normativa educativa a materia de matemáticas viu incrementado o seu horario en primaria e secundaria e incorporáronse ao currículo novas materias de libre configuración autonómica, como programación, robótica e investigación e tratamento da información, Todo isto nun sistema educativo que leva anos desenvolvendo unha estratexia integradora das TIC no ensino mediante o proxecto Abalar, coa súa extensión no programa Edixgal.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: