[actualizado o 25/02/2016]
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
- Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC)
- Fundación SGAE
Ámbito: alfabetización audiovisual
Definición: exploración das etapas do proceso creativo coa colaboración de autores e artistas que contribuirán a desenvolver experiencias creadoras.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º e 4º de primaria. Poderase incorporar ao programa alumnado ata 6º de primaria (12 anos)
Límite de centros participantes: 20 centros
Criterios de selección:
- Vocación de continuidade das metodoloxías introducidas.
- Flexibilidade e capacidade de organización das sesións de traballo (sesións dun mínimo de 2 horas continuadas)
- Participación dos centros nas actividades organizadas no exterior mediante recursos propios: talleres, concurso e visionado de finalistas.
- Capacidade de desenvolvemento de propostas pedagóxicas creativas.
- Nivel de implicación do claustro na participación deste programa.
- Proximidade xeográfica dos centros solicitantes.
Responsable do programa:
Nome: Patricia Blanco Suárez
Departamento: Fundación SGAE (Formación). Rúa das Salvadas s/n (Parque Vista Alegre). Santiago de Compostela
Teléfono: 981 569 082
Correo electrónico: pblanco@fundacionsgae.org
Xustificación
As obras artísticas e intelectuais contribúen a conformar a memoria colectiva das sociedades, constitúen o seu patrimonio cultural e conforman a base da educación dos máis pequenos e da súa formación como persoas, axudándolles a comprender o mundo que os rodea. No contexto globalizado actual que esvaece e dilúe a conciencia dos valores propios, entendemos a necesidade de transformar e redimensionar a formación nunha educación activa e implicada, experimentando o traballo en común desde unha perspectiva creativa individual e comunitaria de respecto.
Obxectivo xeral
Ti es creador incorpora a linguaxe audiovisual ás aulas, de forma que recuperemos para a didáctica os valores que a industria cultural nos achega de forma cotiá vinculándoos ao pensamento crítico e ás necesidades expresivas. Ademais pretende abrir espazos de creación nas aulas, educar na sensibilidade artística a persoas comprometidas e capaces de valorar o esforzo como medio para conseguir e valorar un traballo ben feito.
A formación audiovisual será o vehículo que de forma transversal nos permita transmitir a idea de arte como testemuña de cultura e de valores fundamentais, xerando confianza e orgullo como individuos e como comunidade activa que precisa do traballo en equipo e o dialogo para crecer. Mediante un traballo elaborado entre os diferentes axentes necesarios para crear un documento audiovisual, o alumnado aprenderá a ceder, valorar e crecer na tolerancia e no respecto ante as diversas formas de expresión.
Palabras clave
Alfabetización audiovisual. Competencia cultural e artística. Creatividade. Dereitos de autor. Linguaxe audiovisual.
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
PARA O PROFESORADO
PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA
- Educar creadores implicados e conscientes da man dos propios autores e artistas.
- Explorar as diferentes etapas do proceso creativo.
- Aprender a ser artistas vivindo a experiencia a través dos valores, da práctica artística e a dedicación futura.
- Establecer a correspondencia natural entre os valores creativos e os pedagóxicos.
- Ensinar a valorar o traballo intelectual e creativo polos beneficios de carácter social e económico que achegan á sociedade e á cultura do seu contorno.
- Comprender a necesidade de valorar os factores positivos das relacións comunitarias e transversais nos diferentes procesos.
- Colaborar na interrelación entre o alumnado de centros diferentes para potenciar e enriquecer a sensación de comunidade e para compartir intereses comúns.
- Facilitar a incorporación das novas tecnoloxías na aprendizaxe activa.
- Potenciar e reforzar a identidade propia, as identidades comúns, as diferentes e as diferenciadas.
- Dotar de espazos de expresión libres e comprometidos coa cultura que nos rodea.
- Reforzar a expresión cultural diferenciada lingüística e creativamente desde a formación e o respecto.
- Achegar ferramentas e respostas ás inquedanzas creativas e artísticas.
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
- Formación para o profesorado:
- Título: G1502027 Estratexias para traballar o audiovisual con creadores e creadoras.
- carácter: obrigatorio para os docentes participantes no Plan Proxecta e aberto a outros docentes interesados nesta formación.
- modalidade: presencial; desenvolverase na aula tecnolóxica da SGAE, en Santiago de Compostela.
- duración: 10 h
- datas: xoves 21 e venres 22 de xaneiro de 2016
- horario: 16.00 - 21.00
Neste curso forneceranse os contidos e as ferramentas instrumentais e metodolóxicas necesarias para unha correcta difusión dos contidos formulados no contexto educativo. Estes materiais están dispoñibles para consulta pública a través da Aula Virtual do CAFI: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=659
- 5 obradoiros para o alumnado:
- lugar: centro de ensino
- destinatarios: alumnado participante no programa. Estarán acompañados por profesionais do sector.
- obxectivo:
- realizar tarefas de continuidade para desenvolver na aula co alumnado, con formación teórica e práctica.
- deseñar a arquitectura para a transmisión de valores e coñecementos prácticos que fundamentan o programa.
- deseñar espazos de produción e creación a través da experiencia.
Ao remate dos obradoiros os docentes coñecerán as ferramentas necesarias para dirixir e coordinar os seus propios traballos e continuar explorando o universo creativo.
- duración: entre 2 e 6 horas de duración, segundo a temática.
- datas: desde a 2ª quincena de xaneiro ata a 1ª quincena de marzo.
- obradoiros: cada centro realizará os 5 obradorios
- Como empezamos? Linguaxe cinematográfica e guión. (2.5 h)
- Algo máis que palabras. Fotografía e imaxe. (2.5 h)
- Regueifando as ideas. Música, bandas sonoras. (2.5 h)
- Cámara e acción. Rodaxe, organización, execución e desenvolvemento dun filme. (3 h)
- Todos somos creadores. Montaxe, posprodución e difusión. (3 h)
- Material didáctico: unidades didácticas en rede ao dispor do profesorado.
- Concurso final: ao longo do curso determinaranse as condicións de participación que o programa pode ofrecer para recoñecer os mellores traballos. Os traballos gañadores do concurso participarán no OUFF 2016 (Festival de Cine Internacional de Ourense) para favorecer a exhibición e difusición dos produtos creados.
- Visionado e difusión dos traballos: os traballos realizados polos centros poderanse ver en espazos e contextos externos á aula que reafirmen a autoestima persoal e visibilicen o traballo individual e colectivo, estimulando a creatividade e a comprensión dos valores transmitidos durante todo o programa.
- Web de referencia: ofrecerase unha plataforma en rede para facilitar a descaga de contidos e favorecer o contacto entre os centros adscritos ao programa. En breve ofrecerase a ligazón de referencia.
- Recursos para traballar o cine na aula:
Material didáctico para o profesorado:
Curso MOOC El cine: un recurso didáctico. EducaLAB. Ofrece materiais en aberto.
Listaxe de proxectos de alfaberización audiovisual compilados polo Ministerio de Educación.
Web de Enrique Martínez-Salanova Sánchez sobre a imaxe da educación no cine: http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/index.htm
Bibliografía para o profesorado:
Ambrós Pallarès, Alba / Breu Pañella, Ramon (2007): Cine y educación. Ed. Graó.
Breu Pañella, Ramón / Villa Menéndez, Carmen (2010): El documental como estrategia educativa. Ed. Graó.
Breu Pañella, Ramon (2011): 101 actividades de competencia audiovisual. Ed. Graó.
Breu Pañella, Ramon (2012): La historia a través del cine. 10 propuestas didácticas para secundaria y bachillerato. Ed. Graó.
Experiencias:
Blog de aula Facemos cine: http://facemoscine.blogspot.com.es/
IES As Barxas: https://www.youtube.com/user/audiovisualasbarxas
Blog do profesor Luis Navarro da Universidade de Vigo sobre cine de divulgación científica: http://www.divulgare.net/
Oferta de cine:
Cine dispoñible en videoclubs na rede: http://verpeliculasonline.mecd.gob.es/mc
Programa Documental do mes (Centro Galego de Arte Contemporánea): http://cgac.xunta.es/GL/actividad-lista/3/cine-e-video https://twitter.com/docdelmes
Proxecto Númax na escola: https://numax.org/
Película e unidade didáctica de A pesar de todo, quérote:
Produto final
Ademais da memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto audiovisual propio que integre os diferentes valores traballados nos obradoiros.