Gallego

Un total de 15 profesionais de recoñecido prestixio exercerán de mentores nos centros educativos

Román Rodríguez explicou que este novo proxecto de innovación educativa, denominado ‘EduMotivaCon_?’, busca fomentar a cultura do esforzo, a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo do alumnado

Os diferentes socios ofrecerán charlas nos centros e desenvolverán iniciativas propias co fin de axudar aos mozos e mozas a adquirir competencias clave e potenciar o traballo por proxectos

Gallego
Un total de 15 profesionais de recoñecido prestixio exercerán de mentores nos centros educativos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa práctica totalidade dos profesionais que participarán no novo proxecto de innovación educativa que a Consellería poñerá en marcha o vindeiro curso 2016/2017. A iniciativa, denominada ‘EduMotivaCon_?’ busca fomentar a cultura do esforzo, potenciar a creatividade e o pensamento crítico e promover o traballo en equipo do alumnado. Para iso, un total de 15 profesionais de recoñecido prestixio nos seus diferentes ámbitos transmitirán os seus coñecementos e experiencias, a través de charlas ou mediante proxectos propios, aos mozos e mozas, exercendo así de mentores e de axentes activos no proceso educativo.

Tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, “falamos de innovar nos procesos de ensino e aprendizaxe”, favorecendo non só a adquisición de coñecementos curriculares, senón tamén o desenvolvemento de competencias clave (como a matemática/científico/tecnolóxica, as sociais e cívicas, dixital ou lingüística) e a formación en valores; todo isto desde a óptica do traballo educativo por proxectos.

Ampla rede de profesionais

Os profesionais que forman parte desta primeira e pioneira experiencia teñen demostrado, en palabras de Román Rodríguez, “a súa valía e implicación nos seus respectivos campos de estudo e ámbito profesional”, un traballo e unha filosofía de vida que tentarán trasladar agora ás aulas.

En concreto, os chamados ‘mentores’ son os científicos e divulgadores Ángel Carracedo, Senén Barro e Jorge Mira; o xornalista Luis Fraga; a xornalista e presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky; o músico Roi Casal, a médica Carmen Vidal; o adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández; o escultor Manuel Paz; o publicista Miguel Conde; o cociñeiro Pepe Solla; o director da refinería de Repsol na Coruña, Luis Llamas; o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Ramón Villares; o actor Manuel Manquiña; e a conselleira delegada de Geriatros, Josefina Fernández Miguélez. En todo caso, a maiores destes participantes, á rede poderanse incorporar máis profesionais de diferentes ámbitos. Ao acto tamén asistiu o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Implicación na educación

Todos eles representan, segundo puntualizou o conselleiro, “a implicación da sociedade galega na educación”, posto que son conscientes da necesidade de transmitir e adquirir desde a escola valores fundamentais como a dedicación continua, o esforzo, a curiosidade e a colaboración co obxectivo de potenciar o talento individual e favorecer o desenvolvemento vital e profesional de cada rapaz ou rapaza.

Deste xeito, o proxecto pivota sobre catro piares fundamentais. En primeiro lugar, organizaranse visitas a centros onde os diferentes socios desta iniciativa ofrecerán charlas-coloquio. Por outro lado, os profesionais implicados poderán desenvolver, en función da súa dispoñibilidade, proxectos personalizados de achegamento ao sistema educativo con grupos de alumnos e profesorado. Isto é, exercerán de mentores para fomentar a motivación do alumnado naqueles ámbitos onde son especialistas.

Plataforma web específica

Como terceiro punto relevante, e co fin de garantir unha correcta visibilidade do traballo realizado, crearase un espazo web específico no que se recollerán as charlas e os contidos elaborados polos propios profesionais, así como polos centros. Por último, está previsto organizar tamén unha xornada anual onde se de conta dos froitos acadados e se determinen novas metas.

Sección: 

Recursos educativos na web do Ministerio

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación (INTEF) pon ao dispor do profesorado materiais educativos en rede. Estes materiais pódense descargar nas seguintes ligazóns

“Proyecto EDIA. Recursos educativos abiertos para 4º de Educación Primaria” Descrición da obra. Texto completo.

“Proyecto EDIA. Recursos educativos abiertos para Geografía e Historia. Secundaria” Descrición da obra. Texto completo.

Gallego
logo

Plan de formación en atención temperá (2016)

A Consellería de Política Social acaba de facer público o Plan de formación en atención temperá para o 2016. Dentro deste plan impartiranse os seguintes cursos:

CURSO 1. A INTERVENCIÓN PROFESIONAL DOS EQUIPOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ NOS TRASTORNOS DA CONDUTA
20, 21 e 22 de setembro de 2016
DOCENTE: Dr. Alberto Lasa Zulueta. Psiquiatra

CURSO 2. A ATENCIÓN TEMPERÁ DURANTE O EMBARAZO E NOS PRIMEIROS ANOS DE VIDA. FACTORES DE RISCO E PROTECCIÓN
17, 18 e 19 de outubro de 2016
DOCENTES:
Dra. Nieves Balado Insunza. Xefa de pediatría do CHUOU.
Dra. Noemí Conde Lorenzo. Pediatra do Servizo de Pediatría do CHUOU.
Dra. Esther Alvarez Silvares: Especialista de área do Servizo de obstetricia e xinecoloxía do CHUOU.

CURSO 3. PROCESO DE DETECCIÓN DE TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
15, 16 e 17 de novembro de 2016
DOCENTES:
Dr. Jaime Ponte, médico especialista en rehabilitación e Máster en atención temperá. Coordinador das UDIAF do Deza, Salnés e Bergantiños.
Dra. Marisa Poch. Neuropediatra. Hospital San Millán-San Pedro de Logroño.

Destinatarios: ademais de atender outros colectivos, estes cursos van dirixidos a docentes que teñan alumnado de entre 0-6 anos.
Inscrición: https://egap.xunta.es/matricula/index.php
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela)
Horario: mañá e tarde (véx. o PDF anexo).

Gallego
logo

Tema: 

Sección: 

Relación definitiva de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto E-DIXGAL

Gallego

Xúntase a Resolución do 17 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL durante o curso 2016/17.

Colectivo: 

Sección: 

Axudas do FOGGA para "Froita na escola"

Hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2016/17.

O prazo para solicitar estas axudas remata o xoves 4 de agosto de 2016.

Para participar na Modalidade "Froita na escola" do programa "Aliméntate ben" do Plan Proxecta é prescritivo ter solicitada esta axuda.

Para obter máis información pódese consultar co FOGGA:

Fondo Galego de Garantía Agraria:
Mª Luz Acción Porto
tlf.: 981 54 00 79
correo: maria.luz.accion.porto@xunta.gal

 

 

Gallego
Froita na escola

Sección: 

Nutriescolas

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Dirección Xeral de Saúde Pública.
      • Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde

Ámbito: hábitos saudables / consumo responsable / patrimonio alimentario

Definición: o proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.

As modalidades de "Nutriescolas" buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria) e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 12. Produción e consumo responsable

Temporización: curso completo

Modalidades:

A) Nutriescolas 0: A modalidade Nutriescolas 0 ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación infantil. Nutriescolas 0

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de educación infantil deben elixir necesariamente esta modalidade.

B) Nutriescolas 1: A modalidade Nutriescolas 1 ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación primaria. Nutriescolas 1

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de educación primaria deben elixir necesariamente esta modalidade.

C) Nutriescolas 2: Esta modalidade ten por obxectivo adquirir as habilidades necesarias para realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables. Nutriescolas 2

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de ESO e 1º de bacharelato deben elixir necesariamente esta modalidade.

D) Cociñando con saúde: Esta modalidade ten por obxectivo conseguir que o alumnado aprenda, valore, practique e comparta a arte do cociñado desde o punto de vista da saúde e, ademais, que adquira os coñecementos e habilidades necesarios no campo da nutrición para poder aplicalos correctamente na aprendizaxe práctica. Cociñando con saúde

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de FP básica, de grao medio e superior, familia de cociña e restauración deben elixir necesariamente esta modalidade.

Recursos opcionais:

  • Froita na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e castañas coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares.
  • Lácteos na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de leite no alumnado de centros escolares.

Nota: No caso de que os centros educativos soliciten estes recursos, deberán facelo tamén segundo a convocatoria anual do FOGGA (Consellería de Medio Rural). Poden consultar toda a información ná páxina web do FOGGA, na sección "Axudas escolares" na seguinte ligazón: https://fogga.xunta.gal/gl/intervencion_de_mercados. Para máis información poden poñerse en contacto co FOGGA nos teléfonos 981 540 079 e 981 540 071.

  • Máis alá do prato:  Este recurso permite analizar o sistema alimentario dende as aulas, estudando todas as fases (produción, comercialización, consumo, etc.) e a pegada ecolóxica que levan consigo cada unha delas, valorando o comercio e produción local e implantando dietas saudables e sostibles. Para máis información: Departamento: Sociedade Cooperativa Somosterra. Teléfono: 667 736 645. Correo electrónico: raquel@somosterra.gal.

NOTA INFORMATIVA: no caso de seleccionar algún dos recursos opcionais, estes deberán estar plenamente integrados no proxecto presentado para participar nas modalidades Nutriescolas 0, Nutriescolas 1, Nutriescolas 2 ou Cociñando con saúde. A simple participación nas actividades ofertadas por estes recursos non constituirá motivo de superación da memoria presentada ao final do curso.

Alumnado ao que vai dirixido:

A) NUTRIESOLAS 0: educación infantil

B) NUTRIESCOLAS 1: educación primaria

C) NITRIESCOLAS 2: ESO e 1º curso de Bacharelato

C) COCIÑANDO CON SAÚDE: FP básica, de grado medio e superior, familia de cociña e restauración

Límite de centros participantes:

NUTRIESCOLAS 0 : 40

NUTRIESCOLAS 1: 40

NUTRIESCOLAS 2: Sen límite

COCIÑANDO CON SAÚDE: Sen límite

Límite de docentes participantes por centro:

Nutriescolas 2: Un docente por disciplina ademais do/a coordinador/a. A inclusión de máis docentes, sempre dun xeito excepcional, queda suxeita á valoración das necesidades do proxecto.

O resto das modalidades non teñen límite de docentes participantes.

Criterios de selección para o proxectos iniciais:  

Podes atopar os criterios de selección dos proxectos iniciais na seguinte ligazón:  Criterios de selección dos proxectos iniciais

Responsables dos programas:

Servicios Centrais Santiago:  Teléfono: 881548904 correo electrónico: vida.saudable.eps@sergas.es

A Coruña:  Teléfono: 981 155 969  correo electrónico:  estilosvida.dlc@sergas.es

Lugo: Teléfono: 982 292 221   correo electrónico: dtlu.prog.saude@sergas.es

Ourense:    Teléfono:  988 066 968  correo electrónico: direccion.territorial.ourense@sergas.es

Pontevedra Teléfono: 986 885 823  correo electrónico: programas.saudables.dtpo@sergas.es

 

Xustificación

O proxecto “Nutriescolas"” forma parte da estratexia educativa para a prevención da obesidade infantil de Galicia (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízanse na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa. O patrón dietético é determinante dun óptimo estado nutricional e de saúde. Os hábitos alimentarios adquírense e consolídanse na primeira década da vida, polo que a etapa infantil é especialmente relevante para promover un estilo de vida saudable.

O ámbito familiar é o espazo natural educativo na primeira etapa da vida e os adultos do núcleo familiar constitúen os modelos de referencia na adquisición de hábitos adecuados. Máis tarde, a medida que as nenas e os nenos van medrando, irán adquirindo importancia outros modelos e outros aspectos derivados do proceso de socialización. A escola, as relacións cos seus iguais, o contorno onde viven e se desenvolven e outros factores determinantes como a publicidade a que están expostos deben ser tamén obxecto de intervención educativa e de atención inmediata, pois inflúen de xeito decisivo na adquisición do seu propio modelo alimentario.

Ademais, e ao longo de todo o camiño de aprendizaxe, os condicionantes do feito alimentario van estar presentes en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Cada vez que se introduce un alimento na boca, póñense a funcionar unha serie de procesos relacionados coas emocións, coa capacidade de evocar e con moitos condicionantes do comportamento humano. Todos estes aspectos, deben estar presentes en calquera intervención educativa que persiga acadar un axeitado patrón alimentario. As actividades propias do proxecto “Nutriescolas” están baseadas en estes determinantes que modulan e enriquecen a dieta e axudan a valorar o noso patrimonio tradicional, o noso xeito de comer, os produtos do mar, da terra e en definitiva, a contorna alimentaria dos escolares crecen e se desenvolven.

Obxectivos xerais

NUTRIESCOLAS 0:

  1. Contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado de 2º ciclo de educación infantil, en todas as súas dimensións (social, cognitiva, afectiva, cultural..).

  2. Favorecer que nenos e nenas do segundo ciclo de educación infantil, adquiran hábitos alimentarios saudables.

  3. Incorporar a promoción da saúde a toda a comunidade e contorna educativa.

NUTRIESCOLAS 1:

  1. Promover a experimentación de hábitos alimentarios saudables e sostibles e favorecer a súa consolidación.

NUTRIESCOLAS 2:

  1. Os escolares deberán adquirir os coñecementos, habilidades, valores e actitudes necesarios para poder realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables e por medio de decisións ben informadas.

COCIÑANDO CON SAÚDE:

Incluír coñecementos de alimentación e nutrición no ensino das ramas de formación profesional destinadas á arte da restauración colectiva. Dende o punto de vista do alumnado, este deberá acadar competencias e habilidades básicas para a súa futura actividade laboral, adaptando os seus coñecementos á crecente demanda das tendencias dos consumidores actuais ligadas a integrar a saúde, xunto coa gastronomía e as artes culinarias, no campo da restauración.

Obxectivos específicos

Poden consultar os obxectivos específicos de cada modalidade nos manuais correspondentes nas seguintes ligazóns.

NUTRIESCOLAS 0: Nutriescolas 0

NUTRIESCOLAS 1: Nutriescolas 1

NUTRIESCOLAS 2: Nutriescolas 2

COCIÑANDO CON SAÚDE: Cociñando con saúde

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades

Nutriescolas 0: No Anexo 1 do manual: guía para elaborar o proxecto, apartado 5, pódese atopar:
  • Unha proposta da metodoloxía a empregar para desenvolver as distintas actividades e os contidos a aplicar
  • Un exemplo de cronograma e secuenciación das distintas actividades.

Nutriescolas 1: No Anexo 1 do manual: guía para elaborar o proxecto, apartado 5, pódese atopar:

  • Unha proposta da metodoloxía a empregar para desenvolver as distintas actividades e os contidos a aplicar
  • Un exemplo de cronograma e secuenciación das distintas actividades.
Nutriescolas 2: Nos capítulos 3, 4 e 5 do manual, pódese atopar: 
  • Unha proposta da metodoloxía a empregar para desenvolver as distintas actividades, e da secuencia de actividades por trimestre.
  • Un resumo do proxecto con instrumentos e ferramentas de apoio; exemplos de actividades para o ámbito escolar, familiar e comunitario.
  • Un cronograma de tarefas por trimestre.

Cociñando con Saúde: No capítulo 4 do manual, pódese atopar: 

  • Unha proposta de organización do proxecto segundo o curso escolar, con exemplos das distintas actividades e suxestións para acadar os obxectivos.

Formación

Está prevista unha aula virtual permanente e aberta para coordinadores e docentes encargados de desenvolver un proxecto Nutriescolas ao longo de cada curso escolar. Neste espazo pódense atopar contidos e recursos bibliográficos relativos á promoción da saúde na escola e a adquisición e consolidación de hábitos alimenticios saúdables nos escolares.

Material de apoio

Carpeta do docente: ferramenta de apoio para todas as modalidades, onde se poden atopar modelos sinxelos de enquisas alimentarias, recomendacións para desenvolver proxectos de saúde na aula, ferramentas e criterios para avaliar o modelo alimentario, así como un capítulo final para traballar en familia.

Guía para a rede de escolas promotoras de saúde: Un modelo para incorporarse á rede de promoción da saúde na escola.

Ganar salud en la escuela:  Guía para conseguirlo

Plan Obesidade Zero: Pódese consultar o Plan e acadar información sobre as distintas actividades da saúde na escola.

Produto final

Poden consultarse os diferentes tipos de produtos finais como receitarios, revisións documentais, avaliación de hábitos e menús, videos, performances, guías... correspondentes a cada modalidade nos manuais correspondentes.

Avaliación

Nos 4 proxectos Nutriescolas é obrigatoria a avaliación inicial e final, segundo os cuestionarios deseñados para tal fin e que poden consultarse, editados en pdf, no manual "A carpeta do docente". O soporte utilizado faráse público ao inicio do curso escolar 24-25.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta:

1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos do programa:

Podes atopar os criterios específicos de avaliación da memoria na seguinte ligazón: Criterios de avaliación da memoria

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Curso "Convivencia Escolar: Prevención e Intervención"

O CNIIE, pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, promove o Plan Estratéxico de Convivencia Escolar. Ao abeiro deste Plan, o CNIIE convoca o curso de formación permanente do profesorado "Convivencia Escolar: Prevención e Intervención".

Tipo de curso: en rede
Núm. de prazas: 385
Horas: 70
Prazo:  do 15 ao 29 de xuño

Para obter máis información pódese consultar a ligazón ao curso e o anexo que se achega.

Gallego
Logo Ministerio

File: 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Próxima convocatoria da axuda de froitas nas escolas para o curso 2016/17

Está prevista  a publicación no Diario Oficial de Galicia o día 4 de xullo de 2016 a convocatoria de axuda de froitas nas escolas para o curso 2016/17.

O prazo para presentar a solicitude será de 1 MES contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG, polo que o prazo comezaría o día 5 de xullo de 2016 e remataría o día 4 de agosto de 2016.

A principal novidade na convocatoria deste curso é que os períodos de reparto da froita estarán comprendidos de decembro de 2016 e o 31 de maio de 2017.

Nota informativa complementaria: é imprescindible que a solicitude teña entrada nalgún dos medios regulados no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Gallego
Cartel do "Plan de Consumo de Froita nas Escolas"

Colectivo: 

Sección: 

Publicación Eurydice

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) informa da última publicación dispoñible gratuítamente en formato dixital pertencente á Rede de información sobre Educación europea, Eurydice:

FACTS AND FIGURES (BASE DE DATOS): Recommended Annual Instruction Time in Full-time Compulsory Education in Europe 2015/16.

 

 

Gallego
Portada da publicación Eurydice

Colectivo: 

Experiencia E-Dixgal en primaria: CEIP Plurilingüe Santa Rita

Publícase no espazo Abalar o artigo do centro E-Dixgal para mostrar como sacarlle partido á aula virtual (Moddle), tanto no traballo con alumnado como na formación do profesorado. Pódese usar a plataforma EVA, para facer un seguimento do traballo do alumnado e a participación colaborativa do profesorado nun curso.

Todo o artigo pódese ver na ligazón aportada.

 

Gallego
Logo do espazo Abalar