Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública. Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde.
2. Ámbito: Saúde e benestar. Consumo responsable
3. Presentación do programa: O proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2230) da Dirección Xeral de Saúde Pública. Ten como obxectivo traballar as dimensións da alimentación, integral e transversalmente, e respondendo á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados para facer eleccións saudables no futuro.
Divídese en varias modalidades para os distintos niveis educativos, dende educación infantil ata bacharelato e/ou formación profesional:
- Nutriescolas 0 e Nutriescolas 1 (Educación infantil e Educación primaria), pretenden que o alumnado adquira hábitos saudables entre outros: mediante catas, manipulación de alimentos, estimulación sensorial, etc...
- Nutriescolas 2 (Educación Secundaria Obrigatoria e 1º de Bacharelato), deseñado para a adquisición de competencias e habilidades que favorezan unha elección saudable de produtos e alimentos.
- Cociñando con saúde (Formación profesional), busca que o alumnado consiga competencias e habilidades básicas para a súa futura actividade laboral.
4. Alumnado ao que vai dirixido:
- Nutriescolas 0: 2º ciclo de Educación Infantil
- Nutriescolas 1: Educación primaria
- Nutriescolas 2: Educación Secundaria Obrigatoria e 1º Bacharelato
- Cociñando con saúde: Ciclos formativos e Educación especial
5. Participación:
- Límite de centros participantes: O número total de centros participantes por provincia determinarase en función da capacidade organizativa.
- Límite de docentes participantes por centro: Un coordinador xeral, o titor de cada curso/aula e un profesor de cada especialidade. No caso de que o titor sexa profesor dunha disciplina considerarase só titor, podendo engadir outro docente desa especialidade.
A inclusión de máis docentes, sempre dun xeito excepcional, queda suxeita á valoración das necesidades do proxecto. - Límite de alumnado participante por centro: sen límite.
6. Criterios de selección: Os criterios de selección divídense en Criterios xerais e específicos; algúns deles son:
Criterios xerais:
• O cumprimento dos requisitos publicados na convocatoria do Plan Proxecta.
• O grao de axuste cos criterios establecidos nos manuais dos proxectos Nutriescolas 0, 1, 2 e Cociñando con Saúde.
• A calidade da proposta presentada.
• O nivel de implicación da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións e sectores da restauración da contorna...).
• A transversalidade e interdisciplinariedade do proxecto no centro educativo.
• A integración do proxecto no PEC (Proxecto Educativo de Centro).
• A capacidade do proxecto para ser reproducido e adaptado a outros ámbitos educativos fóra do Plan Proxecta.
Criterios especícficos:
Pódense atopar os criterios específicos e axuda para describir, estes e os xerais, no seguinte enlace: Criterios de selección dos proxectos iniciais
7. Persoa responsable:
- Nome: María A. Bermejo Díaz de Rábago
- Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde, Dirección Xeral de Saúde Pública
- Teléfono: 881 548 904
- Correo electrónico: vida.saudable.eps@sergas.es
- Departamentos Territoriais:
- DT A Coruña: Telf.: 981 155 969, correo electrónico: estilosvida.dlc@sergas.es
- DT Lugo: Telf.: 982 292 221, correo electrónico: dtlu.prog.saude@sergas.es
- DT Ourense: Telf.: 988 066 968, correo electrónico: direccion.territorial.ourense@sergas.es
- DT Pontevedra: Teléfono: 986 885 823, correo electrónico: programas.saudables.dtpo@sergas.es
8. Obxectivos do programa:
- Obxectivos xerais:
- Nutriescolas 0:
- Contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado de 2º ciclo de educación infantil, en todas as súas dimensións (social, cognitiva, afectiva, cultural..).
- Favorecer que nenos e nenas do segundo ciclo de educación infantil, adquiran hábitos alimentarios saudables.
- Incorporar a promoción da saúde a toda a comunidade e contorna educativa.
- Nutriescolas 1:
1. Promover a experimentación de hábitos alimentarios saudables e sostibles e favorecer a súa consolidación.
- Nutriescolas 2:
1. Os escolares deberán adquirir os coñecementos, habilidades, valores e actitudes necesarios para poder realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables e por medio de decisións ben informadas.
- Cociñando con saúde:
1. Incluír coñecementos de alimentación e nutrición no ensino das ramas de formación profesional destinadas á arte da restauración colectiva. Dende o punto de vista do alumnado, este deberá acadar competencias e habilidades básicas para a súa futura actividade laboral, adaptando os seus coñecementos á crecente demanda das tendencias dos consumidores actuais ligadas a integrar a saúde, xunto coa gastronomía e as artes culinarias, no campo da restauración.
- Obxectivos específicos: Poden consultar os obxectivos específicos de cada modalidade nos manuais correspondentes nas seguintes ligazóns.
- NUTRIESCOLAS 0 (páx 19): Nutriescolas 0
- NUTRIESCOLAS 1 (páx. 19): Nutriescolas 1
- NUTRIESCOLAS 2 (páx. 10): Nutriescolas 2
- COCIÑANDO CON SAÚDE (páx. 8): Cociñando con saúde
9. Palabras clave: Alimentación, saúde, hábitos, contorna, nutrición.
10. Metodoloxía e temporalización:
A duración dos proxectos será de todo o curso escolar.
Un resumo da metodoloxía:
1-Presentación da solicitude segundo as bases do Plan Proxecta e as de Nutriescolas, incluídas nos manuais.
2-Elección do tema (produto final) sobre o que se traballará ao longo do curso
3-Organización do proxecto segundo o curso escolar, presentación de cronograma trimestral de actividades.
4-Realizarase unha avaliación inicial e outra final do proxecto.
5-Memoria final.
A metodoloxía de cada modalidade, máis detallada, pódese consultar nos manuais nas seguintes ligazóns:
Nutriescolas 0, Nutriescolas 1, Nutriescolas 2 , Cociñando con saúde, e para máis información sobre os proxectos e a súa temática tamén pode consultarse a Carpeta do docente
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: Non se contemplan.
- Obradoiros: Non se contemplan.
- Saídas: Non se contemplan.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios: Haberá un premio para o mellor proxecto de cada modalidade. As persoas técnicas responsables do programa informarán ao centro educativo se o seu proxecto sae gañador. Para optar ao premio, o xurado valorará ademais do contido o tempo dedicado a súa elaboración e á implicación do alumnado e/o profesorado, asi como á divulgación do mensaxe central no centro e na contorna educativa. Os proxectos elixidos serán publicados nesta páxina como exemplo de boas prácticas.
- Formación: Está prevista unha aula virtual permanente e aberta para coordinadores e docentes encargados de desenvolver un proxecto Nutriescolas ao longo de cada curso escolar. Neste espazo pódense atopar contidos e recursos bibliográficos relativos á promoción da saúde na escola e a adquisición e consolidación de hábitos alimenticios saudables nos escolares.
- Recursos opcionais:
- Froita na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e castañas coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares.
- Lácteos na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de leite no alumnado de centros escolares.
NOTA INFORMATIVA: O feito de acceder a estes recursos non da dereito a estar admitidos no Proxecto Nutriescolas e o estar admitido no proxecto Nutriescolas non da dereito a estes recursos.
No caso de que os centros educativos estean interesados nestes recursos, deberán solicitalos segundo a convocatoria anual do FOGGA (Consellería de Medio Rural). Poden consultar toda a información na páxina web do FOGGA, na sección "Axudas escolares" na seguinte ligazón: https://fogga.xunta.gal/gl/intervencion_de_mercados. Para máis información poden poñerse en contacto co FOGGA nos teléfonos 981 540 079 e 981 540 071.
A simple participación nas actividades ofertadas por estes recursos non constituirá motivo de superación da memoria presentada ao final do curso. Son proxectos de consellerías diferentes.
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final: Segundo a modalidade escollida os produtos finais poden ser diferentes e escollidos polo profesorado e o alumnado participante no proxecto. Poden consultarse os diferentes tipos de produtos finais (receitarios, revisións documentais, avaliación de hábitos e menús,vídeos, performances, guías...) correspondentes a cada modalidade nos seus manuais:
Nutriescolas 0, Nutriescolas 1, Nutriescolas 2 , Cociñando con saúde, e na Carpeta do docente.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
- Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- O proxecto desenvolve contidos que espertan o interese pola vida saudable e a alimentación variada e equilibrada e contribúen a adquirir hábitos de alimentación axeitados.
- O proxecto desenvolve contidos relacionados coa nutrición, coa avaliación dalgún tipo de oferta alimentaria (alimentos e cereais no mundo clásico, composición de menús escolares noutro pais ou comunidade...)
- O proxecto favorece o análise crítico das estratexias publicitarias das empresas alimentarias ou da actitude e o comportamento dos consumidores.
Nos 4 proxectos Nutriescolas é obrigatoria a avaliación inicial e final, segundo os cuestionarios deseñados para tal fin. O soporte utilizado farase público ao inicio do curso escolar 25-26.