Gallego

Axudas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea 2023 (ED301K)

Gallego

Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento ED301K) (Publicada no DOG núm. 103, do 1 de xuño de 2023).

  • O prazo límite de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

Colectivo: 

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2023

Gallego

Orde do 31 de maio de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industría e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento  nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2023.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2023/24

Gallego

Publicouse a Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.

O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta.

A matrícula realizarase a través da ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:

Período de matrícula ordinaria: do 19 ao 30 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2022/23 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2023/24 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria: do 3 ao 21 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 3 e o 7 de xullo.

Máis información:

Tema: 

Colectivo: 

Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade

Gallego

Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar, a través do enderezo electrónico https://www.edu.xunta.gal/datospersoais,o recoñecemento de nova especialidade.

De acordo co preceptuado na orde do 10 de xaneiro de 2012 (DOG do 20 de xaneiro) o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real Decreto 1594/2011 do 4 de novembro, poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades entre o 1 e o 30 de xuño.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional 2023

Gallego

Publicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 26 de maio ata o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Convocatoria do programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional 2023

Gallego

Publicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores de Formación Profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 26 de maio de 2023 e o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24

Gallego

Resolución do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

  • O prazo para presentar solicitudes será desde o 25 de maio ao 25 de xuño, incluídos.

Acceso á aplicación para realizar a solicitude:   Acceso á aplicación

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Gallego

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Calendario escolar 2023/2024

Gallego

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Sección: 

Convocatoria dos premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/22 nas universidades do SUG

Gallego

Orde do 25 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria dos premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/22 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

  • A proposta presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para remitila será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

 

Servizo relacionado: 

Ensinanza: 

Colectivo: