Gallego

Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Xúntase a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Colectivo: 

Premio dos Clubs de Lectura 2024 para Arantza Portabales

l
Gallego

Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  pola que se recoñece á escritora Arantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.

 

Colectivo: 

Convocado o X Concurso de Traballos por Proxectos para o curso 2023/24

tpp
Gallego

Achégase  arquivo coa Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o X Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de xullo de 2024.

 

Colectivo: 

Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.

  • O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 10 de xuño.
  • A inscrición para as persoas aspirantes que cumpran co requisito de titulación, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 21 de xuño.

 

Tema: 

Colectivo: 

Resolución provisional de centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e ESO no curso 2023/24

s
Gallego

Achégase a resolución provisional de centros docentes  privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24 (código de procedemento ED531F).

Colectivo: 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025

cuale
Gallego

Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da presente resolución no portal educativo http://www.edu.xunta.gal/portal e rematará o día 10 de xuño de 2024.

 

Acceso á aplicación informática do programa CUALE

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25

edixgal
Gallego

Resolución do 15 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.

  • O prazo de presentacion de solicitudes será desde o 17 de abril ata o 26 de abril, incluídos.

Acceso á aplicación para realizar a solicitude:   Acceso á aplicación

Acceso á web informativa E-Dixgal: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

Correo electrónico: edixgal@edu.xunta.gal

Teléfono de atención: 881997494/981546514

 

Colectivo: 

Sección: 

Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2024/25 (ED010A)

Gallego

O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral é do 15 de abril de 2024 ao 26 de abril de 2024, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder á páxina web https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada páxina web.

Ligazón á normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/cadp

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25 (ED010B)

Gallego

O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde é do 15 de abril de 2024 ao 26 de abril de 2024, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder á páxina web https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada páxina web.

Ligazón á normativa: Orde de 28 de febreiro de 2020 (DOG do 9 de marzo de 2020)

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/cadp

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria 2023/24

s
Gallego

Achégase a resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

 

Colectivo: