Gallego

Listaxe provisional de centros públicos beneficiarios das axudas para as probas de acreditación lingüística. Curso 2024/2025

Logo linguas: un bocadillo de banda deseñada cunha A e un símbolo chinés
Gallego

Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2024/2025.

Colectivo: 

Convocatoria do programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos de centros privados concertados ao remate do curso 2024/25

Logo de convivencia, un corazón con dúas mans
Gallego

Achégase a Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria e selección de centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento ED505C).

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros docentes privados concertados seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2024/25

Spring Week
Gallego

Achégase Resolución provisional de centros docentes privados concertados seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.

 

Colectivo: 

Convocatoria de axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ para alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25

Gallego

Xúntase a Orde do 7 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2024/25 (código de procedemento ED322A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ata o 30 de abril, ambos os dous incluídos.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado con código de procedemento ED322A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 

Colectivo: 

Convocatoria da proba externa do programa Bachibac para o curso académico 2024-2025

Bachibac
Gallego

Resolución do 25 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat para o curso académico 2024/2025 e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento.

 

Ensinanza: 

Concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Gallego

Xúntase a Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº56, do 21 de marzo).

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles dende o día seguinte a publicación no DOG e remata o  día 11 de abril de 2025.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Univerdidades e Formación Profesional  da provincia correspondente.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Probas de acceso a ciclos formativos. Resolucións provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2025

Gallego

Publicadas as resolucións provisionais das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior:

  • Solicitudes admitidas e excluídas.
  • Exencións.
  • Proba adaptada.

Período de reclamación: do 24 ao 28 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Mais información:

 

Tema: 

Listaxe de equipos seleccionados para a segunda fase do programa InnovaTech FP 2024/25

fp innova
Gallego

Publícase a listaxe de equipos que pasan a segunda fase do programa InnovaTech FP 2024/25

•    Listaxe de equipos seleccionados
 

Convocatoria do programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25

Convivencia
Gallego

Resolución do 14 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25.

 

Colectivo: 

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - Convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e da selección de experiencias de Voluntariado de Primaria para o curso 2024/25

Logo selo bibliotecas escolares
Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, destinadas a centros públicos de nivel non universitario e de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no curso 2024/25.

Concederánse 5 Selos na modalidade de "Biblioteca Escolar Solidaria"  e seleccionaranse 10 experiencias na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria.

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude onde se integra como un programa de voluntariado cultural.

Os prazo de solicitude será de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación desta resolución.

As solicitudes presentaránse na aplicación https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/