Gallego

Resolución definitiva de centros seleccionados na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

Logo clubs de lectura: lombos de 3 libros
Gallego

Xúntase arquivo coa resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionados conforme ao disposto no apartado 9 da Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25.

Colectivo: 

Resolución definitiva pola que se resolve a convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

Logo lectura e familias: 3 lombo de 3 libros
Gallego

Xúntase arquivo coa resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionado segundo o establecido no apartado 9 da Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.

Colectivo: 

VIII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional Da Muller"

Logo convivencia: dúas mans agarradas con forma de corazón
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. O obxecto do curso é fomentar a promoción da igualdade dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes.

Participantes: Poderán participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universiario: educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías

  1º Categoría.- Alumnado de infantil. 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  2º Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educacion primaria, 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial.

  3º Categoría .- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) , 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio e ciclos de grao superior.

Presentación  das solicitudes: Os centros que desexen participar neste concurso poderán facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa e na páxina Web de Igualdade. Ata o día 20 de febreiro de 2025, ás 15:00 horas.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 3 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolven os premios educativos Innovagal para o ano 2024, convocados na Resolución do 2 de abril de 2024

Logo de bombilla acendida coa palabra innovación
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.

Os centros premiados na categoría A, correspondente cos ciclos de educación infantil, primaria, educación especial e centros rurais agrupados, son os seguintes:

Primeiro premio: CEIP Plurilingüe de Louro (Muros, A Coruña)

Segundo premio: CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos, Pontevedra)

Terceiro premio: CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela, A Coruña)

Mención de honra: CEIP da Torre-Illa (A Illa de Arousa, Pontevedra)

Na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, os premiados son:

Primeiro premio: IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña, A Coruña)

Segundo premio: IES de Beade (Vigo, Pontevedra)

Terceiro premio: IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo)

Mención de honra: CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos, A Coruña)

Colectivo: 

Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24

Gallego

Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 17 de setembro (Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 26 de setembro).

Colectivo: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

Gallego

Publícase a resolución do 7 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de xaneiro ata o mércores día 15 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de xaneiro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión das axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Gallego

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución do 26 de decembro de 2024: adxudicación dos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais de música, de danza, e de artes plásticas e deseño do curso 2023/24

Gallego

Colectivo: 

Publicación definitiva de acreditacións da Competencia Dixital Docente, CDD, ao abeiro da Resolución do 5 de xullo de 2024

Gallego

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do concurso Eduemprende Idea 2024

Gallego

Publicada a Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 11 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro).

 

Colectivo: