Gallego

Programa educativo “Cinema con perspectiva”

c
Gallego

Resolución do 1 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “Cinema con perspectiva” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

 

Colectivo: 

Sección: 

Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

Gallego

Xúntase a Orde do 21 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED013A).

O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de orientación, mediante o procedemento normalizado ED013A, será desde o día 5 de decembro ata o 28 de decembro, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas soiicitantes.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas

Gallego

Xúntase a Orde do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, será desde o martes, 5 de decembro ata o xoves, 28 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Gallego

Publícase a resolución do 29 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 1 de decembro ata o día luns 18 de decembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 1 de decembro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas a centros públicos para a realización de probas acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024

Gallego

Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, a partir do día seguinte da publicación, para que as persoas interesadas poidan efectuar alegacións contra a mesma ou presentar renuncias ante a persoa que exerza a presidencia da comisión de valoración.

 

Colectivo: 

Programa educativo Obradoiros Talento Mozo 2024

c
Gallego

Xúntase a Resolución conxunta do 17 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude pola que se convoca o programa educativo Obradoiros Talento Mozo 2024 dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

EduMob, convocatoria e selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado

edumob
Gallego

Achégase Resolución do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca, con carácter experimental, a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.

 

Colectivo: 

Convocatoria XII Programa Educativo Navega con Rumbo

c
Gallego

Resolución do 15 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a XII edición do programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023-2024.

 

Sección: 

Resolución pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2023/24

Ponte nas ondas
Gallego

Resolución do 15 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.

Os centros públicos interesados en participar poderán presentar as súas solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Portal Educativo e ata o día 30 de novembro. O proceso de solicitude realizarase a través da aplicación indicada no apartado 5.1.

Acceso á aplicación

Colectivo: 

Sección: 

DELF Escolar en Galicia curso 2023/2024

delf
l
Gallego

Información sobre as probas do DELF Escolar en Galicia curso 2023/2024.