Gallego

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2025/2026

CUALE
Gallego

Resolución do 14 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2025/2026.

 

Acceso á aplicación informática do programa CUALE

 

Resolución do 16 de maio da Dirección Xeral de FP pola que se regulan as ensinanzas da FP plurilingües 25-26

Gallego

Publicada a resolución do 16 de maio de 2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan as ensinanzas da formación profesional plurilingües para o curso 2025-2026.

  • Resolución do anuncio en DOG
  • Resolución do 16 de maio de 2025
  • Anexo I

Prazo de solicitudes: desde o 22 de maio ao 20 de xuño de 2025 os centros poderán solicitar a súa participación.

Tema: 

Colectivo: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2025

Gallego

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2025 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

- Parte matemática.
- Parte sociolingüística.
- Parte científico-técnica.

  • Convocatoria 2025

Tema: 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2025/26

Gallego

Orde do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución do 13 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o proxecto Educación Dixital de Galicia (E-Dixgal) e a convocatoria para a selección de novos centros participantes para o curso 2025/26

E-Dixgal
Gallego

Resolución do 13 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o proxecto Educación Dixital de Galicia (E-Dixgal) e a convocatoria para a selección de novos centros participantes para o curso 2025/26.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.

Acceso á aplicación informática do Proxecto  E-Dixgal: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

 

Colectivo: 

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2025-2026

Gallego

De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo quinto do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería e publicado mediante Resolución do 2 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).

PRAZOdesde o 15 de maio ata o 2 de xuño  de 2025, ambos incluídos

MÁIS INFORMACIÓN: www.edu.xunta.gal/substitutos

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2024-2025

Gallego

Publicadas as resolucións para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE e LOXSE).

  • Resolución definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.
  • Resolución de prazas adxudicadas.

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de adxudicación por centro educativo na modalidade A Retorna Talento FP 2025/2026

Gallego

Listaxe provisional de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2025/2026

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación para interpor reclamacións ou renuncias ante a presidencia da Comisión de Valoración.

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas na modalidade A Retorna Talento FP 2025/2026

Gallego

Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2025/2026.

 

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia

Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

A tramitación das solicitudes farase a través das secretarías das diferentes Escolas de Arte e Superiores de Galicia

O prazo de inscrición estará aberto do 23 de xuño ao 1 de xullo de 2025, ambos os dous días incluídos

 

Tema: 

Colectivo: