Gallego

Proxectos de formación para profesorado FP e E. de réxime especial. Resolución provisional 24-25

Gallego

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 30 de setembro do 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2024-2025 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.

Prazo para presentar reclamacións: ata o 22 de novembro de 2024.
 

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria para participar no recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) no curso 2024/25

st
Gallego

Achégase a Resolución do 14 de novembro do 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional pola que se convoca o recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e remata o 24 de abril do 2025, inclusive.

Acceso á aplicación

 

Ensinanza: 

DELF Escolar 2025 en Galicia 2025

delf
l
Gallego

Información sobre as probas do DELF Escolar en Galicia curso 2024/2025.

 

Estadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2024. Resolución da avaliación

Gallego

Publicada a resolución de avaliación da Comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

 

Convocatoria do Concurso-Exposición sobre As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025

Gallego

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oralas figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación:

  • Categoría A: educación infantil e primaria
  • Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 23 de xaneiro de 2025.

 

Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais

c
Gallego

Xúntase a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para alumnado de centros educativos.

Colectivo: 

Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2023-2024

Gallego

Publicada a resolución de avaliación dos proxectos de formación para profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial presentados á convocatoria do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
 
Contra a presente resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución do devandito recurso esgotará a vía administrativa.

 

Tema: 

Colectivo: 

Ampliación do prazo de solicitude dos programas do Plan Eduemprende 2024-2025

Gallego

Ampliado o prazo para presentación de solicitudes de participación nos programas do Plan Eduemprende 2024-2025 ata o 28 de outubro, inclusive.

 

Convocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Violencia de Xénero”

c
Gallego

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.

  • 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).

  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de novembro de 2024, ás 15:00 horas.

Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela

  • enderezo electrónico:premios25n.igualdade@gmail.com

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.

 

Campaña de vixilancia da saúde 2024/2025 para persoal docente e non docente de centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gallego

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para o curso académico 2024/2025.

É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición das persoas traballadoras que o requiran.

A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.

Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Prazos de inscrición :

  • Para o persoal substituto: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2024, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.
  • Para o persoal nomeado con anterioridade ao 27/09/2024: Do 27/09/2024 ao 16/10/2024.
  • Para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao 27/09/2024: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.

Colectivo: