Gallego

Publicación da relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B, (DOG nº 46, do 9 de marzo)

De conformidade co artigo 12 da Orde do do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 24 de xuño e o día 28 de xuño de 2024, ambos os dous incuídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:

  1.  Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
  2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

    IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

  4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”.

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.

Colectivo: 

Ampliación de prazo de solicitude do Plan Proxecta+ para o curso 2024/25

Icono bombilla del plan proxecta+
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa amplía o prazo para solicitar a participación no Plan Proxecta+ para o curso 2024/25 ata o venres, 27 de setembro, incluído.

Colectivo: 

Convocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED308A)

Gallego

Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED308A) (DOG do 20 de xuño de 2024).

Prazo para presentar solicitudes:

  • Período ordinario: do 21 de xuño ao 7 de agosto de 2024, ambos incluídos

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.vía electrónica (procedemento ED308A).

 

Tema: 

Colectivo: 

Apertura do prazo para realizar as solicitudes de prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos (só para o persoal interino con posto consolidado nas listas)

Gallego

Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo quinto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).

a) Concellos:

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

A solicitude xunto coa documentación xustificativa deberá presentarse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2024, ambos incluídos, do seguinte xeito:

-Acceda á sede electrónica da Xunta de Galicia 

-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”

-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Neste intre xa pode cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A).

A continuación encha o formulario da solicitude tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE DE PRESTAR SERVIZOS EN CONCELLOS PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda)

b) No campo DESTINATARIO debe elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude prema no botón “Continuar”

-Neste paso debe anexar a seguinte documentación:

a) a solicitude de prestar servizos en concellos previamente cuberta na aplicación web substitutos https://www.edu.xunta.gal/substitutos/

b) a documentación xustificativa da solicitude de prestar servizos en concellos segundo a causa que se alegue.

Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”

A seguir deberá asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro para o que se lle enviará o seu teléfono móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación ou no caso de certificado dixital deberá introducir a súa contrasinal

Por último, a sede electrónica informaralle que estará correctamente presentada a súa solicitude e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

Lembre que é obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente e que esta opción será por todo o curso académico.

b) Provincias:

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

A solicitude deberá formularse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2024, ambos incluídos e non será preciso a súa presentación en sede electrónica.

Lembre que será obrigatorio incluír provincia/s na/s que se imparta á especialidade correspondente e que a súa opción terá efectos durante todo o curso académico. No caso de que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.

Colectivo: 

Publicación dos lugares de realización da proba dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024

Gallego

Ensinanza: 

Colectivo: 

Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2024/25

Gallego

Publicouse a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.

O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 24 de xuño e o 5 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta

A matrícula realizarase a través da ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:

Período de matrícula ordinaria: do 18 ao 28 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria: do 28 de xuño ao 5 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria; do 9 ao 19 de xullo para o alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición.

Máis información: RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024

Tema: 

Colectivo: 

Cursos de preparación das probas de certificación de inglés dos niveis intermedio B2 e avanzado C1 (ExamPrep) para o curso 2024/25

Gallego

Publicouse a Instrución 3/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a impartición de cursos de preparación das probas de certificación de inglés dos niveis intermedio B2 e avanzado C1 na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.

Datas de realización e prazos de matrícula:

  • Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o 23 de setembro e rematarán o 20 de decembro de 2024. O prazo de inscrición abranguerá dende o 9 ao 20 de setembro de 2024.
  • Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o 24 de febreiro e rematarán o 23 de maio de 2025. O prazo de inscrición abranguerá dende o 8 de xaneiro ao 21 de febreiro de 2025.

Máis información: Instrución 3/2024

Tema: 

Colectivo: 

Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

Gallego

Xúntase a Instrución 2/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.

Prazos de matrícula:

- Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.

- Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.

Máis información: Instrución 2/2024

Tema: 

Colectivo: 

Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación para iniciar a avaliación final do rendemento do persoal investigador contratado coas axudas para a etapa de formación posdoutoral do ano 2022

Gallego

Xúntase a Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación para iniciar o procedemento de avaliación final do rendemento do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral para ano 2022.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de bacharelato para o acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 2024/25

Gallego

Publicada a listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de bacharelato para o acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 2024/25.

Tema: 

Colectivo: