Inicio

(15/06/2022) APERTURA DO PRAZO PARA REALIZAR AS SOLICITUDES DE PRESTAR SERVIZOS NUNHA OU EN VARIAS PROVINCIAS ASÍ COMO EN DETERMINADOS CONCELLOS (só para o persoal interino con posto consolidado nas listas)

Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).

a) Concellos:

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

A solicitude xunto coa documentación xustificativa deberá presentarse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2022, ambos incluídos, do seguinte xeito:

-Acceda a seguinte ligazón da sede electrónica da Xunta de Galicia aquí

-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”

-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Nestre intre xa pode cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A).

A continuación encha o formulario da solicitude tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE DE PRESTAR SERVIZOS EN CONCELLOS

b) No campo DESTINATARIO debe elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude prema no botón “Continuar”

-Neste paso debe anexar a seguinte documentación:

a) a solicitude de prestar servizos en concellos previamente cuberta na aplicación web substitutos

b) a documentación xustificativa da solicitude de prestar servizos en concellos segundo a causa que se alegue.

Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”

A seguir deberá asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro para o que se lle enviará o seu teléfono móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación ou no caso de certificado dixital deberá introducir a súa contrasinal

Por último, a sede electrónica informaralle que estará correctamente presentada a súa solicitude e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

Lembre que é obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente e que esta opción será por todo o curso académico.

b) Provincias:

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

A solicitude deberá formularse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2022, ambos incluídos e non será preciso a súa presentación en sede electrónica.

Lembre que será obrigatorio incluír provincia/s na/s que se imparta á especialidade correspondente e que a súa opción terá efectos durante todo o curso académico. No caso de que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.

 

(15/05/2022) APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS (CADP)

NORMATIVA DE APLICACIÓN: Por Orde do 7 de xuño de 2018 ditáronse normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño).

PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos.

COMO REALIZAR A SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN?

1º) Acceder a aplicación de Substitutos a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/substitutos/

2º) Ir a: Solicitar renuncia CADP

3º) Incluir datos DNI

4º) Premer en “Nova Solicitude”

5) En “Datos da Solicitude”, debe seleccionar a Causa da renuncia e a Documentación xustificativa. Unha vez cubertos eses campos, prema en “Gardar” e aparecerá unha mensaxe “A solicitude foi gardada correctamente”.

6) Prema agora en “Validar solicitude” e revise se todo está correcto e de ser así , prema en “Confirmar”, e sairá a seguinte mensaxe “ A solicitude foi validada correctamente”. Prema agora en “Comprobante”, e debe aparecerlle a seguinte mensaxe. “A súa petición de informe está sendo procesada. Para ver o informe debe ir ao buzón de informes. Pode acceder ao buzón empregando o enlace do menú”.

7) Acceda ao Buzón de informes e descargue e imprima a solicitude.

8) Asine a solicitude e deberá presentala preferentemente na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o modelo de Solicitude xenérica (código de procedemento PR004A) seguindo os pasos que se indican a continuación:

-Acceda a ligazón premendo aquí

-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”

-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Nestre intre xa pode cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A). A continuación encha o formulario da solicitude tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS (CADP) 2022-2023

b) No campo DESTINATARIO debe elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude prema no botón “Continuar”

-Neste paso debe anexar a seguinte documentación: 

a) a solicitude de non participación cuberta anteriormente no enderezo https://www.edu.xunta.gal/substitutos asinada.

b) a documentación xustificativa da solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais.

Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”

-A seguir deberá asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro para o que se lle enviará o seu teléfono móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación.

-Por último, a sede electrónica informaralle que estará correctamente presentada a súa solicitude e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

No seu defecto, poderá presentar a solicitude nalgún dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, xunto coa documentación xustificativa.

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE?

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou substituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm.131 do 11 de xullo).