Gallego

Probas de certificación polo réxime oficial nas escolas oficiais de idiomas

Gallego

Na Instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2023/24.

Prazo de inscrición (alumnado CALC, CALG, CUALE, ExamPrep): do 8 ao 12 de abril de 2024

Máis información: Instrución 1/2024

Colectivo: 

Novidades na configuración do boletín informativo de avaliación de educación infantil

Gallego

Novas funcionalidades para a configuración na aplicación Xade do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil: posiblidade de desmarcar criterios de avaliación e automatización da avaliación individual do alumnado ao cualificar a área de forma global.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Ampliado o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de 2º de bacharelato

c
Gallego

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

Colectivo: 

Axudas para o ano 2024 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial

Gallego

Orde do 21 de febreiro de 2024 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024 (código de procedemento ED507A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 

 

Tema: 

Colectivo: 

Resolución do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Logo de finalizar o prazo de presentación de orixinais e de se reunir a Comisión de Selección, publícase a resolución cos centros gañadores.

A exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de educación infantil e primaria, é Tatuada na pétrea pel do mar, elaborada polo CEIP Raquel Camacho, da Coruña.

Na categoría B, destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, a exposición premiada é Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta Gómez, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense.

Cada exposición vén acompañada da correspondente guía didáctica, que nos permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época da autora a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas.

O centro educativo gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 €, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha dos traballos seleccionados obterá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guía didáctica será impresa e distribuída en centros de ensino de Galicia e do exterior, bibliotecas e outros; e tamén estará dispoñible no Portal da lingua galega para a súa descarga libre e gratuíta, canda outros materiais elaborados pola SXPL e polos equipos de dinamización da lingua galega.

A SXPL agradece a participación nesta iniciativa, que require sempre un grande esforzo e entusiasmo da comunidade educativa.

Pódese consultar a Resolución da convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024, no documento anexo.

 

Departamento: 

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2024/2025. Centros públicos

a
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa durante o curso 2023/2024 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2024/2025.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.

  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.

  • Prazo de solicitudes: desde o 12 de febreiro de 2024 ata o 5 de abril de 2024.

 

Colectivo: 

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2024/2025. Solicitude de NOVAS persoas candidatas

a
Gallego

Desde o 12 de febreiro de 2024 ata o 5 de abril de 2024, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2024/2025.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China (inglés ou chinés), Costa de Marfil (francés), Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, República Checa (inglés), Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).
 

Ligazón á convocatoria:

https://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2024.html

 

Información:

  • Persoas candidatas de Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Costa de Marfil, Dinamarca, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia, Suíza e Túnez: auxiliares.conv@educacion.gob.es.

  • Persoas candidatas de Australia, Canadá, China, EEUU, Filipinas, India, Nova Zelandia, Países oceánicos e Singapur: auxiliares.extra@educacion.gob.es.

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex 2.0: profex.soporte@educacion.gob.es.

 

Departamento: 

Colectivo: 

Convocatoria para o concurso para a creación do cartel de InnovArt 2024

Gallego

Concurso para a creación do cartel de "InnovArt 2024"

Con motivo da segunda celebración de Innovart como evento para a promoción das ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas que se imparten en Galicia e que terá lugar os días 18 e 19 de abril na Cidade da Cultura de Galicia; a Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura Educación, Formación Profesional e Universidades convoca un concurso de creación do seu cartel.

 

Participantes: Poderán participar no concurso as persoas que estean a cursar ensinanzas artísticas superiores de Deseño ou de ciclos formativos das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño nalgunha das catro escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será ata o 1 de marzo incluído.

Tema: 

Colectivo: 

Resolución do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se constitúe, con carácter experimental, a Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2023/24

ef
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se crea, con carácter experimental, a Rede de Centros “Escolas de Fronteira” e da a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2023/24.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Gallego

Publícase a Resolución do 12 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.