Convocatoria do I premio Boas prácticas de benestar dixital 2026
Enviado por administrador a Lun, 07/09/2026 - 10:47Resolución do 31 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o I premio Boas prácticas de benestar dixital 2026 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2025/26.
A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a primeira edición do premio Boas prácticas de benestar dixital O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 30.000 euros.
Este galardón nace co obxecto de recoñecer aquelas actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo que implicaran un alto grao de compromiso co desenvolvemento de contornas dixitais seguras onde a tecnoloxía se utilice de forma responsable, ética e sen riscos para a integridade física, emocional e/ou legal.Este premio enmárcase do Plan Integral de Benestar Dixital estando financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederase para cada categoría, catro premios:
|
Categorías |
Premio |
Importe |
|
A |
1º premio |
8.000€ |
|
2º premio |
4.000€ |
|
|
3º premio |
2.000€ |
|
|
Mención de honra |
1.000 € |
|
|
B |
1º premio |
8.000€ |
|
2º premio |
4.000€ |
|
|
3º premio |
2.000€ |
|
|
Mención de honra |
1.000 € |
O prazo de presentación de solicitudes e documentación abrangue desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/) ata o 7 de outubro de 2026.
File:
Departamento: