Gallego

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional da lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas"

Colectivo: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

Gallego

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publican a convocatoria de participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.

Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora). O persoal docente dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de Accésit.

  • O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, rematará o día 12 de marzo de 2024.

 

Colectivo: 

DELF Escolar en Galicia curso 2023/2024

delf
l
Gallego

Información sobre as probas do DELF Escolar en Galicia curso 2023/2024.

 

Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Gallego

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.

Premios:

Establécense catro categorías, con cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria
  • Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego, para poderen acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, durante o curso 2023-2024.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 1 de febreiro de 2024. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2024.

 

ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento

Gallego

O programa de innovación educativa Polos creativos desenvolverase ao longo deste curso 2023-2024 de xeito gradual, e estará dotado dun completo e moderno equipamento tecnolóxico especializado na adquisición do pensamento computacional e habilidades STEM, de resolución de problemas e creatividade. O avanzado deseño do mesmo, en forma de módulos complementarios, fomentará no noso alumnado unha aprendizaxe competencial, activa e manipulativa, afondando nos problemas reais que afectan a nosa sociedade e buscando a resolución creativa dos mesmos baixo diferentes olladas.

 

Recibirán esta dotación todos os centros dependentes da CCEFPU que impartan 2º ciclo de EI, EP ou ESO, así como os centros privados sostidos con fondos públicos nestes niveis educativos.

 

Este equipamento, que poderá contar cun espazo propio ou usarse de xeito modular en diferentes espazos educativos, estará ao dispor de toda a comunidade: alumnado, docentes, familias e sociedade local; promovendo unha aprendizaxe entre iguais mediante actividades orientadas cara a investigación, a indagación e a creación artística e musical baixo unha colaboración plena entre todos os niveis educativos.

 

Cada centro contará co equipamento que corresponda aos niveis educativos que imparta e ao número de alumnado en cada un deles. En breve publicaranse as instrucións precisas para o desenvolvemento deste programa.

 

O Polo creativo será unha gran oportunidade de mellora dos centros, un paso máis aló para seguir avanzando cara a dixitalización plena e a transformación educativa dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030. Para acadar o éxito esperado todos os centros contarán co apoio especializado da Rede de Formación do Profesorado e cunha persoa mentora específica que acompañará todo o proceso de implantación e formativo.

 

Departamento: 

Colectivo: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Gallego

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

O prazo de emenda de documentación estará aberto ata o día 16 de outubro ás 23:59:59 hora peninsular española.

Tema: 

Colectivo: 

Resolución provisional dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado co de centros da Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) no curso 2023/24

Picasso mob
Gallego

Achégase resolución provisional dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024.

Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias ante a persoa que exerza a presidencia da comisión.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución provisional de centros admitidos na fase 3 do programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Gallego

Resolución provisional de acceso á fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

Colectivo: 

Apertura dun prazo para actualizar o expediente persoal para o persoal docente funcionario de carreira e de prácticas

Gallego

O persoal docente funcionario de carreira e de prácticas poderá actualizar o seu expediente persoal naquelas categorías de datos nas que non consten os datos actualizados, estean incompletos ou incorrectos, mediante o enderezo web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais de conformidade coa Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (DOG nº 112 do 15 de xuño de 2021), código de procedemento ED011A.

De acordo coa disposición adicional terceira da Orde do 2 de xuño de 2021 o persoal docente dependente doutra Administración educativa que obtivo praza no último concurso xeral de traslados na Comunidade Autónoma de Galicia poderá solicitar tamén neste prazo a actualización do seu expediente persoal.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 03/10/2023 ata o día 09/10/2023, ambos incluídos.

A solicitude cubrirase obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para isto, deberá proceder do seguinte xeito:

1. Acceder á páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais.

2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.

3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú).

4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de méritos outubro 2023 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA.

5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións eixstente en cada categoría de datos. Neste paso é obrigatorio que engada na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.

Lembre que:

*non é preciso que presente a documentación de novo posteriormente na sede electrónica se xa a engadiu na aplicación de datos persoais.

*como documentación xustificativa non é válido engadir un arquivo no que consten unidos varios documentos alegados en diferentes categorías ou apartados do expediente. O documento que anexe deberá corresponderse con cada alegación que formule.

*só se permite engadir un máximo de 2 documentos por cada alegación.

6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.

 

IMPORTANTE: só se admitirá a última solicitude pechada en datos persoais e presentada na sede electrónica. Por esta razón, TODOS os méritos deben alegarse na mesma solicitude.

No caso de que vostede esqueza alegar algún mérito, pode crear unha nova instancia en datos persoais creando unha copia da anterior para engadir o mérito ou méritos que non tivese alegado na solicitude anterior.

Colectivo: 

Resolución do 11 de setembro de 2023 pola que se establece o calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes de nova creación e outros sostidos con fondos públicos

Gallego

Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes de nova creación e outros sostidos con fondos públicos.

 

Colectivo: