Inicio

 

RECOÑECEMENTO DE NOVAS ESPECIALIDADES POLO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES (ED020A)

O luns, 1 de xuño, abrirase o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria dende o 1 ao 30 de xuño de 2026 (Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A).

  • Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo:

Primaria:

Teléfonos: 881-995888       981-544482

Ou ben a través do correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal


 


Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento