- ¿Quen pode acceder a www.edu.xunta.gal/datospersoais ?
- Que debo facer a primeira vez que accedo á aplicación web?
- Que estados pode ter a miña instancia?
- Cando pechar unha instancia?
- Cando copiar unha instancia a partir doutra?
- Que datos se mostran na solicitude de modificación de datos?
- Que significado ten a columna orixe que hai en todas as pantallas de listaxes?
- Cando se complete a solicitude que documentación se debe presentar?
- Presentación electrónica da solicitude
1. ¿Quen pode acceder a www.edu.xunta.gal/datospersoais ?
Todo o persoal que teña unha conta de correo desta consellería, certificado electrónico ou Chave 365 pode consultar e actualizar nesta páxina web os seus datos persoais relativos a enderezos e teléfonos. Ademais, para o persoal docente esta aplicación permite consultar o seu expediente expediente persoal. No caso do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres pode solicitar a adquisición de novas especialidades nos prazos establecidos para estes efectos.
2. Que debo facer a primeira vez que accedo á aplicación web?
Poderá consultar o expediente persoal en calquera momento desde a lapela Expediente electrónico do menú.
Se vostede é un dos docentes autorizados para modificar ou completar o seu expediente deberá ir á opción 3 do menú “As miñas instancias”. Crearáselle unha instancia que aparecerá aberta (cadeado aberto) na que vostede poderá modificar ou engadir o que considere oportuno. As modificacións poden facerse seguindo o menú que se propón ou as opcións que se indican en cada páxina coa opción "seguinte>" Lembre que nos prazos establecidos para a adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres soamente se poderá modificar a lapela "Especialidades".
3. Que estados pode ter a miña instancia?
A instancia pode ter cinco estados: aberta, pechada, validada e consolidada
Aberta: Vostede poderá facer as modificacións no seu expediente que considere oportunas.
Pechada: Unha vez feitas as modificacións e alegacións novas que teña, deberá pechar a instancia para poder presentala xunto coa documentación que xustifique o que se alegou ou modificou
4. Cando pechar unha instancia?
5. Cando copiar unha instancia a partir doutra?
6. Que datos se mostran na solicitude de modificación de datos?
7. Que significado ten a columna orixe que hai en todas as pantallas de listaxes?
Pode ter 3 valores diferentes na columna de orixe dos datos: P, M, A
8. Cando se complete a solicitude que documentación se debe presentar?
9. Presentación electrónica da solicitude
A solicitude de datos persoais require de presentación exclusivamente electrónica de modo que debe facerse dende a aplicación informática enviando o borrador á Sede electrónica da Xunta de Galicia e accedendo a continuación á Sede para a súa presentación seguindo os pasos que se indican na aplicación web.