Gallego

Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, curso 2023/24

Gallego

Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311F).

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 6 de agosto ata o 16 de setembro de 2024, ambos os dous incluídos.

 

Colectivo: 

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións definitivas e de proposta de adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos no curso 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 16 de xullo de 2024 pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións definitivas e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 21 de maio de 2024 (DOG n.º 106, do 3 de xuño)

 

  • As persoas interesadas disporán do prazo dun mes para formular recurso de reposición por medios electrónicos no procedemento normalizado ED013C contra a Orde pola que se resolve a adxudicación definitiva unha vez publicada no DOG.

Colectivo: 

Ampliación do prazo de solicitude do programa Educación Responsable

Logo de educación responsable
Gallego

Ampliación do prazo de solicitude da Resolución do 12 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial e ciclos de formación profesional dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2024/25.

Colectivo: 

Resolución do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación e bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2024/25 (Próxima publicación en DOG).

Colectivo: 

Apertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2024/25

Gallego

Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:

Artigo 17. Causas sobrevidas

Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.

Consonte ao establecido no dito artigo:

Apertúrase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde MAÑÁ xoves día 11 de xullo ata o venres día 12 de xullo de 2023, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED010B

 

Colectivo: 

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2024/25

cc
Gallego

Achégase a Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/) ata o 23 de setembro de 2024.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos. Acceso á aplicación

 

Colectivo: 

Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) curso 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará aos dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

 

Convocada a selección de plans de formación permanente do profesorado PFPP que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25

Gallego

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución da convocatoria dos premios de curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023-2024

Gallego

Resolución da XII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO Editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:

 

Categoría 1: 2º ciclo de

educación infantil

1º Premio

Caracola, do EEI do Vao, de Poio (Pontevedra)

Accésit

Quen levou o pemento de Padrón, dos EEI da Escravitude, de Pontecesures, de Arretén e de Extramundi de Arriba, de Padrón (Pontevedra)

Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria

1º Premio

Quen levou a Lúa?, do CEIP Carlos Casares, de Nigrán (Pontevedra)

Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria

1º Premio

Quen levou a Lúa?, do CEIP A Igrexa-Calo, de Teo (A Coruña)

Accésit

Chocolata, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras (Ourense)

Categoría 4: 5º e 6º de

educación primaria

1º Premio

O que ten que aprender un cempés, do CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Accésit

A sopa queima, do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (A Coruña)

 

Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023-2024

Gallego

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.

 

Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:

  • cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

 

Proxecto

Centro

Concello

Provincia

Aquí tamén se fala

IES Rafael Dieste

A Coruña

A Coruña

Non só é lume

IES A Cachada

Boiro

A Coruña

Fai un trato co galego!

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago

A Coruña

A memoria das palabras

IES Fontem Albei

A Fonsagrada

Lugo

Abrazando a diversidade lingüística

CEIP Plurilingüe de Tenorio

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

 

Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.

 

  • dous proxectos aos que se lles concede unha Mención de Honra:

Son das flores, música para a transformación

CEIP Vicente Risco

Vigo

Pontevedra

PaliquéochoEU

CEE María Mariño

A Coruña

A Coruña

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento destes proxectos recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.

Colectivo: